SOLUCIÓN ENCRUCILLA LIII
VERTICAIS: 1. Limia 2. Brasilia 3. Biscaia 5. Ancares 8. Rubio.
HORIZONTAIS: 4. Titicaca 6. Zloty 7. Arraianos 9. UNESCO 10. Nilo.
Repaso de Cultura Xeral V!
VERTICAIS: 1. Limia 2. Brasilia 3. Biscaia 5. Ancares 8. Rubio.
HORIZONTAIS: 4. Titicaca 6. Zloty 7. Arraianos 9. UNESCO 10. Nilo.
Repaso de Cultura Xeral V!
VERTICAIS: 1. Río que decorre por Galicia e por Portugal, que os romanos identificaron co mitolóxico río Lethes e que tiña a propiedade quen o atravesase esquecía cal era a súa orixe e ficaba a morar na súa ribeira 2. Capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal 3. Provincia vasca na que se atopa o cabo Machichaco 5. Contraforte da cordilleira Cantábrica que forma un sistema xeomorfolóxico entre as provincias de León e Lugo 8. Peixe da familia dos tríglidos, do que existen varias especies, de corpo alongado, espiñas no opérculo e cor principalmente vermella, que é moi abundante nas augas galegas e de nome científico Aspitrigla cuculus.
HORIZONTAIS: 4. Lago navegable máis alto do mundo, situado no altiplano andino, a unha altitude media de 3.812 m sobre o nivel do mar entre os territorios de Bolivia e Perú 6. Moeda oficial da República de Polonia 7. Título da obra de Xole L. Méndez Ferrín, de 1991, na que en 10 relatos, trasládanos á fronteira difusa entre a Galicia interior e o norte de Portugal, territorio de meigas, da chuvia e o granito das súas casas 9. Acrónimo da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura 10. O maior río de África.

É posible que mesmo facendo a compra con tuppers e tarros, haxa plásticos dos que non te puideches librar. Este mes, podes dedicalo a buscar alternativas. Moitos produtos que tradicionalmente compramos en envases de plástico téñenas: por exemplo, o aceite pode atoparse en botellas de cristal ou latas de aluminio, o leite en botellas de cristal...
En caso de non atopar algún produto cun envase sen plástico, podes investigar se algunha tenda da túa localidade véndeos a granel, e hainas (iso si, máis caras). E, en calquera caso sempre tes a opción de mercar envases grandes (unha garrafa de aceite de cinco litros, por exemplo) no canto de varios pequenos.
Telo na túa man!
FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com
Aquí temos un problema co xe! Temos, por exemplo, extensión, pero non *extender. Esther Estévez Casado acláranolo!
Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.
Hoxe imos a...
9. Cantís de Moher (Irlanda)

Os cantís de Moher atópamse no límite suroccidental da rexión do An Bhoireann, cerca de Doolin, no condado de Clare da República de Irlanda.
Os cantís elévanse 120 m sobre o océano Atlántico no punto chamado Hag’s Head e esténdense ao longo de 8 quilómetros até alcanzar unha altura de 214 m.
O torre de O’Brien é unha torre circular de pedra que se atopa aproximadamente na metade dos cantís. Foi construída por Sir Cornellius O’Brien en 1835 como miradoiro para os centos de turistas que acudían ao lugar.
A rexión, tamén é famosa polos seus castelos, as súas covas e a súa historia celta.
Como curiosidade, estes cantís aparecen na película Harry Potter e o misterio do príncipe (2009).
Parece unha paisaxe de ficción, pero non o é!
Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gal.wikipedia.org Imaxe: muyinteresante.es

Á esquerda, eiruga da especie Cydalima perspectalis (lavanguardia.com/Emili Bassols i Isamat) e á dereita, exemplar de bolboreta de Cydalima perspectalis (Wikipedia/Didier Descouens)
Cando aínda non se logrou gañar a batalla á avespa asiática, outra especie exótica invasora chegou a a nosa comunidade. Trátase da couza asiática do buxo (Cydalima perspectalis) á que moitos xa coñecen popularmente como "papabuxos" pola súa rápida acción destrutora sobre os arbustos desta especie arbórea (Buxus sempervirens), moi utilizados en parques e xardíns públicos.
Procedente de Asia, en Europa este tipo de eiruga localizouse por primeira vez en Alemaña no ano 2006. De alí deu o salto ao sur do continente, e no 2014 detectouse xa na nosa comunidade galega, no municipio pontevedrés de Tomiño. Desde entón, a imaxe do papabuxos saltou con frecuencia aos medios de comunicación polos danos causados a xardíns históricos das Rías Baixas, como o de Castrelos de Vigo, ou o excepcional bosque de buxo da illa de San Simón. Pero a acción devastadora da couza asiática seguiu estendéndose pola xeografía galega chegando a Ferrolterra e outros lugares.
Tras pasar o inverno aletargadas, coa chegada da primavera é cando o problema sae á luz, xa que o ciclo vital da couza asiática esténdese de abril a setembro. Espertan e aliméntanse vorazmente das follas para formar despois un botón sedoso e transformarse en couzas. Cando son xa bolboretas, aparéanse e fan postas de ovos no interior das follas, das que nacen novas eirugas. O problema é que reprodúcense moi rapidamente (este ciclo pode chegar a repetirse tres ou catro veces desde a primavera ata o outono) e, ademais, na nosa comunidade, Galicia, non conta con depredadores naturais, como si ocorre no seu lugar de orixe. Tan só as avespas asiáticas atacáronas, pero esa é outra especie invasora contra a que tamén se está loitando, polo que non se pode considerar unha boa aliada para erradicar a Cydalima perspectalis.
Para evitar que a couza asiática siga ameazando os nosos sebes, recoméndase un tratamento combinado que ataca tanto aos ovos e larvas como ás eirugas adultas, aplicando un insecticida específico, e facelo cando o sol cae. Pasados catro días, hai que repetir a operación. E ao cabo duns cinco días, actuar sobre as larvas e os ovos cun tratamento biolóxico con bacterias Bacillus thuringiensis.
De non tomar medidas, os danos ambientais que pode causar son moi grandes, como a desaparición das follas e como consecuencia a morte da planta ao non poder facer a fotosíntese.
Catalogada como especie invasora en Europa, atópase en plena expansión en España, sobre todo en Navarra, País Vasco e Cataluña.
FONTE: Beatriz Antón/lavoz.es e J. Luis Gallego/lavanguardia.com

"Outono chegar, porco cebar"
"Moito has de saber para cogomelos coller"
"Noroeste de serán, vendaval pola mañá"
"Cando chove e vai vento, pecha a porta e estate dentro"
“Outono enxoito, Nadal vento moito ou pouco”