Blogia

vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: A OCASIÓN PÍNTANA CALVA

A expresión "a ocasión píntana calva" manifesta que as oportunidades débense aproveitar cando se presentan, e está estritamente relacionada coa oportunidade e propón ao individuo dilixencia para aproveitar e gozar das boas conxunturas.

Pero cal é a orixe desta expresión?

Provén da representación da Deusa da Ocasión, coñecida como Deusa da Oportunidade. Para os romanos, é unha muller de fermosa cabeleira longa, que lle cobre o rostro e é calva por detrás, polo xeral, posúe ás nos talóns e costas, sostén un coitelo na súa man dereita, e atópase parada sobre unha roda en movemento.

A oportunidade, tal como a Deusa, era fácil agarrala cando viña de fronte, pero unha vez pasasba era case imposible detela, debido a que ao non ter pelo, non tiñas por onde asila e escapábase irremediablemente.

Tamén se alude á deusa Ocasión na locución adverbial polos pelos, que se aplica para indicar a escasa marxe existente ás veces para conseguir ou perder algo (aprobou o curso polos pelos; perdeu o autobús polos pelos).

FONTE: significados.com e es.wikipedia.org   Imaxe: laqverna.wordpress.com

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? VII

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un libro moderno sobre medicina antiga. O escrito non contaría como un artefacto antigo, como comentamos na pregunta 3. Polo menos non ata que un libro de texto moderno poida ser considerado antigo, o que o convertería nun artefacto.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cantos moáis hai na illa de Pascua?

- 9

- 90

- 900

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *soso nin *salado

 

Esther Estévez Casado fálanos hoxes do sabor da comida: nin *soso nin *salado son adxectivos correctos en galego!

#DígochoEu

PENSAR LIBREMENTE NON É DICIR CALQUERA COUSA



O consumo, a política, a sexualidade ou a educación: o desexo de agradar aos demais -ou segundo Gilles Lipovetsky "a sedución"- invadiu todos os ámbitos da vida social. Esa é a tese que defende o filósofo e sociólogo francés no seu último traballo Gustar e emocionar. Recoñecido internacionalmente como un dos pensadores máis orixinais e importantes do cambio de século, Lipovetsky publicou a súa obra principal en 1983: A era do baleiro: ensaio sobre o individualismo contemporáneo, onde reflexiona sobre o efémero e o superficial.

Leva trinta anos observando e analizando o mundo presente. O ensaísta por excelencia da posmodernidade -que el prefire tratar de ’hipermoderna’- examina o consumismo, a educación e a cultura como mercadorías, os fenómenos de masas, a moda, o ecoloxismo ou os mass media. E faino de maneira clara, con perspectiva histórica e afastándose da óptica filosófica convencional. “Son un sociólogo na filosofía ou un filósofo na socioloxía”, fuxe de etiquetas Lipovetsky. Entre os seus nutritivos libros, traducidos a máis de vinte idiomas, atópanse os superventas: ‘O imperio do efémero’, ‘Da lixeireza’, ‘A terceira muller’ ou ‘A estetización do mundo’.

Lipovetsky actualmente é profesor de Filosofía na Universidade de Grenoble. Foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honra -máxima distinción de Francia- e é doutor ‘honoris causa’ en media ducia de universidades de varios países. Reclama para os seus colegas docentes máis formación e medios: “Os estados deben tomarse a formación dos profesores como un investimento, non como un gasto”, asegura. Cre na educación como resposta. “O noso destino depende do compromiso da humanidade coa escola”, sentenza.

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? VI

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte: a gazapo era Cartago / Grecia. Cartago non se atopaba en Grecia. Cartago foi unha antiga cidade do norte de África, no actual Tunes (a uns dezasete quilómetros ao nordés da capital deste país), fundada por emigrantes fenicios de Tiro a finais do século IX a.C., segundo a datación moderna máis aceptada.

E Imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal dos seguintes obxectos non se consideraría un artefacto arqueolóxico antigo?

- O Partenón

- Unha ferramenta de pedra

- Un libro de texto moderno sobre medicina antiga

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

HUMOR REAL: ABAFO

Xenial a viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947), publicada hoxe no xornal El País. Nela co título de abafo, manifesta esa sensación de desacougo e impotencia ante esta situación tan difícil que estamos a pasar pola pandemia. Manifesta na súa viñeta esa maldita máscara, que nos impide respirar con facilidade, con forma de morcego, reservorio deste maldito virus.

Cando remataremos con iste maldito pesadelo?

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 6)

 

Esther Estévez Casado tráenos un  novo episodio de fonética para continuar aprendendo regras sobre vogais abertas e pechadas!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LVII

VERTICAIS: 2. Veleta 3. California 4. Creus 5. Alvedro 6. Mohicania 7. Victoria.

HORIZONTAIS: 1. Adival 4. Castañeta 8. Timanfaya 9. Zagreb.

Repaso de cultura xeral IX!