SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XXII
VERTICAIS: 1. Orquite 3. Malaria 7. Impetixe 8. Dispepsia
HORIZONTAIS: 2. Bronquite 4. Ataxia 5. Lumbago 6. Gripe 9. Narcolepsia 10. Epilepsia
Enfermidades!
VERTICAIS: 1. Orquite 3. Malaria 7. Impetixe 8. Dispepsia
HORIZONTAIS: 2. Bronquite 4. Ataxia 5. Lumbago 6. Gripe 9. Narcolepsia 10. Epilepsia
Enfermidades!

VERTICAIS: 1. Inflamación dun ou dos dous testículos 3. Enfermidade parasitaria propia das zonas tropicais, causada por un protozoo que se transmite pola picadura de certos mosquitos, que se caracteriza fundamentalmente por febres intermitentes e anemia 7. Enfermidade cutánea de orixe bacteriana, que se caracteriza pola aparición de vesículas e pústulas que rompen formando bostelas de cor amarela que ao caer non deixan cicatriz 8. Trastorno da dixestión, xeralmente de carácter crónico.
HORIZONTAIS: 2. Inflamación da mucosa dos bronquios 4. Falta de coordinación nos movementos voluntarios, conservando a forza muscular 5. Dor forte no lombo, na zona dos riles, debido a un movemento brusco, á reuma etc. 6. Doenza infecciosa respiratoria, de orixe vírica, caracterizada por febre, tose, malestar, inflamación das mucosas respiratorias etc. 9. Estado morboso que se caracteriza por un desexo incontrolable de durmir ou por accesos de sono repentinos que se producen a intervalos 10. Doenza nerviosa caracterizada por fortes convulsións acompañadas frecuentemente de perda do coñecemento.
Mañá a solución!
VERTICAIS: 1. Pandeireta 2. Bomgo 3. Carraca 5. Bombo 8. Triángulo 10. Caixa
HORIZONTAIS: 4. Conga 6. Castañola 7. Címbalo 9. Maraca 11. Pandeiro 12. Gong
Todos, instrumentos de percusión!
VERTICAIS: 1. Pandeiro pequeno e redondo con ferreñas, que se toca movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra 2. Instrumento membranófono conformado por un xogo de dous tambores pequenos feitos de madeira lixeiramente troncocónicos, un máis pequeno que o outro, unidos por unha peza de madeira. As súas bocas superiores (as de diámetro maior) están cubertas por coiro solído que se percute coas mans, para o que se debe colocar entre os xeonllos, sentado 3. Instrumento de madeira consistente nunha caixa resoante cunha roda dentada no interior que, ao facela virar cun mango, prolongación do eixe, sobre unha ou máis láminas, produce un ruído seco, repetitivo e monótono 5. Instrumento musical, formado por unha caixa redonda coas bases de pel, que se toca batendo nelas cunhas mazas 8. Instrumento musical de percusión, formado por un triángulo de metal que se golpea con outro metal e que tamén se coñece como ferriños 10. Instrumento musical de percusión en forma de cilindro cuberto por unha pelica moi tensa contra a que se bate cuns paus.
HORIZONTAIS: 4. Instrumento membranófono de percusión de raíces africanas, que foi desenvolto en Cuba, feito a partir dun tronco sólido baleirado e cunha pel cravada sobre a abertura dun extremo e que se toca coas mans 6. Instrumento musical popular formado por dúas pezas de madeira, cóncavas por un lado e convexas por outro, de perfil arredondado e cunha parte saínte onde levan uns cordóns cos que se suxeitan á man, que se toca batendo repetidamente as dúas pezas 7. Instrumento de percusión consistente en dous discos cóncavos de metal, que producen un son ao facelos chocar un contra o outro ou ao seren percutidos con baquetas 9. Instrumento musical de orixe suramericana, consistente nunha bóla oca cun pequeno mango e chea de pequenos grans duros, que soa coma un axóuxere ao ser axitada 11. Instrumento musical de percusión composto por un arco de madeira en forma de rectángulo sobre o que se suxeita unha pel estirada, que se toca golpeándoo coas mans, os cotenos etc 12. Instrumento de percusión de orixe oriental que consiste nun disco metálico pendurado verticalmente que, ao ser golpeado, vibra producindo un son semellante ao dunha campá.
