Blogia

vgomez

PARA LEVAR NA MOCHILA: AMBICIÓN, AFÁN DE SUPERACIÓN, FAME DE ÉXITO E PAIXÓN



A vida de Edurne Pasaban contén dúas historias: a dunha infalible muller alpinista, capaz de escalar as catorce montañas máis altas da Terra; e a dunha nena tímida, pouco sociable e enfermiza. Dúas caras dunha mesma moeda que atoparon a solución nas montañas: “O alpinismo fíxome sentir libre, ensinoume o valor da amizade e permitiume elixir o meu propio camiño”, explica.

Pasaban foi a primeira muller do mundo en escalar os 14 oitomiles. Un fito deportivo que significou a conquista dun cume tras outro, pero que na vida real significou atopar moitas pedras no camiño: perdeu a grandes amigos, tiña a sensación de non encaixar e caeu nunha depresión que lle cambiou a vida.

A súa historia vai moito máis alá das súas impresionantes fazañas deportivas, é unha historia de superación fronte aos medos e dúbidas que todos podemos ter na vida. Tal como ela mesma explica: “Ao final, escribín eu cada páxina do libro da miña propia vida”. Considérase afortunada, porque engade: “Creo que iso é o máis grande que lle pode suceder a unha persoa”.


#DígochoEu: O máis viral do TikTok (capítulo 8)

 

Xa conseguimos que o termo ’zorra’ sexa o máis buscado no dicionario da RAG! Pero o asunto xerou máis vídeos en TikTok que non deberías perder... Ah! E alí Esther Estévez Casado tamén segue resolvendo as vosas dúbidas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XIII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Fototropismo. As plantas responden fronte a estímulos externos mediante movementos, así un deles e o máis importante é o  fototropismo. Iste é unha resposta que se relaciona coa dirección do estímulo. Cada parte dela responde de distinta forma a este estímulo. No caso do talo, obsérvase un fototropismo positivo, porque este medra cara á fonte luminosa. A raíz, en cambio, non necesita da luz, por tanto presenta un fototropismo negativo. Nas follas, apréciase unha reacción moi interesante. Estas adoptan diferentes posicións, que lle permiten captar mellor a luz do Sol. Dise que presentan  plagiofototropismo, debido ao crecemento que levan a cabo, con certa inclinación.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Sabes que planta é coñecida como a "planta cadáver" e ten unha das  inflorescencias máis grandes do mundo?

- Gigantum florum

- Amorphophallus titanum

- Enormopetalum rosaceus

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nationalgeographic.com.es

TEMPERATURAS E PRECIPITACIÓNS NO 2020

Meteogalicia acaba de presentar a descrición climatolóxica do 2020. Aquí tes os aspectos relativos a temperaturas e precipitacións.

Na seguinte figura obsérvase que no ano 2020 a temperatura media (14.58ºC) estivo moi por enriba do valor climático agardado. Considérase unha temperatura moi cálida, cunha anomalía positiva de +0.97ºC, sendo a segunda máis alta da serie histórica cun valor moi similar a do ano 1997. A temperatura máxima media foi tamén moi cálida, cunha anomalía positiva de +0.9ºC, mentres que atemperatura mínima foi extremadamente cálida, cunha anomalía positiva de +1.1 ºC.

A precipitación media rexistrada para a serie rexional foi 1237 L/m2  e cos criterios da táboa inferior, o ano 2020 foi lixeiramente seco. A desviación respecto ao valor medio da serie no período 1981-2010 é dun 5% inferior ao normal, co precedente máis seco no ano 2017.

Se queres consultar o resumo completo do informe climatoloxico do 2020 preme AQUÍ.

FONTE: meteogalicia.gal

CANTO SABES SOBRE A BOTÁNICA? XII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Verdadeiro. En botánica, estolón é un rebento lateral, normalmente magro, que agroma na base do talo dalgunhas plantas herbáceas e que medra horizontalmente a rentes do chan, de xeito perpendicular ao chan ou subterránea (rebento de raíz). Teñen entrenós longos e curtos alternados que xeran raíces adventicias. Son moi coñecidos os estolóns das amorodeiras, os trevos e os clorofitos ou grabatiñas. A separación destes segmentos enraizados dá lugar a plantas fillas.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. O tropismo no que as raíces das plantas medran cara a luz chamase...

- Nastias

- Gravitropismo

- Hidrotropismo

- Fototropismo

Mañá a solición e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 14)

 

Esther Estévez Casado volve cos capítulos de fonética! Sabías que hai unha regra para todos os xentilicios acabados en -ego ou -ega menos un? 

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXVI

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXVI

 

VERTICAIS: 1. Lercho 2. Georgia 3. Graciosa 4. Viar 6. Zamburiña.

HORIZONTAIS: 5. Carucedo 7. Ribadavia 8. Fobos 9. Dakar 10. Loa.

Repaso cultura xeral XVI!

ENCRUCILLADO LXVI

ENCRUCILLADO LXVI

 

VERTICAIS: 1. Que fala mal dos demais, que conta cousas que debería calar 2. Estado dos EE UU, con capital en Atlanta e que tivo unha segunda volta nas eleccións ao Senado, o pasado 5 de xaneiro 3. O 26 de xuño de 2018 a Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado aprobou por unanimidade unha moción que recoñece a oitava illa habitada de Canaria,  ​ deixando de ser considerada como un illote ... 4. Afluente pola dereita do río Guadalquivir, que nace en Puerto Cañada (Serra de Tentudía), no municipio extremeño de Monesterio (Badaxoz) 6. Molusco da clase dos lamelibranquios parecido á vieira, pero de menor tamaño, coas valvas convexas e desiguais, de cor variable, xeralmente de tons marróns, e de carne moi apreciada.

HORIZONTAIS: 5. Lago que sitúase na parte máis occidental da comarca do Bierzo, ao oeste da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León e que destaca entre os lagos de barreira ou aluvionamento pola súa singular formación, debida ás escavacións romanas das Medulas 7. A Festa da Istoria é unha festa dentro dun ambiente medieval de orixe xudía que se celebra na vila pertencente á Comarca do Ribeiro... 8. Lúa máis grande de Marte 9. Capital de Senegal 10. Río que cunha lonxitude de 440 quilómetros, é orío máis longo de Chile, atravesando gran parte do deserto de Atacama desde a súa orixe na cordilleira dos Andes ata chegar ao océano Pacífico.