Blogia

vgomez

COMO AXUDAR AOS TEUS FILL@S A AFRONTAR OS CAMBIOS

 

Axudarnos a identificar e conquistar a emoción do medo é un dos grandes obxectivos de Pilar Jericó. É doutora en Organización de Empresas e posúe unha ampla formación internacional con estudos de especialización en Harvard e na Universidade de California, entre outras. Escritora, profesora na Universidade Carlos III e en diferentes escolas de negocio, de forma paralela á súa actividade docente, Pilar Jericó dedícase á divulgación sobre temas como o desenvolvemento persoal e o liderado a través de conferencias e colaboracións en diferentes medios. Jericó foi galardoada como unha das 100 Mulleres Líderes en España. Pilar fai fincapé en títulos como ‘Non Medo’, ‘Poderosamente fráxiles’, ‘E se realmente puidésemos?’, na educación e a confianza como o mellor antídoto para enfrontarnos ás nosas incertezas cotiás, e desta maneira, aprender a educar no “non medo” aos nosos fillos: “Os nosos fillos son os nosos mestres, son os nosos espellos daquelas dificultades que ás veces temos”. A cultura, a educación e os reforzos positivos son capaces de xestionar os medos innatos, conclúe Jericó.

#DígochoEu: Non digas *as cárceles

 

Se nos levan presos, non imos á *cárcel en galego! Onde imos entón? Esther Estévez Casado acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XXII (FIN)

Remato coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Estados Unidos. Efectivamente EE UU é o primeiro país con máis premios nobel. Séguelle, en segundo lugar, Reino Unido. En terceiro lugar, Alemaña. Finalmemte, en cuarto lugar, Francia. E despois, Suecia...

Así termino esta serie, presupoñendo que quedan moitas preguntas por facer, que de seguro serán motivo doutra serie!

Ata a próxima!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org    Imaxe: banderasmundo.es

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

COMEDY WILDLIFE PHOTOGRAPHYP AWARDS 2020

Terry the Turtle                                                            © Mark Fitzpatrick / Comedy Wildlife Photo Awards 2020

Tras unha complicada selección, xa coñecemos o gañador deste ano: Mark  Fitzpatrick, pola súa incrible instantánea Terry the Turtle flipping the bird (Terry a tartaruga mostrando o seu dedo corazón).

A instantánea, clara favorita entre os xuíces, foi tomada cando Fitzpatrick nadaba entre tartarugas en Lady Elliot Island (Queensland, Australia).

Mark arranxouse para captar o momento xusto no que a tartaruga Terry está a retirar a súa aleta mentres nada cara á cámara, facendo que pareza que está a ensinar o dedo corazón a Mark.

Parabéns!

Se queres coñecer o resto de premios dición 2020 deste concurso preme AQUÍ

FONTE: comedywildlifephoto.com e traveler.es

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XXI

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Francis Mojica. O nobel de Química é, con diferenza, o "patiño feo" dos premios, o menos glamouroso. Con todo, historicamente, foi sen dúbida un dos máis importantes. Boa mostra diso é que Real Academia das Ciencias de Suecia concedeu a Emmanuelle Charpentier e Jennifer A. Doudna o premio Nobel de Química 2020 por CRISPR-Cas9. Suecia decidiu premiar un dos grandes descubrimentos xenéticos do noso tempo, as tesoiras moleculares; un sistema revolucionario que permitiu darlle a volta a moitas das cousas que sabiamos sobre os nosos xenes, pero esqueceuse ao español que descubriu o mecanismo: Francis Mojica.

E imos coa pregunta de hoxe, e última da serie!

21. Cal é o país que máis premios Nobel ganou e a súa orde?

- Alemaña

- Reino Unido

- Francia

- Estados Unidos

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende os puntos cardinais

 

Hoxe con Esther Estévez Casado aprendemos os puntos cardinais, pero sen *brúxulas nin *búsolas!

#DígochoEu

O IKIGAI E O ICHIGO-ICHIE

 


Escritor, ensaísta, tradutor e músico, Francesc Miralles é un dos autores de desenvolvemento persoal máis influentes do mundo. Creador de tendencias para o crecemento persoal e o autocoñecemento, escribiu numerosos libros e é o responsable, xunto a Hector García, de dar a coñecer en Occidente o concepto xaponés Ikigai, un enfoque vital baseado na idea do “propósito vital”. Descubrir o noso Ikigai equivale a entender cal é a nosa “razón de ser” no mundo, pescudar que nos apaixona e que podemos achegar: “Todos temos o noso Ikigai e normalmente relaciónase con aquilo que nos apaixonaba cando eramos nenos”, explica Miralles.

No seu achegamento ao mundo oriental, Francesc Miralles descubriu outro concepto que nos axuda a vivir de forma máis plena: o Ichigo-Ichie, que se basea na idea de que cada momento que vivimos é único, e por tanto, non se repetirá xamais.

Francesc Miralles deu a coñecer o concepto Ikigai en todo o planeta, e está a inspirar a centros educativos e empresas, que comprobaron como poñer o propósito vital en primeiro lugar mellora a felicidade de alumnos e equipos de traballo. É aplicable á educación e á vida profesional, xa que defende que manter a paixón e non perder de vista os obxectivos, axuda a sobrepoñerse ás dificultades e a saír reforzados diante calquera cambio ou crise.

ESPAGUETIFICACIÓN

En vídeo: «espaguetificación», el proceso por el cual un agujero negro tritura una estrella en Videos

Unha estrela (en primeiro plano) experimenta unha espaguetificación ao ser absorbida por un buraco negro supermasivo (ao fondo) / ESO/M. Kornmesser / No vídeo: espaguetificación, o proceso polo cal un buraco negro tritura unha estrella.

Un estraño raio de luz, coma se fose un último berro de auxilio, foi emitido por unha estrela xusto no momento de caer nun monstruoso buraco negro supermasivo situado a 215 millóns de anos luz da Terra. Durante o proceso, a vítima, tan masiva como o noso Sol, foi  triturada en delgadas correntes de material, o que se coñece co ilustrativo nome de espaguetificación. É o fenómeno deste tipo máis próximo a nós xamais rexistrado.

Impresionante!

FONTE: Judith de Jorge/abc.es/ciencia