Blogia

vgomez

BANDEIRAS DO MUNDO XXXVII

Esta é a bandeira de Nauru (República de Nauru/Ripublik Naoero ), un estado de Micronesia, situado no océano Pacífico central, que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. Conta cunha poboación que rolda os 11.000 habitantes e a súa capital é Yaren. Os idiomas oficiais son o nauruano e o inglés.

A bandeira é azul cunha delgada banda amarela que a divide horizontalmente en dúas partes iguais e que simboliza o Ecuador. Unha estrela grande de doce puntas do lado inferior esquerdo simboliza as doce tribos orixinais de Nauru. A posición da estrela simboliza a posición xeográfica da illa con respecto ao Ecuador, 42 quilómetros ao sur deste, e a súa cor, o branco, representa o fosfato, fonte de riqueza da illa.

FONTE: gal.wikipedia.org

MASIVA EXPLOSIÓN TERMONUCLEAR NO ESPAZO

O estalido puido ser provocado por un distante púlsar / NASA

Un equipo de investigadores da NASA conseguiu observar, na profundidade do espazo, unha "masiva explosión termonuclear". Un fenómeno violento e inesperado que  empequeñece a calquera explosión xerada polo home.

O "culpable" da intensa labarada podería ser, segundo a axencia espacial, un distante  púlsar, os restos dunha estrela que estoupou como supernova e que era demasiado pequena como para formar un buraco negro. O estalido puido ser detectado porque emitiu un intenso feixe de raios X, que foi recollido polos instrumentos do observatorio orbital NICER. O anuncio e a análise da titánica explosión, que en apenas 20 segundos emitiu a mesma cantidade de enerxía que o Sol en dez días, aparece este mes na revista The Astrophysical Journal Letters.

Aínda que non están do todo seguros, os astrónomos pensan que a explosión  termonuclear foi causada por helio que se afundiu baixo a superficie do púlsar e que se fusionou despois nunha bóla de carbono. En palabras do responsable do observatorio NICER, "despois, o helio entra nunha especie de erupción explosiva e desata unha bóla de lume termonuclear en toda a superficie do  púlsar". O fenómeno sérvenos de recordatorio sobre a enorme violencia e perigo que pode desatarse no espazo en calquera momento.

FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia

BANDEIRAS DO MUNDO XXXVI

Esta é a bandeira de Madagascar (República de Madagascar/Repoblikan’i Madagasikara), unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste de África, separada pola canle de Mozambique. Conta cunha poboación, estimada, de 18 millóns de habitantes, sendo a súa capital Antananarivo. Os idiomas oficiais son o malgache e o francés.

A bandeira consta de dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior vermella e inferior verde, e unha vertical no lado do hasta de cor branca. As cores representan a historia de Madagascar, o seu desexo de independencia e as súas clases tradicionais. O vermello e o branco eran as cores do Reino de Merina, que sucumbiu ante Francia en 1896. Eran empregados na bandeira da última monarca de Merina, a raíña Ranavalona III. Poden indicar as orixes étnicas do pobo malgaxe no Sueste Asiático. O verde era a cor dos Hova, a clase predominante de campesiños plebeos, que desempeñou un importante papel na axitación contra Francia e no movemento de independencia.

FONTE: gal.wikipedia.org

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECTA CAMUFLAXE XIII

Continúo con esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

13. Camaleón

 

O camaleón (unha familia, Chamaeleonidae, de pequeños saurópsidos (réptiles) escamosos) é probablemente a criatura máis famosa pola súa capacidade de camuflaxe pero o certo é que só algunhas especies de camaleón teñen a capacidade de cambiar de cor. Ademais, a pesar de que nos gusten os seus cambios de tons de pel, estes non responden a unha acción de camuflaxe senón que é a resposta da súa pel ao ambiente e a temperatura, e para indicar o seu estado de ánimo ou a intención de apareamiento.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

THE COMEDY WILDLIFE 2019

Home do espazo, do fotógrafo Roie Galitz

Ver a animais no seu hábitat natural é sempre unha escena fascinante. Observar como se relacionan, como conseguen os seus alimentos… e, por suposto, tamén ver como viven situacións en grao sumo cómicas. Porque si, os paxaros tamén discuten, os monos vaguean e mesmo os esquíos piden desexos. Estes son só algúns dos momentos aos que nos achega a quinta edición dos premios The Comedy Wildlife (A comedia na vida salvaxe), que premia aos fotógrafos que lograron captar as imaxes máis graciosas da natureza. Preme AQUÍ e podes ver a selección das mellores imaxes que chegaron á final.

FONTE: verne/elpaís.com

BANDEIRAS DO MUNDO XXXV

Esta é a bandeira de Lesoto (Reino de Lesoto/Muso oa Lesotho), un estado situado no sur de África e encravado dentro de Suráfrica, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia. Conta cunha poboación que rolda os 2 millóns de habitantes e a súa capital é Naseru. Os idiomas oficiais son o sesoto e inglés.

A bandeira está composta por tres franxas horizontais de cor azul, branca e verde cun chapeu tradicional da etnia basotho en cor negro situado no centro. O azul simboliza a chuvia fertilizante, o branco a paz e o verde a prosperidade. O negro do chapeu simboliza a unidade da nación.

FONTE: gal.wikipedia.org e comprar-banderas.com

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECTA CAMUFLAXE XII

Continúo con esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

12. Peixe leopardo

O peixe leopardo (Bothus pantherinus), atópase entre augas pouco profundas, areosas e con lodo, próximas a arrecifes. Este linguado é xeralmente de tons marróns cun moteado de manchas escuras e brancas que se asemellan á superficie pola que transita este peixe.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECTA CAMUFLAXE XI

Continúo co esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

11. Guepardo

O guepardo (Acinoyx jubatus) é o animal terrestre máis rápido do mundo (conseguindo acadar por riba dos 110 km/h en carreiras curtas),  e ademais da súa gran velocidade, ten outra potente arma, a camuflaxe. Grazas á súa pelame  moteada, estes animais ocúltanse na natureza e consegue xogar co factor sorpresa á hora de cazar. Estas características convértenlle nun animal letal.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es