#DígochoEu: Non digas *caña
Alucina! En galego non podemos ir de *cañas porque *caña é incorrecto! Esther Estévez Casado danos a alternativa.
#DígochoEu
Alucina! En galego non podemos ir de *cañas porque *caña é incorrecto! Esther Estévez Casado danos a alternativa.
#DígochoEu
VERTICAIS: 2. Bebida alcohólica obtida ao destilar o bagazo ou outros produtos como froitas ou cereais, despois de fermentaren 2. Recipiente do alambique no que se coce o bagazo 4. Froito da vide 5. Aparello metálico usado para destilar, que se compón dunha caldeira da que sae un conduto polo que cae o produto da destilación 7. Outro nome que se lle dá ao aparello citado anteriormente
HORIZONTAIS: 1. Residuo de certos froitos como a uva ou a oliva, despois de espremelos e sacarlles o líquido 6. Factoría ou establecemento industrial onde se destila algo, en particular licores 8. Bebida alcohólica, doce e aromática, que contén alcohol, auga, azucre e distintas substancias.
Remato coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Espidroína. A glándula Ampulácea maior está situada no extremo do abdome do corpo da araña, e nela acumúlanse en altas concentracións as proteínas da seda. Segundo avanzan ao longo da glándula, as longas moléculas de espidroína organízanse ata formar un verdadeiro cristal líquido. Un pouco antes de chegar ao extremo da glándula, a pouca distancia da saída ao exterior, convértese bruscamente nunha fibra sólida e insoluble.

As fibras de seda de araña son moito máis resistente que un cable de aceiro de similar grosor e moitísimo máis elásticas, xa que pode estirarse ata o 135% da súa lonxitude orixinal sen romper. Esta seda tamén é tres veces máis resistente que as fibras sintéticas máis avanzadas que hoxe se coñecen, e ata o de agora non se logrou producir nada semellante.
Seguro que quedan moitas máis preguntas, pero serán para unha segunda parte.
Ata a próxima serie!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza e elmundo.es/ciencia Imaxe: eresciencia.com

Ao redor da costa de Australia fórmase un xigantesco sistema de correntes submarinas no inverno, que comunica as costas co interior do océano -/ Mahjabin et al., Scientific Reports, 2020
Os ríos non só están na superficie. Hai correntes subterráneas, como o impresionante «río» Hamza, un acuífero de miles de quilómetros de longo que descarga a súa auga ao océano catro quilómetros por baixo do río Amazonas. E baixo o xeo de Groenlandia e a Antártida existe un auténtico mundo perdido de ríos, lagos e canóns que non aparecen nos mapas pero cuxas correntes albergan formas de vida apenas coñecidas. Pero o noso descoñecemento vai mesmo máis aló.
Un estudo publicado en Scientific Reports informa do sorprendente achado do que parece ser o sistema de ríos submarinos máis grande de todo o planeta. Científicos da Universidade Occidental de Australia identificaron a existencia de importantes correntes que circulan sobre o fondo mariño, na plataforma continental fronte á costa australiana. Este fenómeno xa se estudou, pero só agora viuse a súa dimensión continental, ao estenderse ao redor de toda Australia. O seu nome é Dense Shelf Water Cascades (DSWC), algo así como fervenzas de plataforma de auga densa.
Segundo concluíron os investigadores, estes ríos fórmanse no inverno e son consecuencia do arrefriado da auga da superficie, fronte ás costas australianas. Cando este arrefriado ocorre, a auga faise máis densa e tende a mergullarse, fluíndo mar dentro sobre a plataforma continental grazas á acción da gravidade sobre a inclinada plataforma. Segundo os datos recolleitos, estas correntes esténdense ata distancias de 10.000 quilómetros da costa.
Ademais, este proceso non ocorre en zonas puntuais, senón en todo o perímetro de Australia. De feito, o arrefriado simultáneo de augas costeiras en todo Australia non fora documentado ata o de agora.
Como é de esperar, estas correntes teñen unha gran influencia sobre o transporte de nutrientes, materia animal e vexetal e polución mar dentro, o que fai pensar que os ríos submarinos teñen unha gran importancia globalmente.
Dado que estes ríos submarinos flúen baixo a superficie, non puideron ser observados por medio de satélites. O seu estudo só foi posible grazas a robots submarinos autónomos que permitiron obter unha inxente cantidade de información. En concreto, os robots levaron a cabo 126 misións entre os anos 2008 e 2019.
Proximamente, os investigadores tratarán de estudar a contribución destas correntes DSWC ao fluxo de nutrientes e fluxos bioxeoquímicos, ao unir as costas e o interior do océano.
FONTE: abc.es/ciencia
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Odonatos. Esta orde de insectos cunhas 6000 especies actuais, que inclúe formas tan coñecidas como as libélulas e os caballitos do diaño. Os adultos mostran un aspecto moi característico, cunha cabeza máis ancha que o resto do corpo, un abdome longo e delgado e catro ás membranosas transparentes. Viven asociados a ambientes acuáticos, que son necesarios para o desenvolvemento das súas ninfas (náyade), non tendo fase de pupa e por tanto a súa metamorfose é simple (hemimetabolía).
E imos coa pregunta de hoxe!

