Blogia
vgomez

A PENSAR

MATES PARA PENSAR (IX)

MATES PARA PENSAR (IX)

 

Solución ao problema do día anterior: 160 metros. 160 metros é 80 máis a metade de 160.

E imos coa proposta de hoxe:

Hai 165 ovellas e 5 cans nun rabaño, cantos anos ten o pastor?

Posibles soluciones:

-      30 anos

-      Non se pode saber con istes datos

-      33 anos

-      25 anos

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

MATES PARA PENSAR (VIII)

MATES PARA PENSAR (VIII)

Nonstro do lago Ness / Imaxe:listas.eleconomista.es 

Solución ao problema do día anterior: 40cm e 4,5km. 2 centímetros son un quilómetro, por tanto 40 centímetros son 20 quilómetros. E como 1 centímetro será medio quilómetro, 9 centímetros no mapa son 4,5 quilómetros.

E imos coa proposta de hoxe:

O monstro do lago Ness mide 80 metros máis a metade do que mide, canto mide o monstro do lago Ness?

Posibles solución:

-      Non se pode calcular, faltan datos

-      80 metros

-      160 metros

-      120 metros

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

MATES DE PENSAR (VII)

MATES DE PENSAR (VII)

Plano a escala / Imaxe:es.slideshare.net 

Solución ao problema do día anterior: 4 horas e 45 minutos. Pasando todo a horas: 1,5 + 0,75 + 2,5 = 4,75 horas. É dicir, catro horas e tres cuartos.

E imos coa proposta de hoxe:

O meu plano está a escala 1:50000 (dous centímetros son un quilómetro) Canto representaría no meu plano unha ruta que na realidade é de 20 quilómetros? Canto será no mundo real unha ruta que no plano son 9 centímetros?

Posibles solucións:

-      Ningunha é correcta

-      4cm e 4km

-      40cm e 4,5km

-      40km e 45cm

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

MATES DE PENSAR (VI)

MATES DE PENSAR (VI)

Solución ao problema do día anterior: 20%. Imaxina que o produto valía 100 euros antes da subida; logo valerá 125 (unha subida do 25%). Para que volva valer 100 hai que rebaixalo 25, que son un 20% do seu novo prezo (a quinta parte de 125).

E imos coa proposta de hoxe:

Teño que viaxar en autobús durante 1,5 horas e logo esperar 45 minutos ata tomar un tren que me deixará no meu destino dúas horas e media despois. Canto dura o meu traxecto?

Posibles solucións:

-      5 horas e cuarto

-      4 horas e media

-      4 hores e tres cuartos

-      260 minutos

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

MATES DE PENSAR (V)

MATES DE PENSAR (V)

Cartel de rebaixas / Imaxe: eladizcompostela.wordpress.com 

Solución ao problema do día anterior: 1/12. Imaxina un ducia de ovos: 4 son a súa terceira parte. A cuarta parte de 4 é un único ovo que é, por tanto, un doceavo.

E imos coa proposta de hoxe:

Canto haberá que rebaixar un produto para que valla o mesmo que valía antes de que incrementase un 25% o seu prezo?

Posibles solución:

-      75%

-      25%

-      Depende do prezo que tivese antes da subida

-      20%

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

MATES DE PENSAR (IV)

MATES DE PENSAR (IV)

Fracciones / Imaxe:matematicasmodernas.com 

Solución ao problema do día anterior: 65 céntimos. O boli custa 65 céntimos e o lapis custa 35 (30 menos)

E imos coa proposta de hoxe:

Canto é a cuarta parte da terceira parte?

Posibles solucións:

-      1/12

-      3/4

-      A parte contratante da terceira parte

-      1/7

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

MATES DE PENSAR (III)

MATES DE PENSAR (III)

Lapis e bolígrafo / Imaxe: claravarela.com

Solución ao problema do día anterior: 40 lazos. Cada metro de cinta dáme para dous paquetes (1 metro= 2x50 centímetros). Se teño 20 metros, poderei facer 40 lazos. Esta é unha forma de ver por que dividir por 0,5 resulta igual que multiplicar por 2.

E imos coa proposta de hoxe:

Se compro un bolígrafo e un lapis cóbranme 1€. Se o bolígrafo custa 30 céntimos máis que o lapis, canto custa o bolígrafo?

Posibles solución:

-      65 céntimos

-      0,35 €

-      70 céntimos

-      Faltan datos

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es

MATES DE PENSAR (II)

MATES DE PENSAR (II)

Caixas con lazos vermellos / Imaxe: es.123rf.com

Solución ao problema do día anterior: 129. En cada partido elimínase a un xogador (128 xogadores eliminados máis o gañador).

E imos coa proposta de hoxe:

Teño 20 metros de cinta vermella para facer lazos nuns paquetes de agasallo idénticos. Para cada lazo necesito 50 centímetros de cinta. Cantos lazos podo facer?

Posibles solucións:

-      70 lazos

-      100 lazos

-      40 lazos

-      30 lazos

Mañá a solución!

FONTE: JoseÁngel Murcia/verne/elpais.es