Blogia

vgomez

SORTEO DE NADAL 2019

 

Iste ano o anuncio da Lotería de Nadal de 2019 son catro no canto dunha longametraxe. Catro historias cotiás e sinxelas que apelan á emoción do espectador a través da unión xurdida a través de compartir a lotería coa xente máis próxima.

Seguro que cada un de nós identificámonos cunha desas historias. A cal máis mellor!

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECTA CAMUFLAXE VIII

Continúo co esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

8. Víbora de Peringuey

A  víbora de Peringuey (Bitis peringueyi) habita en zonas desérticas de África e o suroeste de Asia. Esta serpe ten a particularidade de reptar pola area facilmente empregando un movemento lateral. A súa facilidade para esconderse entre a area, así como as súas cores, fai que resulte case imposible vela.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO XXXI

 

Esta é a bandeira de Honduras (República de Honduras), un país de América Central. Conta cunha poboación que rolda os 9 millóns de habitantes, sendo a súa capital Teguacigalpa. O idioma oficial é o español.

A bandeira consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor azul (azul  turquesa) as exteriores e branca a central. No centro, dentro da franxa branca, figuran cinco estrellas azuis (turquesa) que simbolizan aos cinco países que formaron a antiga federación centroamericana e o ideal da unión de Centroamérica. As franxas azuis simbolizan o ceo hondureño, os xenerosos ideais e o amor fraternal que os une do mesmo xeito que a xustiza, a lealdade, a fraternidade, a fortaleza, a dozura, o valor, o océano Atlántico e o océano Pacífico que bañan as costas do leste e o oeste do país, respectivamente, do mesmo xeito que as de Centroamérica. A franxa branca simboliza a meta onde deben dirixirse as boas accións do patriotismo nacional, a pureza, a integridade, a fe, a obediencia, a paz, a firmeza, a vixilancia, a bondade e a nación.

FONTE: wikipedia.org

A NASA ABRE UN VIAL DE MOSTRAS DA LÚA QUE LEVABA MÁIS DE 50 ANOS PECHADO

Dous escaneos de raios X da mostra analizada. A de abaixo feita en 1974 e a de arriba esta semana, coa tecnoloxía actual / NASA

Investigadores da NASA abriron unha mostra de chan lunar ou regolito recollida pola tripulación do Apolo 17 e que levaba máis de 50 anos pechada, tal como informaron a axencia espacial nun comunicado. A apertura está dirixida a poñer en práctica as técnicas que se empregarán nas misións do programa Artemis, que pretende enviar astronautas á Lúa a partir de 2024.

A proba abriuse o pasado día 5 de novembro no Centro Espacial Johnson, en Houston (EEUU). Foi orixinalmente recollida polos astronautas Gene Cernan e Jack Schmitt, os últimos en pisar a superficie lunar, e introducida nun cilindro de catro centímetros de diámetro.

A apertura realizouse dentro da iniciativa de Análise de Nova Xeración de Mostras de Apolo (ANGSA), que pretende analizar coas técnicas actuais máis avanzadas algunhas das antigas mostras.

Empregaranse técnicas de imaxe tridimensional, espectroscopía de masas e microtomía de ultra-alta resolución, para estudar o  regolito lunar cun nivel de refinamento sen precedentes. No seu día foron recollidas no cráter Lara, e caracterízanse por ser parte dunha testemuña que contén información sobre a estrutura vertical do chan lunar, os esvaramentos de terra e sobre a presenza de compostos volátiles atrapados.

FONTE: abc.es/ciencia

SER GALEGOS MOLA!

 

Coma nos últimos anos, Supermercados Gadis, tráenos o seu anuncio VIVAMOS COMO GALEGOS, neste caso SER GALEGOS MOLA!.

Superándose cada ano!

ANIMAIS MIMÉTICOS: A PERFECTA CAMUFLAXE VII

Continúo co esta serie adicada ao mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

7. Dragóm de mar foliáceo

O dragón de mar foliáceo (Phycodurus eques) é un peixe mariño e parente dos cabaliños de mar. É orixinario das costas sur e oeste de Australia. Recibe o seu nome debido ás súas longas prolongacións en forma de folla cuxa principal función é a da camuflaxe. Propúlsase mediante unha aleta pectoral situada no fío do pescozo e unha aleta dorsal próxima ao extremo da cola. Estas son practicamente transparentes e difíciles de ver posto que ondulan o xusto como para mover ao animal suavemente, dando a impresión do animal como un alga flotante.

Continuará!

FONTE: Sarah Romero e María Moya/muyinteresante.es

BANDEIRAS DO MUNDO XXX

Esta é a bandeira de Gambia (República de Gambia/Republic of the Gambia), un país da África occidental. Conta cunha poboación que rolda os 1,9 millóns de habitantes, sendo a súa capital Banjul. O idioma oficial é o inglés, convivindo co mandingo, fula, wólof, jola e soninké.​

A bandeira consiste en tres barras horizontais de cor vermella, azul e verde. As cores están separadas por franxas brancas. O vermello na parte superior simboliza o sol e a sabana. No centro, a color azul representa o río Gambia que cruza a nación. O verde simboliza a terra e os bosques. As franxas brancas representan a paz.

FONTE: gal.wikipedia.org

DESCOBRE O LIBRO QUE CAMBIARÁ A TÚA VIDA

 

Tiven cancro dos 14 aos 24 anos e perdín unha perna, un pulmón e un anaco de fígado, pero fun feliz”. Albert Espinosa é escritor, guionista, actor e director de cinema, pero por encima de todo, é alguén capaz de compartir unha mensaxe esperanzadora sobre o cancro infantil e xuvenil. Vendeu máis de tres millóns de libros en 42 países, con títulos como ‘O mundo amarelo’, ‘O que che direi cando te volva ver’, ‘O mundo azul. Ama o teu caos’, ’Se ti me dis ven déixoo todo… pero dime ven’, ou o máis recente ‘O mellor de ir é volver’.

Coa súa película ‘Planta 4ª’, dirixida por Antonio Mercero, estivo nomeado ao Premio Goya, e a serie televisiva ‘Pulseiras vermellas’, gañadora de dous premios Emmy, conseguiu facer  viral a súa historia e a dos seus compañeiros de hospital máis aló das nosas fronteiras, chegando a emocionar a Steven Spielberg, que se encargou da versión estadounidense.

A miña nai hospitalaria tiña 92 anos e era de Zaragoza. Colleunos a todos os rapaces que tiñamos cancro e deunos un berro de guerra: ‘Non somos coxos, somos coxonudos!’, que nos encantaba. Ela ensinounos que non existe a felicidade, senón ser feliz cada día. Tiña esa forza, esa enerxía, de facerme crer que todo era posible”. Sempre co humor e a tenrura de fondo, Albert Espinosa decidiu retirarse dos focos para dedicar o seu tempo para escribir novos libros, unha serie e outra película, ler e gozar da vida. Este é o seu legado.