Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

MITOS QUE SEGUIMOS CRENDO: "TEMOS CINCO SENTIDOS"

MITOS QUE SEGUIMOS CRENDO: "TEMOS CINCO SENTIDOS"

Cinco sentidos tradicionais / Imaxe:redinnova.com

Á parte dos cinco sentidos tradicionais que xa catalogou Aristóteles, temos uns cantos máis: entre 9 e 20, dependendo da definición que usemos. Estes inclúen a propiocepción, que nos permite saber onde están as diferentes partes do noso corpo, os sensores de temperatura (termocepción), da dor (nocicepción) e mesmo o sentido do equilibrio. Algúns apuntan que o máis doado é dividilos en tres grupos: mecánicos (tacto, oído e propiocepción), químicos (gusto, olfacto e os sentidos internos) e a luz.

FONTE: Xornal El País/Verne

O HORARIO ESPAÑOL

O HORARIO ESPAÑOL

Dierentes horarios no mundo / multiclock.softonic.com

Un fuso horario é unha das 24 áreas imaxinarias nas que se divide a Terra con respecto ao meridiano que se toma de referencia, o de Greenwich ,ou meridiano cero, situado en Londres, chamado tamén Tempo Universal Coordinado (UTC).

Polo tanto, cada 15º ao Leste é unha hora máis e cada 15º ao Oeste é unha hora menos. Todas as rexións que se encontran nun mesmo meridiano teñen un horario similar, e estas franxas establécense de norte a sur.

Por que entón España e Portugal que están no memo fuso horario temos horas distintas? Pois moi sinxelo, Franco adiantou unha hora os reloxos españois para estar en sintonía coa hora de Alemaña, polo que ata 1940 os reloxos de España marcaban unha hora menos que a actual e viviran acordes ao horario do meridiano cero. Por este motivo os españois temos unha hora máis que Portugal estando no mesmo fuso horario. España vai unha hora por diante do tempo solar en inverno e dúas horas durante o verán. Ademais, somos os únicos europeos que vivimos coa hora desaxustada con respecto ás horas de luz e de escuridade.

E Canarias? Eles si que teñen a hora de Portugal e Londres! A razón, un Real Decreto do 11 de febreiro de 1922 no que se estableceu que o servizo dos gobernos civil e militar, tribunais, correos, telégrafos, liñas de vapores e demais transportes e oficinas públicas se regulasen conforme ao tempo solar medio correspondente ao seu fuso horario, ou sexa, cunha hora de atraso en relación coa penínsular.

Non merecería unha modificación xa?

FONTE: Xornal abc/ciencia

AS TESOIRAS, ESE PEQUENO GRANDE INVENTO

AS TESOIRAS, ESE PEQUENO GRANDE INVENTO

Colección de tesoiras que se utilizan nun hogar do sécuño XXI / Becky Stern

Hoxe existen en todas as formas e tamaños, para zurdos e mesmo para manexar cos pés. Están presentes na mitoloxía e na superstición: Átropos, a Moira, utilizábaas para cortar o fío da vida dos mortais, e nalgunhas culturas coidase que regalalas trae mala sorte. Hai quen nunca as deixaría abertas; pero o que talvez moitos ignoran é que, ao cortar as uñas ou abrir un paquete, están a facer uso dunha das tecnoloxías máis antigas inventadas polo ser humano; tanto que a súa verdadeira orixe, en palabras do químico e historiador da tecnoloxía Aaron N. Shugar, da Universidade Estatal de Nova York en Búfalo (EE. UU.), "parece estar perdido no veo da historia".

De feito, infinidade de recensións sobre a orixe das tesoiras están equivocadas: non foron inventadas por Leonardo dá Vinci, xa que historicamente aparecen en tempos moi anteriores ao xenio florentino. Pero segundo os expertos, tampouco existen probas de que xurdisen no antigo Exipto cara ao ano 1500 antes da nosa era, como sosteñen moitas webs populares e mesmo a Wikipedia.

Antes de adoptar a súa forma actual, as tesoiras naceron como pequenas cisallas, unha soa peza de bronce en forma de U con ambos os dous extremos afiados para cortar coa presión da man. Segundo a arqueóloga téxtil Gillian Vogelsang-Eastwood, "as tesoiras non se desenvolveron ata aproximadamente o século I d. C., e non hai probas para suxerir que os antigos exipcios as utilizaban. De forma similar, as cisallas non apareceron en Exipto ata o período Tolemaico [desde o 305 a. C.], ou posiblemente incluso o período romano”.

