Blogia

vgomez

CANTO SABES DE MONUMENTOS? V

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Ruínas de Petra. Trátase dun importante enclave arqueolóxico de Xordania, localizado entre as montañas que forman as estribacións orientais de Wadi Araba, nun gran val que vai desde o Mar Morto ata o Golfo de Aqaba. Foi unha cidade escavada e esculpida directamente na pedra e os seus restos máis soados son as construcións labradas na mesma rocha do val (hemispeos), os edificios coñecidos como o Khazneh (o Tesouro) e o Deir (o Mosteiro). Fundada no século VIII a. C, foi  redescubierta en 1812 polo explorador suízo Jean Louis Burckhardt.  

E imos co monumento de hoxe!

5. Que catro rostros aparecen no emblemático Monte Rushmore de Estados Unidos?

-Thomas Jefferson, George Washington, Theodore Roosevelt e Abraham Lincoln.

-Thomas Jefferson, George Washington, John Adams e Abraham Lincoln.

-Thomas Jefferson, George Washington, Franklin D. Roosevelt e Abraham Lincoln.

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

XESTO AMBIENTAL DO MES DE XULLO

 

Comprar unha botella de auga de plástico cada vez que ataque a sede supón xerar unha cantidade inxente de residuos ao cabo dun ano. Debido a que xullo é o mes no que aperta a calor (e talvez comecen as vacacións), podes proporte que a botella de auga reutilizable do traballo non quede sempre descansando na túa mesa.

Comprar un botello de auga na rúa non supón só xerar uns desperdicios innecesarios senón que, ademais, é moi probable que acabe nunha papeleira común e non nun caldeiro de reciclaxe. A maioría de localidades españolas contan con multitude de fontes públicas nas que encher a túa botella reutilizable ou mesmo beber da billa se sa esqueciches. Para levar a botella, podes recorrer a unha bolsa de tea e así evitas que se che esqueza en casa.

FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com

#DígochoEu: Non digas *aplastar

 

Esther Estévez Casado fálanos hoxe dun castelanismo que está pegado no galego e dun galeguismo que está tamén moi inserido no castelán.

#DígochoEu

CANTO SABES DE MONUMENTOS? IV

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: A Mesquita de Córdoba. O seu arquitecto é descoñecido, pero sábese que comezou a construírse como mesquita no ano 785  baixo o reinado de Abd al-Rahman I, coa apropiación e reutilización dos materiais da basílica hispanorromana de San Vicente Mártir, que se atopaba no seu lugar, polos conquistadores musulmáns. O edificio resultante foi obxecto de ampliacións durante o emirato de Córdoba e o califato de Córdoba. En 1238, logo da Reconquista cristiá da cidade, levouse a cabo a súa consagración como catedral da diocese coa ordenación episcopal do seu primeiro bispo, Lope de Fitero. O edificio contiña o cabido catedralicio da diocese de Córdoba, estando prohibido calquera culto colectivo ou rezo organizado non católico. En 1523, baixo a dirección dos arquitectos Hernán Ruiz, o vello e o seu fillo, construíuse a súa basílica cruciforme renacentista de estilo plateresco. Hai moi poucas edificacións no mundo que obtivesen a cualificación de “monumento verde” por, entre outras cousas, empregar exclusivamente enerxías renovables. Esta responsabilidade polo medio ambiente da Mesquita de Córdoba é só compartida por outros monumentos coñecidos como A Ponte da Torre de Londres (Reino Unido) ou a Torre Eiffel de París (Francia).

E imos co monumento de hoxe!

4. Este monumento do S. VIII a. C. está en Xordania. Saberías dicirnos cal é?

- Ruínas de Petra

- Templo de Abu Simbel

- Templo de Karnak

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

CANTO SABES DE MONUMENTOS? III

Continúo coa serie “Canto sabes de monumentos”, e esta é a solución a pregunta de onte: Kuala Lumpur (Malasia). Estas torres, situadas na capital de Malasia, foron os edificios máis altos do mundo entre 1998 e 2003. O que si ostentan é o primeiro lugar nas torres xemelgas máis altas do planeta. As torres  Petronas teñen unha altura de 452 metros e 88 pisos de formigón armado, aceiro e vidro. Contan con 78 ascensores e 32.000 xanelas entre ambas fachadas. Foron deseñadas plo arquitecto arxentino César Pelli e rematadas en 1998.

 E imos co monumento de hoxe!

3. Un destes edificios españois está cualificado como ’monumento verde’ e corresponde a imaxe superior. Cal deles é?

- O Real Alcázar de Sevilla

- A Mesquita de Córdoba

- A Sagrada Familia de Barcelona

Mañá a solución e un novo monumento!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es, gal.wikipedia.org

O CEO DO MES: XULLO 2020

A Eclipse penumbral (ou  Apulso) ocorre cando a Luna pasa a través da penumbra terrestre. A penumbra ocasiona un sutil escurecimiento na superficie lunar.

5 de xullo: Lúa Chea. Eclipse lunar penumbral (comezo 5:07, máximo 6:28)

13 de xullo: Cuarto Minguante

20 de xullo: Lúa Nova

27 de xullo: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Delta Acuáridas: do 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo o 30 de xullo. A súa orixe está no cometa 96 p-Machholz e o seu radiante na constelación de Acuario. Perseidas: do 17 de xullo ao 24 de agosto. Dado que a súa actividade máxima é no mes de agosto, falaremos delas no próximo mes.

#DígochoEu: Non digas *crujiente

 

En galego, as patacas fritas non están *crujientes. Esther Estévez Casado cóntanos que palabra usamos. 

#DígochoEu

O RUMBO OPTIMISTA

 

A neurociencia di que as ‘lentes de cor rosa’ acompáñannos desde que nacemos. Segundo a neurocientífica e profesora Tali Sharottemos a crenza de que o futuro será mellor, moito mellor que o pasado ou o presente”. Doutorada en Psicoloxía e Neurociencia na Universidade de Nova York, actualmente é profesora asociada de Neurociencia Cognitiva no departamento de Psicoloxía Experimental do University College de Londres, onde tamén dirixe o Laboratorio do Cerebro Afectivo. 

As innovadoras investigacións de Sharot integran a neurociencia, a economía do comportamento e a psicoloxía para estudar como a emoción inflúe nas crenzas, nas decisións que tomamos e mesmo nas interaccións sociais das persoas. Nos seus estudos descubriu que a nosa tendencia é ser optimistas: “o rumbo optimista está presente en case o 80 por cento da poboación”, asegura. E isto pode ser moi positivo: “reduce a nosa tensión e ansiedade, polo que é excelente para a nosa saúde mental e física”, asegura Sharot. Pero a investigadora tamén advirte: “se subestimamos os riscos, poderiamos non tomar suficientes precaucións”. 

Tali Sharot é autora das obras ‘The Optimism Bias’ e ‘The Science of Optimism’, polos que recibiu varios galardóns como o Premio da Sociedade Británica de Psicoloxía. Os seus experimentos e os achados na ciencia cognitiva contribuíron a unha maior comprensión da base biolóxica do optimismo. E a conclusión é clara: somos optimistas por natureza.