Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO LVII

VERTICAIS: 2. Con 3.396 msnm, o terceiro cumio máis alto da Península Ibérica, situado na provincia de Granada e pertence a Serra Nevada, na cordilleira Penibética 3. Un dos estados que forman os Estados Unidos de América, cuxa capital é Sacramento 4. Cabo da costa catalá, o punto máis oriental da Península Ibérica, situado ao norte do golfo de Roses 5. Aeroporto da Coruña 6. Título do libro de poesía, do ano 1986, do escritor coruñés Manuel Rivas 7. É o segundo lago de auga doce máis grande da Terra, situado na zona centro-oriental de África.

HORIZONTAIS: 1. Corda longa e grosa que se usa para suxeitar a carga do carro ou dun remolque 4. Peixe mariño comestible, de corpo oval e comprimido lateralmente, de cor gris escura no lombo e prateada nos costados e no ventre e con nome científico Brama brama 8. Parque Nacional que se atopa nos municipios de Yaiza e Tinajo na illa de Lanzarote (Illas Canarias) 9. Capital e cidade máis poboada de Croacia.

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? V

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é No 196 a.C. É unha estela exipcia da época tolemaica que contén un texto en tres tipos de escrita e a súa grande importancia radica en que foi a peza chave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. É unha peza de granito negro, cunha inscrición bilingüe (grego e exipcio) dun decreto de Tolomeo V, en tres formas de escrita: xeroglífica, demótica e grego uncial (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos. Foi descuberta o 15 de xullo de 1799 na vila exipcia do delta do Nilo denominada Rashid, chamado polos franceses de Rosetta, polo capitán francés Pierre-François Bouchard cando as tropas capitaneadas por Napoleón Bonaparte atopábanse realizando a que se converteu nunha célebre exploración das terras do Exipto.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Atopa o gazapo respecto a estas cidades antigas e as súas localizacións.

- Cartago / Grecia

- Persépolis / Persia

- Troia / Asia Menor

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre gran, grao e grado

 

Estas tres palabriñas parécense moito pero teñen significados diferentes!? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

NON VAS PODER CON NÓS!

 

Gadis lanzou, onte á noite, unha nova entrega da súa campaña "Vivamos como  galegos!". Este ano, non podía ser doutra forma, a pandemia do coronavirus marca o ton do anuncio do supermercado galego que ao berro de "Non van poder con  nós!" percorre as rúas dos lugares máis emblemáticos de Galicia. 

Unha mensaxe de ánimo ante o que estamos a pasar!

MARÍA ANDRESA CASAMAYOR DE LA COMA

MARÍA ANDRESA CASAMAYOR DE LA COMA

Retrato de María Andresa Casamayor / Eulogia Merle

A concesión, iste ano, do primeiro Nobel de ciencia da historia a un equipo formado só por mulleres (Emmanuelle Charpentier e Jennifer Doudna), premiadas en Química pola súa creación da ferramenta xenética CRISPR, lémbranos que en pleno século XXI aínda continúa a conquista de fitos para a ciencia feminina. E isto fai aínda máis asombrosos os exemplos das pioneiras que noutros tempos elixían a ciencia como vocación; sobre todo cando isto supoñíalles renunciar mesmo ao seu propio nome e cambialo por un pseudónimo masculino para que o seu traballo fose tomado en consideración. Iste foi o caso dunha figura tan excepcional como pouco celebrada, a matemática María Juana Rosa Andresa Casamayor de La Coma. A única muller de ciencia do século XVIII en España que deixou obra publicada, soubo recorrer, polo menos, a un astuto truco para que a autoría do seu traballo quedase sólidamente asentada.

É tan pouco o que se coñece sobre Casamayor (30 de novembro de 1720 – 23 de outubro de 1780) que algúns breves detalles da súa aínda escura biografía só quedaron revelados grazas a un documental rodado en 2019 e a unha investigación dos matemáticos Julio Bernués e Pedro J. Miana, da Universidade de Zaragoza, a cidade natal desta pioneira. Así, sabemos que medrou nunha familia numerosa de orixe francesa dedicada ao comercio. En plena Ilustración, a súa época era propicia para a ciencia e o coñecemento, aínda que en gran medida quedaban vedados para as mulleres.

Noutros lugares de Europa destelaban os talentos de Caroline Herschel, Maria Gaetana Agnesi ou Émilie du Châtelet, entre outras mulleres científicas; pero a miúdo, ou ben as súas contribucións foron case ignoradas no seu tempo, ou ben quedaban escurecidas baixo o nome dos seus colaboradores ou padriños masculinos. Estes, se a súa posición permitíallo, podían consagrar a súa vida á ciencia, mentres que elas debían compaxinar a paixón científica co rol de esposas e nais que a sociedade imponíanlles, e que adoitaba ofrecer unha única alternativa: vestir os hábitos. 

Casamayor non elixiu nin unha opción nin a outra; mantívose solteira e non ingresou na Igrexa, aínda que esta tivo un papel relevante na súa vida, como era común na época. Suponse que recibiu unha educación relixiosa no seu fogar, como correspondía á posición da súa familia; un privilexio en tempos en que o analfabetismo era case a norma, sobre todo entre as mulleres. E aínda que non se coñecen detalles da súa infancia, é evidente que pronto destacou en matemáticas, xa que con apenas 17 anos publicaba a súa primeira e única obra que viu a luz.