VERTICAIS: 1. Guitarra 2. Zanfona 3. Violoncello 6. Contrabaixo 7. Viola
HORIZONTAIS: 4. Lira 5. Clavecín 8. Cítara 9. Laúde 10. Arpa 11. Violín 12. Mandolina
Todos, instrumentos de corda!
VERTICAIS: 1. Instrumento músico de corda cunha caixa de madeira en forma oval, máis estreita no centro e cun orificio por riba do cal pasan as seis cordas que se suxeitan e se tensan no extremo do mastro 2. Instrumento musical de corda con teclado, que funciona mediante unha manivela que fai xirar un disco de madeira impregnado en resina que ao fretar as cordas produce o son 3. Instrumento musical de corda, máis grande ca o violín e que dá notas máis graves 6. Instrumento musical de tres ou catro cordas o máis grande e de son máis grave dos que se tocan con arco e que se pode tocar tamén cos dedos 7. Instrumento musical de corda semellante ao violín pero un pouco máis grande ca este.
HORIZONTAIS: 4. Instrumento musical usado polos antigos, semellante a unha arpa pequena en forma de U 5. Instrumento músico de cordas que vibran e producen o son ao seren punteadas por plectros accionados por un teclado 8. Instrumento musical antigo semellante á lira, pero máis perfeccionado, formado por un número de cordas que oscila entre cinco e once que van suxeitas a unha caixa de madeira rematada en dous brazos 9. Instrumento músico de corda coa caixa de resonancia en forma de media pera, que se toca punteando as cordas, que poden ser sete, trece ou vinte e unha 10. Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical, que se tocan cos dedos das dúas mans 11. Instrumento musical de madeira dotado de catro cordas, que se toca fretando estas cun arco e que se coloca entre o ombreiro esquerdo e o queixo 12. Instrumento musical de corda coa caixa de resonancia en forma de media pera, brazo curto e catro pares de cordas que se toca percutindo estas cunha puga.
VERTICAIS: 1. Frauta 3. Trompeta 4. Bombardino 6. Fagot 9. Harmónica
HORIZONTAIS: 2. Clarinete 5. Saxofón 7. Tuba 8. Óboe 10. Trompa 11. Trombón 12. Acordeón
Todos, instrumentos de vento!
VERTICAIS: 1. Instrumento musical de vento formado por un tubo oco con varios buratos 3. Instrumento de vento que consiste nun tubo metálico, polo xeral dobrado dúas veces sobre si mesmo, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha boca parecida a un embude e que está dotado de tres válvulas que se premen para conseguir diferentes notas 4. Instrumento de vento, de metal e tubo curvado, moi semellante á tuba 6. Instrumento músico de vento, formado por un longo tubo de madeira con chaves e furados, que se toca por unha embocadura que vai no cabo dun pequeno tubo curvado, con dobre palleta de cana 9. Instrumento musical de vento, consistente nunha especie de caixiña provista dunhas lingüetas vibrantes, que soa ao facelo escorregar sobre os labios, soprando ou aspirando a través da serie de orificios que ten nunha das caras.
HORIZONTAIS: 2. Instrumento músico de vento, con palleta sinxela na embocadura, e dunha soa cana de diámetro similar en toda a súa lonxitude e acabada en campá 5. Instrumento musical de vento formado por un tubo de metal en forma de cono, curvado coma un u 7. Instrumento de vento provisto de pistóns, que consta dun tubo cónico curvado en varias voltas e unha embocadura, e que emite as notas máis baixas, equivalentes ás do contrabaixo 8. Instrumento músico de vento formado por un tubo de madeira dividido en tres partes, con seis furados, dez chaves e dobre palleta, que emite un son semellante ao do clarinete 10. Instrumento de vento formado por un tubo metálico enroscado en espiral, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha forma parecida a un embude 11. Instrumento de vento semellante á trompeta pero de maior tamaño 12. Instrumento musical de vento formado por un fol, que se estende e contrae, e dúas caixas, unha a cada extremo do fol, cunha serie de teclas correspondentes aos sons que emiten.