SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LVI

VERTICAIS: 2. Alentexo 3. Monfragüe 5. RAG 9. Testo.
HORIZONTAIS: 1. Maruca 4. Peinador 6. Moncayo 7. Rapazas 8. Yangtsé 10. Doha.
Repaso de cultura xeral VIII!

VERTICAIS: 2. Alentexo 3. Monfragüe 5. RAG 9. Testo.
HORIZONTAIS: 1. Maruca 4. Peinador 6. Moncayo 7. Rapazas 8. Yangtsé 10. Doha.
Repaso de cultura xeral VIII!
Para que dicir ’ghalogüín’ se temos o noso Samaín? Velaquí cinco palabras que nos trae Esther Estévez Casado e que teñen que ver con estas datas!

VERTICAIS: 2. rexión portuguesa que comprende integramente os distritos de Portalegre, Évora e Beja, e as metades sur dos distritos de Setúbal e de Santarém 3. Parque Nacional que se atopa na provincia de Cáceres e que goza destra protección dende 1979 5. Real Academia Galega 9. Tapa de potas, tarteiras e outros recipientes similares.
HORIZONTAIS: 1. Peixe da familia dos gádidos de ata dous metros de lonxitude, barbas na queixada inferior e cor acastañada no dorso e abrancazada no ventre, e con mome científico Molva molva 4. Nome do aeroporto de Vigo 6. Cima máis elevada do Sistema Ibérico, con 2.314,3 m.s.n.m. e tamén coñecido como monte de San miguel 7. Obra de narrativa xuvenil, de 1993, do escritor vilabés Agustín Fernández Paz 8. Río máis longo de Asia e o terceiro do mundo, cunha lonxitude de aproximadamente 6300 km, que nace na Meseta Tibetana na provincia de Qinghai e desemboca no Mar da Chinesa Oriental 10. Capital de Catar, país situado nunha pequena península no golfo Pérsico.

Esta fotografía que mostra a ponte de Brooklyn durante unha forte tormenta de neve é a mellor imaxe meteorolóxica do ano. Así o decidiu o xurado do concurso Weather Photographer of the Year 2020 (Fotógrafo Meteorolóxico do ano 2020) que organiza a Royal Meteorological Society (RMetS), en asociación con AccuWeather, a compañía de medios dixitais e meteoroloxía.
A fotografía gañadora, que foi realmente tomada en 2018 é obra de Rudolf Sulgan. Con ela, o fotógrafo quixo plasmar como o quecemento global está a alterar os patróns climáticos e contribuír así a combater o cambio climático.
Se queres coñecer o resto de fotografías do concurso preme AQUÍ.
FONTE: photocrowd.com e lavanguardia.com
O diabólico escaravello acoirazado de California é un insecto formidable. Aves, lagartos e roedores tentan comelo con frecuencia, pero de cando en cando conségueno. Un coche pásalle por encima e a criatura segue viva. Desde logo, fai honra ao seu ostentoso nome.
A supervivencia do escaravello depende de dous factores crave: a súa capacidade para facerse o morto de maneira convincente e un exoesqueleto que é unha das estruturas máis duras e resistentes ao esmagamento que se sabe que existen no mundo biolóxico. Nun artigo publicado na revista Nature , investigadores das universidades estadounidenses de Purdue e California Irvine (UCI) revelan os compoñentes do extraordinario material, e os seus planos a nano e microescala, que fan que o organismo sexa tan indestructible, á vez que demostran como os enxeñeiros poden beneficiarse destes deseños para, por exemplo, construír avións máis resistentes.
No seu hábitat desértico no suroeste de EE. UU., este insecto pódese atopar debaixo das rochas e nas árbores, apertado entre a cortiza e o tronco, outra razón pola que necesita ter un exterior duradeiro.

Orixinario dos hábitats desérticos do sur de California, o diabólico escaravello acoirazado ten un exoesqueleto que é unha das estruturas máis duras e resistentes ao esmagamento que se sabe que existen no reino animal / David Kisailus/UCI
Os investigadores realizaron unha serie de experimentos e descubriron que o diabólico escaravello acoirazado pode soportar unha forza de aproximadamente 39.000 veces o seu peso corporal. Un home de 90 quilos tería que soportar o esmagador peso de 4 millóns de quilos para igualar esta fazaña.
A través de distintas avaliacións microscópicas e espectroscópicas de alta resolución, o equipo deuse conta de que o secreto desa extraordinaria capacidade radica na composición material e a arquitectura do exoesqueleto do escaravello, especificamente, os seus élitros. Nos escaravellos aéreos, os élitros son as follas das ás dianteiras que se abren e pechan para protexer as ás de voo das bacterias, a desecación e outras fontes de dano. Neste caso, os élitros do escaravello acoirazado evolucionaron para converterse nun escudo protector sólido.
A análise mostrou que os élitros constan de capas de quitina, un material fibroso e unha matriz proteica. En colaboración cun grupo da Universidade de Agricultura e Tecnoloxía de Tokio, examinaron a composición química do exoesqueleto dun escaravello voador máis lixeiro e comparárona coa dun terrestre. A capa exterior do escaravello acoirazado ten unha concentración significativamente máis alta de proteína, aproximadamente un 10 por cento máis en peso, que os investigadores suxiren que contribúe á maior dureza dos élitros.
O equipo tamén investigou a xeometría da sutura medial que une as dúas partes dos élitros e descubriu que se parece moito ás pezas entrelazadas dun crebacabezas. Nun experimento dentro dun microscopio electrónico para observar como funcionan estas conexións baixo compresión, similar a como poderían responder na natureza, observaron que esas pezas non rompen polo pescozo, a parte máis delgada, como cabería esperar nun crebacabezas, senón que se separan en capas lentamente.
Os investigadores empregaron técnicas de impresión 3D para crear as súas propias estruturas do mesmo deseño. Fixeron probas que revelaron que a disposición proporciona a máxima resistencia e durabilidade.
Desta forma, fabricaron materiais compostos avanzados reforzados con fibra baseados nestas características, e prevé o desenvolvemento de novas formas de fusionar segmentos de aeronaves sen o uso de remaches e suxeitadores tradicionais. Os científicos atoparon que a estrutura inspirada no escaravello era máis forte e resistente que os suxeitadores de enxeñería actuais nas turbinas de gas dos avións, que agregan peso e introducen tensións que poderían provocar fracturas e corrosión.
FONTE: abc.es/ciencia
Esther Estévez Casado foi ata o lugar en que se fala o galego máis parecido ao estándar! Se premes AQUÍ tamén comprobarás o grao de similitude do galego da túa zona. Algunha sorpresa has levar!

Viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947) no xornal El País de hoxe.
A bos entendedores poucas palabras!
O parque natural da Baixa Limia e Serra do Xurés é un espazo natural protexido dende o ano 1993, que abarca 20.920 hectáreas. Está situado no sur da provincia de Ourense e esténdese polas montañas dos municipios de Entrimo, Lobios e Muiños ata a fronteira con Portugal, limitando co Parque Nacional de Peneda-Gerês. Dende 2009 os concellos de ambos os dous parques forman a Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.
A feroz onda de incendios que este verán calcinou, entre outras moitas localizacións ourensás, o corazón do Xurés, deixando unha dolorosa pegada no parque natural. Neste percorrido a vista de dron pódese apreciar o paso do lume, deste ano e dos anteriores, e a magnífica natureza que nos rodea.
Unha pena!
FONTE: laregion.es e gal.wikipedia.org