 
O Tyrocinio arithmetico é o primeiro libro de ciencias publicado por unha muller en España / Biblioteca Nacional de España

Tyrocinio arithmetico, Instrución das quatro regras chairas, publicado en marzo de 1738, era un volume destinado a facilitar a aprendizaxe da aritmética básica: suma, resta, multiplicación e división. Para a súa publicación, Casamayor contou co apadriñamento eclesiástico do sacerdote Juan Francisco de Jesús, catedrático de Matemáticas, e do frade Pedro Martínez. Pero probablemente obrigada polas convencións da época, a moza matemática asinou a súa obra cun nome masculino, aínda que o fixo dun modo que preservaba subrepticiamente a súa identidade; o pseudónimo elixido pola autora, Casandro Mamés da Marca e Araioa, é unha clave digna da súa vocación matemática, un elaborado anagrama do seu nome completo. Baixo esta argucia, o Tyrocinio arithmetico é o primeiro libro de ciencias publicado por unha muller en España. Ao inmenso valor desta primicia únese o feito de que ata os nosos días só chegara un exemplar coñecido, que se conserva na Biblioteca Nacional de España.

Posteriormente, Casamayor escribiu unha segunda obra baixo o título O para se só, máis extensa e de aritmética avanzada. Non constan as razóns polas que non chegou a publicarse este manuscrito, hoxe desaparecido, aínda que a mala fortuna fixo que a autora perdese os seus apoios nos anos seguintes á publicación do Tyrocinio, ao falecer o seu pai e o frade Martínez, e co traslado a Valencia do matemático De Jesús. Tampouco se lle coñece relación con outros matemáticos da súa época, nin sequera na súa propia cidade.

Pero se hoxe non coñecemos con detalle as razóns polas que unha prometedora carreira matemática quedou prematuramente truncada, máis aló do difícil contexto da época, a Casamayor debémoslle tamén dedicar o resto da súa vida a un labor máis silencioso, pero máis crucial se cabe: a educación das nenas. É de supoñer que, nos longos anos en que aquela ilustre pioneira exerceu como mestra de escola feminina, ata a súa morte antes de cumprir os 60, o Tyrocinio serviu para que unha multitude de nenas rompese as cadeas do analfabetismo. E iste é o primeiro requisito mínimo imprescindible para chegar sequera a tocar cos dedos ese teito de cristal que aínda é necesario romper.

En 2018 foi incluída na A Táboa Periódica das Científicas xunto a científicas de todo o mundo co símbolo Cs (Cesio), Casamayor.

FONTE: bbvaopenmind.com/ciencia

#DígochoEu: É correcto dicir caneca?

 

Hoxe Esther Estévez Casado resólvenos unha dúbida xurdida Malicia Noticias. A cousa vai de cuncas, canecas e canecos. Nada de *tazas, que iso si que o considera incorrecto a RAG!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? IV

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Máis de 8.000 figuras de guerreiros e cabalos. É unha colección de esculturas feitas en terracota (arxila modelada e endurecida ao forno) que representan aos exércitos de Qin Shihuang, o primeiro emperador da China. É unha forma de arte funeraria enterrada co emperador en 210–209 a. C. co propósito de protexer ao emperador na súa vida futura. Desde o ano 1987 está considerado por parte da UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. A Pedra Rosetta é un dos artefactos máis famosos do mundo. Sabes en que ano foi tallada?

- No 1799

- No 453 a. C

- No 196 a. C.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixila muyinteresante.es e gal.wikipedia.org    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

UNHA TEORÍA PARA COMPRENDER O MUNDO

 

Abrir a porta a un mundo tan misterioso como descoñecido. Un mundo que asusta a moitos, “pero que tamén fascina pola súa estrañeza”. Así fala Sonia Fernández-Vidal daquilo que máis lle apaixona: a física  cuántica. Desde nena tivo moi claro que quería ser científica “porque quería saber o porqué de todo”. Para ela, a ciencia e o mundo  cuántico demóstrannos que a fronteira entre o imaxinario e o real é moito máis etérea do que pensamos: "Os científicos deron resposta a moitas das grandes preguntas e soños que a humanidade tivo desde a noite dos tempos", explica.

Sonia Fernández-Vidal é tamén unha profesora perspicaz e imaxinativa, que insiste en que animemos aos mozos para converterse en grandes exploradores: “Se levamos aos nosos estudantes máis aló, e ensinámoslles cal é o resultado de penetrar nas grandes cuestións científicas, descubriremos con eles algo tan poético como que non somos máis que po de estrelas”.

Doutora en Óptica e Información Cuántica e Física pola Universidade Autónoma de Barcelona, Sonia Fernández-Vidal é tamén coñecida polo seu gran labor de divulgación científica con obras como ’A porta dos tres ferrollos’, ’O Universo nas túas mans’ ou ’Almorzo con partículas’. Traballou e colaborou nalgúns dos centros científicos máis prestixiosos do mundo, como o CERN, o Laboratorio Nacional dos Álamos (LANL) ou o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO). Méritos que levárona a ser seleccionada pola revista Forbes como unha das 100 persoas máis creativas do mundo.