Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA?

A botánica (do grego βοτάνη, ’herba’) ou fitoloxía (do grego φυτόν, ’planta’ e λόγος, ’tratado’) é a rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos, o cal inclúe: descrición, clasificación, distribución, identificación, o estudo da súa reprodución, fisioloxía, morfoloxía, relacións  recíprocas, relacións cos outros seres vivos e efectos provocados sobre o medio no que se atopan.

Hoxe, comezo esta serie para poñer a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina. Atréveste? Si. Pois comezanos!

1. Empecemos polo principio: Sabes cales foron os primeiros "vexetais" que existiron no noso planeta?

- Os fentos

- As microalgas unicelulares mariñas

- Os musgos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es     Imaxe: importancia.org

#DígochoEu: Non digas *pracas de xeo

 

Hai que ter moito coidado coas *pracas de xeo. Pero ollo! En galego esta palabriña é incorrecta! Esther Estévez Casado dinos a alternativa.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *sencillo

 

Temos unha palabra moito máis fácil en galego para referirnos a algo *sencillo! Toma nota do que che di Esther Estévez Casado.

#DígochoEu

XENOMA NUCLEAR E XENOMA MITOCONDRIAL

Representación do xenoma humano en tres dimensións / SISSA

O xenoma é o conxunto de xenes que ten un organismo. Nun organismo hai dous tipos de xenoma, o nuclear e o  mitocondrial. O nome xa fai referencia ao lugar no que se atopa e esa é a primeira diferenza, pero non a única. O ADN nuclear atopámolo dentro do núcleo das células eucariotas, que son as que nos conforman aos animais, as plantas ou os fungos, entre outros. Os nosos organismos están constituídos por células que son a unidade estrutural máis básica. E dentro destas células hai un núcleo que é onde está o ADN nuclear. Fóra do núcleo está o que chamamos citoplasma e nel hai uns elementos aos que chamamos orgánulos. As mitocondrias, que se encargan das funcións de respiración das células, son un deses orgánulos e dentro delas está o xenoma mitocondrial.

O xenoma mitocondrial é unha molécula de pequeno tamaño que ten só entre 16.000 e 17.000 nucleótidos de media en animais vertebrados, aínda que hai diferenzas importantes de tamaño entre distintos organismos, especialmente en plantas e fungos. Os nucleótidos son as bases que compoñen o ADN, poderiamos dicir que son os ladrillos que o forman. Estas bases son adenina (A), citosina (C), timina (T) e guanina (G). E a combinación destas catro bases é o que nos dá a secuencia do ADN. No caso do xenoma nuclear é unha molécula moito maior que, por exemplo, no ser humano ten máis de 3.000 millóns de nucleótidos ou pares de bases. Como ves, é moito maior e o seu tamaño tamén varía significativamente duns organismos a outros, desde uns poucos millóns de nucleótidos nalgúns fungos ata máis de cen mil millóns nalgunhas píntegas, por poñer só un par de exemplos. A variabilidade de tamaño é enorme e non hai relación directa entre o tamaño do xenoma nuclear e a complexidade do organismo.

Tamén hai moita diferenza no número de xenes que forma cada un dos xenomas. Por exemplo, en animais, todo o ADN mitocondrial xeralmente acaba dando lugar a 37 xenes diferentes, moitos dos cales están implicados no proceso de respiración celular. Pola contra, no ADN nuclear podemos atopar miles de xenes diferentes que se encargan de todas as funcións do organismo, en esencia, de que haxa un ser vivo. No ser humano son entre 20.000 e 25.000 xenes. Ademais, no xenoma nuclear hai moitas rexións que non dan lugar a xenes. Son rexións reguladoras e outras das que aínda descoñecemos a súa función

En canto á estrutura, o xenoma mitocondrial é unha dobre cadea de ADN, dous fíos enrolados sobre si mesmos, que fan unha molécula circular, é dicir, os extremos están pechados. No caso do nuclear, tamén é unha dobre cadea, pero lineal, cos extremos abertos. Cando a célula non se divide, o ADN nuclear forma a cromatina que é como unha maraña de fíos de ADN no núcleo. No momento de dividirse a célula é cando se forman os cromosomas. Os cromosomas son as estruturas organizadas que forma o ADN nuclear dun organismo.

Tamén hai diferenza no número de copias de ADN nuclear e mitocondrial que atopamos nas células. En xeral, os organismos teñen dúas copias diferentes de ADN nuclear, unha que se herda da nai e outra que se herda do pai. Mentres que dentro de cada mitocondria pode haber entre 100 e 1000 copias de ADN que, xeralmente, só hérdanse da nai, aínda que existen excepcións. E é que en bioloxía a miúdo podemos dicir que a excepción é a norma.

Unha das cousas das que seguro que oístes falar é das mutacións, que son os erros que aparecen cando o ADN duplícase nas novas células. Existe unha batería de proteínas que se encargan de arranxar o ADN cando aparece un destes erros. Ese sistema de reparación consegue que a taxa de mutacións no ADN nuclear sexa bastante baixa. No mitocondrial, esa maquinaria de reparación de mutacións é moito menos eficaz. Iso fai que o ADN mitocondrial teña unha taxa de erros moito maior.