BBVA-OpenMind-pequeños-grandes-inventos-las-tijeras

Tesoiras (séculos III-I a.C) atopadas no oppidum de Manching (Alemania)/Andreas Franzkowiak

Vogelsang-Eastwood apóiase nos estudos do eminente exiptólogo da era vitoriana Sir Flinders Petrie, quen en 1918 escribía na revista Scientific American: "O mundo arranxouse sen cisallas durante moitas eras, cortándose a tea cun coitelo de folla redondeada. Cara ao 400 a. C. o xenio mecánico de Italia inventou as cisallas, que en dous ou tres séculos máis se axustaron aos dedos, e así comezaron as tesoiras". Non obstante, investigacións máis recentes atribúenlles unha orixe anterior; pero non en Exipto, senón en Oriente Próximo. O traballo publicado en 1995 polo arqueólogo francés Jean-Claude Margueron na revista The Biblical Archaeologist incluía as tesoiras entre os obxectos achados na antiga cidade de Emar (hoxe en Sirya), datados no século XIV antes da nosa era. Pola súa banda,Shugar apunta que unhas cisallas de ferro aparecían mencionadas por primeira vez nunha taboíña de arxila neobabilónica do século VI a. C.: "Así, parece que as cisallas, dalgunha forma, puideron orixinarse no Oriente Próximo, pero os autores non teñen coñecemento de obxectos arqueolóxicos existentes".

A forma actual, dúas pezas unidas por un parafuso, apareceu en Roma no primeiro século da nosa era, e pouco despois empeza a documentarse a súa presenza en todo o mundo, dende occidente ata China. Segundo o libro de Wiss, unha das primeiras referencias escritas corresponde a San Isidoro de Sevilla, no século VI, que describía as tesoiras de follas cruzadas cun pivote central como instrumentos do barbeiro e o xastre. Durante a Idade Media e en épocas posteriores eran obxectos de artesanía fina que unían á súa utilidade unha factura preciosista: as hastas moldeábanse con formas de animais, de castelos ou mesmo de pernas de muller, asJambes deas Princesses que, segundo o libro de Wiss, facían estrago na Francia do século XVIII.

Pasaron moitos anos dende que Jacob Wiss, fundador da casa que leva o seu nome, utilizara un can San Bernardo correndo nunha roda para mover a súa maquinaria. Hoxe ao aceiro uníronse a outros materiais como o titanio ou o carburo de tungsteno, e a fabricación de tesoiras automatizouse. Pero hai algo que non cambiou: as tesoiras seguen manexándose hoxe exactamente igual que hai case 2.000 anos. Cando as utilizamos, estamos a practicar un xesto que a humanidade leva repetindo case dende que existe a historia.

FONTE: Javier Yañes/Xornal El País

A NASA GRAVA UN OVNI CERCA DA ISS

 

Esta gravación difundida pola NASA hai xa algúns meses podería ser digna de horas de debate na mesa de Cuarto Milenio. As imaxes falan por si soas: un estraño obxecto voador non identificado foi captado polas cámaras da Estación Espacial Internacional nun vídeo publicado pola administración estadounidense. Pero nesta ocasión, á organización resultaralle un pouco máis complicado facer crer que se trata de lixo espacial.

O usuario de Youtube Streetcap1, experto en temas conspiratorios e avistamentos de ovnis, volveu a cargar contra a NASA, recollendo na súa canle un novo vídeo no que se avista un destes estraños obxectos espaciais: “Durante un período no que a cámara se move uns dous minutos, a NASA captou un obxecto distante en cor ouro e rosa... necesitamos, para empezar, que as cámaras da Estación Espacial Internacional empezan a investigar o exterior e a NASA deixe de tratar á humanidade como a nenos”.

As polémicas imaxes incendiaron a rede e moitas páxinas expertas no fenómeno ovni non dubidaron á hora de afirmar que se trata dun novo avistamento real que supón un novo contacto con vida extraterrestre, tal e como informa o xornal británico Daily Express. Algúns tamén acusaron a Streetcap1 de intentar enganar á xente con material falso, pero el sostén que a súa gravación provén directamente da emisión realizada pola axencia estadounidense.

O editor da revista UFO e buscador de vida extraterrestre decidiu seguir cargando contra a NASA, afirmando en ton irónico que lle encanta como a cámara da ISS vira casualmente á dereita, enfoca ao OVNI e despois continúa o seu camiño coma se nada. Dubida que os tripulantes da Estación Espacial Internacional e os seus responsables descoñezan a existencia doutro tipo de vida máis aló da terreal. “Eles están no espazo profundo e aprecian continuamente a terra e todo o que a rodea, como poderían non ter visto o obxecto luminoso? Claro que o fixeron, simplemente non queren que a xente os vexa”.

