SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXXIV
Outra de variedades de patacas do noso país!
Outra de variedades de patacas do noso país!
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é XII. O Códice Calixtino (en latín, Codex Calixtinus; fl. c. 1160-1180) é un manuscrito de mediados do século XII que contén o máis antigo texto do Liber Sancti Iacobi (c. 1140). Consta de cinco libros e dous apéndices, cun total de 225 folios de pergamiño escritos polas dúas caras. O 5 de xullo de 2011, os arquiveiros da catedral de Santiago de Compostela botaron en falta a obra e denunciaron o roubo ás autoridades. O 4 de xullo de 2012 foi recuperado.
E imos coa pregunta de hoxe!

20. A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Nela 19 buques españois procedentes de A Habana, enfrontaronse a unha coalición anglo-holandesa de 49 barcos, dentro do contexto da guerra de Sucesión Española. Cal era o outro país que formou coalición con España e que protexia á flota española con 22 navíos?
- Portugal
- Italia
- Francia
Maná a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: vivecamino.com

Viñeta publicada hoxe, sábado, 7 de marzo, no xornal El País polo humorista gráfico El Roto (Andrés Rábago García - Madrid, 1947).
Realidade!
TURIA BINTJE ANNABELLE FLAMENCO
JAERLA FÉLIX ROOSTER VIVALDI
NAROGUE
Igual, preguntache algunha vez, cantas persoas hai en España que se chamen coma ti, ou cantas persoas teñen o teu apelido? Pois ben esta ferramenta do INE permíteche obter as respostas.
Eu fixen un simulacro cun nome, con perdón, un pouco curioso: CELEDONIO. Para ser curioso hai 2.042 homes con ise nome, iso si, a media de idade é relativamente alta. Tes tamén a distribución xeografica do nome.

Se estas interesado en aplicalo ao teu nome ou apelidos preme AQUÍ.
Por certo, se premes en GRÁFICO, verás a evolución do teu nome ou apelidos ao longo dos anos (<1930-2017).
FONTE: ine.es
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela, 1990). A Real Academia Galega adícalle iste ano o Día dás Letras Galegas a unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX, en especial pola súa contribución ao estudo da literatura galega, polo maxisterio que exerceu como primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o idioma galego, coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 do seu falecemento.
E imos coa pregunta de hoxe!

19. O Códice Calixtino é un manuscrito iluminado que reúne sermóns, himnos, milagres, relatos da translación do Apóstolo, textos litúrxicos e pezas musicais relacionados co Apóstolo Santiago. De que século data?
- X
- XI
-XII
- XIII
Maná a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: vivecamino.com
Continúo coa serie Canto sabes sobre Galicia, que pretende facer un percorrido sobre cousas que tod@s deberiamos de coñecer sobre a nosa Comunidade Autónoma. A resposta a pregunta do día anterior é Lugo. As Illas Farallóns son un pequeno arquipélago do concello de Cervo (Provincia de Lugo), situado na costa cantábrica de Galicia, que xa eran coñecidas como "Trileucos" no século II a. C. polos gregos. As tres illas (A Sombriaza, A Baixa e O Pé) que o conforman, suman en conxunto 6 hectáreas de terreo. A Sombriza, a maior das illas, ten unha extensión de 3’5 hectáreas. Son moi abruptas e rochosas, e unha delas presenta unha característica forma piramidal, moi elevada.
E imos coa pregunta de hoxe!

18. A quen se lle adica iste ano o Día das Letras Galegas?
- Xesús Rábade
- Francisco Taxes
- Anxo Rey Ballesteros
- Ricardo Carballo Calero
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal blog.galiciamola.es, portalgalicia.com e gal.wikipedia.org Imaxe: elblogdelmar.com
Seguro que máis dunha vez saltou a pregunta do número de habitantes do teu concello, parroquia ou pobo. Presentoche unha ferramenta do INE que che resolverá calquera dúbida. Aquí tes os resultados que fixen na procura do meu lugar de nacemento:

Como ves, tes unha perspectiva da evolución da poboación dende o ano 2000. No meu caso, un pobo do interior de Ourense, que se vai baleirando. Tamén permite saber o número de homes e mulleres.
Se queres aplicalo ao teu caso preme AQUÍ. Iso si, non debes escribir os arigos iniciais, por exemplo GUARDA, non A GUARDA. Diferencia tame parroquia de concello ou lugar. Por exemplo, non é o mesmo GUARDA (A) que SANTA MARIA P. Guarda (A).
FONTE: ine.es