FONTE: Ainhoa Agorreta Calvo/elpais.com/ciencia

EXTRAVAGANTE DISOSAURO CON PELO E BALLENAS

 

Un equipo internacional decubriu entre os fósiles da colección do Museo Estatal de Historia Natural de Karlsruhe, en Alemaña, un dinosauro distinto a calquera outro coñecido. Aínda que aos científicos pasáralle inadvertido ata o de agora, en vida, esta criatura non era precisamente invisible. O dinosauro, do tamaño dun pito moderno, paseábase hai 110 millóns de anos polo que hoxe é Brasil co aspecto máis fabuloso que se poida imaxinar. Unha longa mata de pelo percorría o seu dorso ata as súas patas e, o que é máis enigmático, unhas baleas de queratina, longas e ríxidas, proxectábanse cara a fóra e cara atrás dende os seus ombreiros.

Os paleontólogos, que nunca viron cousa igual, cren que o animal utilizaba estes extravagantes atributos para cegar aos seus potenciais parellas ou intimidar a depedradores ou competidores. O achado, publicado na revista Cretaceous Research, pode lanzar luz sobre como os pavos reais e outras aves herdaron a súa capacidade para lucirse.

O espécime foi recuperado das dúas laxas de pedra nas que estaba. Utilizando raios X, os investigadores atoparon elementos esqueléticos e tecidos brandos previamente ocultos, o que lles permitiu construír unha imaxe clara das súas características. Bautizaron á nova especie como Ubirajara jubatus, un nome indio tupí para Señor da lanza, en referencia precisamente ás estruturas alongadas, planas e ríxidas da criatura, cada unha cunha pequena crista afiada no medio. Estas baleas estaban colocadas para non impedir a liberdade de movemento nos brazos e patas, polo que non molestarían ao animal á hora de cazar, acicalarse ou enviar sinais.

As cintas "probablemente usáronse para exhibirse, atraer á parella, rivalizar entre machos ou escorrentar ao inimigo", afirma o coautor do estudo na Universidade de  Portsmouth. Os investigadores non poden probar o sexo do espécime, pero cren probable que fose un macho novo, "o cal é sorprendente dado que as habilidades de exhibición máis complexas están reservadas para machos adultos maduros", engade. Ademais, dada a súa extravagancia, non cre difícil imaxinar que o dinosauro se entregaara a un baile elaborado para mostrar o seu rechamante aspecto. 

Unha sección da longa e espesa pelambrera que corre polo lombo do animal conservábase case intacta. As patas tamén estaban cubertos de  filamentos parecidos a pel. Crese que este pelo era controlado por músculos que permitíanlle levantarse, de maneira similar a un can que arrepían o seu pelo ou un puerco espiño levanta as súas espiñas cando está ameazado. Desta forma, Ubirajara podería aplanar a súa melena preto da pel cando non estaba exhibíndose, o que permitiríalle moverse rapidamente sen enredarse na vexetación.

Pero, por que engalanarse dunha maneira que te faga máis obvio tanto para a túa presa como para os depredadores potenciais? Para moitos animais, o éxito evolutivo é máis que simplemente sobrevivir, tamén debes lucirte ben se queres transmitir os teus xenes á próxima xeración.  As aves modernas son famosas pola súa elaborada plumaxe e exhibicións que utilizan para atraer parellas; a cola dos machos do pavo real e as aves do paraíso son exemplos claros. Ubirajara móstranos que esta tendencia para lucirse non é unha característica única das aves, senón algo que as aves herdaron dos seus devanceiros dinosauros.

FONTE: J. de Jorge/abc.es/ciencia                       Imaxe: Bob Nicholls/Paleocreations.com 2020

#DígochoEu: Como é? Xeada ou xiada?

 

Vai un frío que pela! Temos temperaturas xélidas, baixo cero... pero como é? Xeada ou xiada? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

TODO SAIRÁ BEN



Escrito por Albert Espinosa e narrado por Rafael Álvarez “O Bruxo, ‘Todo sairá ben’ é o primeiro título dunha serie de contidos orixinais de Aprendemos Xuntos especialmente dirixidos ao público infantil e xuvenil.

2020 é un ano que dificilmente esqueceremos. As súas historias, sen ningunha dúbida, viaxarán a través de distintas xeracións. Ambientado no ano 2.115, este conto de animación comeza nun cruceiro espacial. Alí, un avó comparte coa súa neta un recordo do ano 2020 que será moi importante para ela.

"É un conto que nace de todo o aprendido neste ano tan complicado. Necesitaba escribir un conto sobre esas ganancias que hai dentro das perdas, e a través dos ollos dos nenos e das persoas sabias que levan anos dentro deste mundo, atopar a forza e a ilusión. Oxalá sexa un conto deses que curan a alma e devolven o sorriso” destaca Albert Espinosa.

Para Rafael Álvarez ‘O Bruxo’, é un conto para nenos que ten un gran ensino tamén para os maiores: “Cando un di ´todo sairá ben´ hai un acto de afirmación tan poderoso da vontade e da mente humana fronte á adversidade que nos devolve ao contacto co noso ser interior”.

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIV

 

VERTICAIS: 1. Braga 2. Xela 3. Betanzos 4. Kosciuszko 7. Sáhara 8. Tambo.

HORIZONTAIS: 5. Longueirón 6. Danubio 9. Asmara 10. Nós.

Repaso cultura xeral XIV!