O vídeo xa superou as 50.000 visitas e moitos usuarios non puideron resistirse a expresar as súas opinións sobre o posible avistamento.

A polémica está servida!

FONTE: Xornal La Voz de Galicia/Sociedade

A CARA OCULTA DA LÚA

 

"Épica". Non se lle ocorreu un adxectivo mellor á NASA para describir a última imaxe obtida polo satélite Deep Space Climate Observatory (DSCOVR). Trátase dunha serie de fotografías única, xa que se pode apreciar completamente iluminada a cara oculta da Lúa, a zona que nunca se pode observar dende a Terra.

A escena fotografouse grazas á Cámara de Imaxes Policromáticas da Terra (EPIC) de catro megapixeis CCD instalada no satélite (DSCOVR) que orbita a máis dun millón de quilómetros da Terra. Estas incribles imaxes foron tomadas o pasado 16 de xullo durante un intervalo de case catro horas. Nese instante a Lúa «sobrevoaba» o Océano Pacífico preto de América do Norte. Pódese apreciar o Polo Norte na parte superior esquerda da imaxe, o que reflicte a inclinación orbital da Terra dende o punto de vista do satélite.

O equipo formado por este satélite e a cámara EPIC está constantemente observando a parte iluminada da Terra acompañándoa no seu movemento de rotación, de tal maneira que os científicos poden controlar o ozono, a vexetación, a altura das nubes e os aerosois na atmosfera. Deste modo, o sistema ofrecerá aos científicos unha serie de imaxes que lles permitirán estudar as variacións destes niveis ao longo de todo o día.

A sonda automática soviética Lúa 3 fotografouna por primeira vez o día 7 de outubro de 1959. Por certo a imaxe non era tan nítida.

FONTE: Xornal abc/ciencia

A CANLE DE SUEZ

A CANLE DE SUEZ

Ampliación do cana de Suez / Imaxe: Xornal El País

O pasado xoves, día 6, inagurouse a ampliación da Canle de Suez, a conexión marítima máis curta entre Asia e Europa, que concentra o 8% do tráfico marítimo mundial. Coa nova ampliación pretende competir con outras rutas marítimas como a que atravesa a Canle de Panamá.

A nova ampliación engade á vía de navegación unha canle paralela de 35 quilómetros. Nesta obra invertíronse 7.900 millóns de euros, traballaron 41.000 obreiros as 24 horas do día, 7 días á semana, durante 1 ano, movendo 250 millóns de m3 de solo (o equivalente a 100 pirámides).

Na parte negativa estímase que 800 familias foron desaloxadas, demolidas as súas vivendas e plantacións agrícolas polo Goberno nos pobos de Qantara Sharq e Abtal para executar o proxecto.

Pero a Canle de Suez ten moita historia, que a podes coñecer no vídeo da parte superior.

A ÁRBORE DAS 40 FROITAS

 

O profesor da Universidade de Syracusa (Nova York, Estados Unidos) e artista, Sam Van Aken, usou unha antiga técnica de enxerto, pola cal creou árbores que poden dar máis de 40 tipos diferentes de froitas de óso, incluíndo melocotóns, nectarinas, albaricoques e améndoas.

En primavera, do coñecido como “Árbore das 40 froitas”, xermolan froitos rosas e púrpuras. No verán, comezan a xermolar froitos de todos tipos.

En concreto, o proceso de enxerto require de importantes dósis de pacienciae implica cortar un parte dunha rama cun brote proveniente dunha das variedades na que esteamos interesados, e inxerila dentro dunha fenda da denominada “árbore de traballo”. O que se faría envolvéndoo cunha fita adhesiva ata que cicatrice e comece a dar brotes, e medrar na súa nova rama. Este profesor da Universidade de Syracusa repetiu o proceso en varias ocasións durante anos, engadindo anacos de ramas de diferentes variedades.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UNHA NOVA IMAXE DA TERRA

UNHA NOVA IMAXE DA TERRA

Imaxe completa da Terra publicada o luns 20 de xullo pola NASA

O pasado luns, a NASA publicou unha imaxe dende o Observatorio do Clima do Espazo Profundo (DSCOVR). Non é unha instantánea máis. Trátase da primeira instantánea da Terra, co disco completo, publicada pola axencia espacial dende a era Apolo (Apolo 17-1972). Segundo o sitio web da NASA, a tinguidura azulada da imaxe é o resultado da luz solar dispersada polas moléculas de aire. Foi tomada dende unha distancia dun millón de millas.