Blogia

vgomez

CANTO SABES DE MONUMENTOS? II

Onte, comezamos a serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta proposta: A Alhambra de Granada (España). Iste monumento é un complexo monumental sobre unha cidade palatina andalusí situado en Granada. Consiste nun conxunto de antigos palacios, xardíns, convento, igrexa e fortaleza (alcazaba) inicialmente concibido para aloxar ao emir e a corte do Reino nazarí, máis tarde como residencia real Castelá e dos seus representantes. Segundo datos da Organización Mundial do Turismo, a Alhambra de Granada ocupa o oitavo lugar entre os monumentos máis visitados do mundo. As tres primeiras posicións ocúpanas: Nôtre-Dáme (París), a Gran Muralla (China) e a Ópera Sídney (Australia).

E imos co monumento de hoxe!

2. En que cidade asiática atópanse as impoñentes Torres  Petronas?

- Nova Deli (India)

- Hong Kong (China)

- Kuala Lumpur (Malasia)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org Imaxe: imagenesdearquitectos.com

#DigochoEu: Ollo con 'que mono!'

 

Se lle dis a alguén ’que mono es!’ non lle estás chamando ’bonito’, porque ’mono’ en galego ten outros moitos significados! Esther Estévez Casado acláranolo. 

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS?

CANTO SABES DE MONUMENTOS?

 

Chegou o verán, e de non ser atípico, pola Covid-19, millóns de persoas acudirían a distintos países, entre outras cousas, a contemplar marabillosos monumentos, a coñecer a súa historia e quedar pasmados pola súa grandiosidade.

Pero a situación non está para moitos viaxes, sobre todo fóra do noso país, polo que tataremos de facer viaxes "doutro xeito". Propóñoche coñecer canto sabes de monumentos icónicos e representativos dos diferentes países do mundo, que seguramente gustaríache visitar nalgún momento da túa vida. Comprobámolo?

1. O monumento da fotografía é un dos máis visitados do mundo. Reconécelo?

- Monte San Michel (Francia)

- Castelo Sant’Angelo (Italia)

- A Alhambra de Granada (España)

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/cultura, gal.wikipedia.org  Imaxe: youtube.com e muyinteresante.es

O ESTRAÑO HALO VERDE SOBRE A SUPERFICIE DE MARTE

Un estraño halo verde sobre a superficie marciana. Iso é o que captou o Satélite para o estudo de Gases Traza (TGO) da misión ExoMars da Axencia Espacial Europea (ESA), quen leva orbitando Marte dende 2016 para coñecer con máis detalle a atmosfera do noso veciño. Trátase da primeira vez que se detecta nun planeta diferente da Terra, polo que significa un fito espacial de relevancia.

Na Terra, o osíxeno  resplandece durante as auroras polares, cando os electróns cargados, procedentes do espazo interplanetario, chocan coa alta atmosfera. A emisión de luz debida ao osíxeno confire ás auroras polares a súa característica tonalidade  verdosa. Con todo, a aurora non é máis que unha das formas en que as atmosferas planetarias brillan. No caso de planetas como a Terra e Marte, a  luminiscencia é constante durante o día e a noite mentres a luz solar interactúa con átomos e moléculas da atmosfera. Os resplandores diúrnos e nocturnos débense a mecanismos algo distintos: os nocturnos prodúcense cando se  recombinan moléculas descompostas, mentres que os diúrnos xorden cando a luz do Sol excita directamente átomos e moléculas como as de nitróxeno e osíxeno.

Na Terra, o resplandor nocturno verde é moi tenue, polo que o mellor é velo de forma transversal, tal e como mostran numerosas imaxes espectaculares tomadas por astronautas a bordo da Estación Espacial Internacional (ISS). A debilidade do resplandor pode ser un problema cando se busca ao redor doutros planetas, xa que o brillo da súa superficie pode tapalo.

Os autores do estudo, publicado en Nature Astronomy, puideron detectar esta emisión en Marte utilizando un modo de observación especial do TGO. Un dos conxuntos de instrumentos avanzados do orbitador, coñecido como NOMAD (Nadir e Ocultación para o descubrimento de Marte) e incluído o espectrómetro ultravioleta e visible (UVIS), pode observar en varias configuracións, unha das cales coloca os seus instrumentos para apuntar directamente cara á superficie marciana, tamén coñecida como a canle ’nadir’.

O estudo do resplandor das atmosferas planetarias pode ofrecer moita información sobre a composición e a dinámica dunha atmosfera, e revelar como se deposita a enerxía da luz solar e do vento solar, a corrente de partículas cargadas procedente da nosa estrela.

Comprender as propiedades da atmosfera marciana non só ten interese científico, tamén é fundamental para operar as misións que que se enviarán a medio prazo ao Planeta Vermello. A densidade atmosférica, por exemplo, afecta directamente á resistencia experimentada polos satélites en órbita e polos paracaídas utilizados para pousar sondas na superficie marciana.

FONTE: abc.es/ciencia

#DígochoEu: Non digas *patucos

 

Os calcetíns de punto que se lles pon aos bebés non se chaman *patucos en galego Esther Estévez Casado danos a alternativa.

#DígochoEu

DE ONDE SAE A LETRA DO TEU DNI?

A letra do teu DNI, que en principio parece ser algo totalmente aleatorio non é máis que un díxito de control que se incluíu por razóns de seguridade. Se escribimos un DNI falso ou nos equivocamos ao poñer algún número, o máis probable é que a letra escrita non coincida coa que debería ser e así se detecta a falsidade do documento.

Ten unha orixe matemática e obtense por medio dunha sinxela operación. Queres saber como?

Para calcular a letra do DNI dividimos o número correspondente (os 8 díxitos sen letra) entre 23 e despois tomamos o resto da devandita división. Por exemplo, se o meu DNI é o 12345678 ao dividilo por 23 obtemos:

12345678 : 23 = 536768 e 14 de resto

Fixémonos nese resto.

Debido a que fixemos unha división por 23 o resto sempre será un número comprendido entre 0 e 22. A cada número de 0 a 22 fáiselle corresponder unha letra segundo a táboa seguinte:

Buscamos nesa táboa o noso resto, en concreto 14 e vemos que lle corresponde a letra Z.

Comprobao no teu DNI!

FONTE: Víctor Manero/abc.es/ciencia

#DígochoEu: Non confundas 'chan' e 'solo'

 

Chan’ e ’solo’ son dúas palabras correctas en galego, pero non sempre significan o mesmo! Esther Estévez Casado explícanos onde se diferencian.

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XLIII

 

VERTICAIS: 2. Augardente 2. Pota 4. Viño 5. Aquitara 7. Alambique.

HORIZONTAIS: 1. Bagazo 6. Destilaría 8. Licor.

Procesos e elementos da destilación!