SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLVI
VERTICAIS: 1. Linux 2. Software 4. Pda 5. Pendrive 8. Mac.
HORIZONTAIS: 3. Windows 4. Pc 6. Hardware 7. Notebook 9. Escáner.
Máis sobre informática!
VERTICAIS: 1. Linux 2. Software 4. Pda 5. Pendrive 8. Mac.
HORIZONTAIS: 3. Windows 4. Pc 6. Hardware 7. Notebook 9. Escáner.
Máis sobre informática!
VERTICAIS: 1. Termo co que se fai referencia aos sistemas operativos baseados en UNIX, exemplo prominente de software libre 2. Conxunto de programas e rutinas que permiten á computadora realizar determinadas tarefas 4. Siglas de "Persoal Dixital Assistant", computador de peto 5. Memoria de tipo flash que se conecta a outro dispositivo por medio dun porto USB 8. Abreviatura de Macintosh, liña de computadoras persoais deseñada, desenvolvida e comercializada por Apple Inc.
HORIZONTAIS: 3. Nome dunha familia de sistemas operativos desenvolvidos pola multinacional informática Microsoft Corporation 4. Sigla de "personal computer", computadora personal 6. Conxunto de elementos físicos ou materiais que constitúen unha computadora ou un sistema informático 7. Tipo de computadora (ordenador) portátil, que se diferencia dos tradicionais laptops polas súas reducidas dimensións, a súa funcionalidade limitada e a súa baixo custo 9. Aparello que permite pasar a formato dixital un texto ou unha imaxe.
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Petrogrado. Hoxe coñecida como San Petersburgo, entón Petrogrado (despois Leningrado) foi capital do Imperio ruso durante máis de douscentos anos, ata que en marzo de 1918 substituíuna Moscova.
E imos coa pregunta de hoxe!

13. O armisticio foi asinado o 11 de novembro de 1918, rematara coa loita real da Primeira guerra mundial. Posteriormente e durante varios meses levaronse a cabo as negociacións na Conferencia de Paz de París para rematar o tratado de paz. Este chamouse o tratado de Versalles, pero en que data foi asinado?
- 28 de xuño de 1919
- 21 de outubro de 1919
- 10 de xaneiro de 1920
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: wikipedia.org
Hoxe Esther Estévez Casado tráenos varias palabriñas relacionadas co verán. Unha delas é *veraniego, que é incorreca en galego.
#DígochoEu

3 de agosto: Lúa Chea
11 de agosto: Cuarto Minguante
19 de agosto: Lúa Nova
25 de agosto: Cuarto Crecente
Chuvia de meteoros: Perseidas (Bágoas de San Lourenzo): do 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo o día 17 diste mes. O corpo proxenitor é o cometa 109P/Swift-Tuttle, sendo o seu radiante a constelación de Perseo. Ten unha tasa horaria de 110 meteoros/h.

Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos quese imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educaciónsecundaria obrigatoria e do bacharelato.
Para ver estas medidas preme AQUÍ.
FONTE: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional Imaxe: ultimahora.es
Continúo coa serie Canto sabes sobre a Primeira Guerra Mundial, un conflito bélico mundial que tivo lugar entre 1914 e 1918 e que involucrou a todas as grandes potencias do mundo, na que morreron máis de nove millóns de combatentes. A contestación correcta á pregunta de onte é Eduardo Dato. O Presidente do Consello de Ministros Eduardo Dato e Iradier (A Coruña, 1856-Madrid, 1921) pertencia ao Partido Conservador. España na Primeira Guerra Mundial mantívose neutral durante todo o conflito, pero este tivo importantes consecuencias económicas, sociais e políticas para o país, ata tal punto que se adoitan situar nos anos da guerra o inicio da crise do sistema da Restauración, que en 1923 tentaríase resolver mediante un golpe de estado que deu paso á instauración da ditadura de Primo de Rivera.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. O zar ruso, Nicolás II, declarou a guerra a Alemaña o 1 de agosto de 1914. Esa mesma tarde, o embaixador alemán acudira ao Ministerio de Asuntos Exteriores para recibir a resposta rusa ao ultimato do día anterior, que foi negativa e determinou a declaración de guerra de Alemaña. Cal era, naquel momento, a capital rusa, e na que sucedéronse durante unha semana manifestacións patrióticas e ataques aos cidadáns e propiedades alemán?
- Moscova
- San Petersburgo
- Petrogrado
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es e wikipedia.org Imaxe: reasilvia.com
Esther Estévez Casado segue na cociña! Neste terceiro e último capítulo fálanos dos utensiíos para comer.
#DígochoEu