20. O proceso de creación da tea de arañas é realmente sorprendente, posto que as arañas posúen glándulas que se encargan da produción de seda, un material moi resistente composto de aminoácidos e dunha proteína denominada...
- Queratina
- Lignina
- Espidroína
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza e gal.wikipedia.org Imaxe: aranas.online
Nin *zanxar nin *solventar son palabras correctas en galego. Pero temos unhas cantas polas que as podemos substituír. Esther Estévez Casado dinos cales son.
#DígochoEu

Grilo no seu tobo / iStock.
Os grilos son unha familia de insectos ortópteros. Están emparentados cos saltóns, pero saltan menos que eles aínda que as súas patas estean adaptadas para iso. Como contrapartida, poden correr polo chan con rapidez.
O comportamento do grilo consiste en escavar un tobo no chan: unha galería que pode chegar a medir cincuenta centímetros. O tobo é un elemento moi importante para os grilos macho, non só pola protección que lles brinda; senón tamén porque é na súa entrada onde cantan para atraer ás femias.
Este descubrimento levouno a cabo investigadores da Universidade de Bristol, no Reino Unido. Os grilos machos utilizan o seu repetitivo canto para atraer ás súas potenciais parellas; ademais, canto máis enérxica é a troba, maior é o tamaño do grilo.
E, como realizan este característico “cri, cri”? Neste caso aos tenores non lles fai falta afinar a garganta: basta con fregar as súas ás facendo que produzan unha vibración resoante e intensa.
Aínda que esteamos afeitos escoitar o seu canto cada vez que saímos ao campo, é difícil establecer a localización dun grilo. A razón é que a lonxitude de onda do canto é similar á distancia que hai entre os dous oídos humanos. Pola súa banda, a femia capta este son grazas a que posúe unha especie de tímpanos, como a maioría de insectos da familia dos ortópteros.
O son serve para que as femias localicen aos machos e permítelles discernir se se trata dun individuo de gran tamaño. En certo xeito, a mensaxe que emiten é: "Estou aquí e son grande". Neste caso, o tamaño si importa porque os machos máis grandes son mellores á hora de buscar recursos na natureza.
Pero o canto non só depende do tamaño. Os grilos de árbore, diminutos, case transparentes e moi escasos, son capaces de cambiar o ton do seu canto coa temperatura.
Unha das especies, o Oecanthus henryi, canta cun agudo e renxente ton de 3,6 kilohercios (kHz) cando a temperatura é de 27 graos centígrados, mentres que ese mesmo canto convértese nun profundo grave de 2,3 kHz se a temperatura é de 18 graos.
Para máis datos: a medida que as ás destes insectos alónganse, a frecuencia e a amplitude dos diferentes modos de vibración achéganse e comezan a fusionarse entre si. A frecuencia do canto destes animais non está relacionada co seu tamaño, senón coa velocidade á que o grilo de árbore é capaz de mover as ás.
Debido a que se trata de animais de sangue fría, a temperatura inflúe na súa actividade, de modo que teñen máis enerxía e cantan máis rápido e cunha frecuencia máis alta a medida que a temperatura aumenta. Por tanto, o canto do grilo tamén contén información meteorolóxica: canto máis agudo é, máis calor fai.
FONTE: Elena Sanz/Laura Marcos/muyinteresante.es
Nin *taladro nin *taladrar son palabras correctas en galego! Esther Estévez Casado danos ás alternativas.
#DígochoEu