Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (VIII)

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (VIII)

Semachrysa xade / Imaxe: Guek Hock Ping

O fotógrafo Hock Ping Guek obtivo a instantánea dunha fermosa crisopa (unha familia de insectos) verde con manchas escuras nas súas ás nun parque preto de Kuala Lumpur (Malaisia) e colgouna na web de imaxes Flickr. Shaun Winterton, entomólogo do Departamento de Alimentos e Agricultura de California, viuna por casualidade e pareceulle única. Guek mandou unha mostra a Stephen J. Brooks, do Museo de Historia Natural de Londres, quen confirmou que se trataba dunha nova especie: Semachrysa xade, en honor á filla de Winterton. Os tres prepararon a distancia unha descrición en Google Docs. É o denominado insecto das redes sociais.

FONTE: Revista Consumer

A NOITE DAS PERSEIDAS

A NOITE DAS PERSEIDAS

Perseidas / Imaxe:www.elsistemasolar.info 

Como xa temos comentado neste blog, cada ano por estas datas (do 17 de xullo ao 24 de agosto) o noso planeta cruza a órbita do cometa Swift-Tuttle, que ten un período de 130 anos e que pasou preto do Sol por última vez en 1992. Esta órbita está chea de partículas pequenas, como grans de area ou menores, que foron liberadas polo cometa nos seus pasos anteriores. Cando unha destas partículas, que formaron no seu día a cola do cometa, entra na atmosfera terrestre, a fricción quéntaa ata vaporizala a grande altura (uns 100 km). Durante uns segundos, a partícula brilla coma se fose unha estrela, e por iso este fenómeno recibe o nome popular de estrela fugaz. Son as denominadas Perseidas ou Bágoa de San Lourenzo.

Pois ben, esta noite poderemos asistir a este espectáculo no seu máximo apoxeo. O lugar de observación pode ser calquera con tal de que proporcione un ceo escuro e mirando para calquera parte do ceo, aínda que mellor para o NE. É preferible un lugar que teña poucos obstáculos para a vista (como edificios, árbores ou montañas), e non utilizar instrumentos ópticos que nos limiten o campo de visión.

Iso si que a vista se acostume á escuridade e... paciencia! 

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (VII)

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (VII)

Juracimbrophlebia ginkgofolia / Imaxe:Wang, Labandeira, Shih and Ren

O Juracimbrophlebia ginkgofolia é unha nova especie fósil descuberta en depósitos do Xurásico Medio da Formación Jiulongshan, na Mongolia Interior de China. Representa un raro exemplo dun insecto que imitaba ximnospermas (plantas vasculares produtoras de sementes), hai 165 millóns de anos.

FONTE: Revista Consumer

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (VI)

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (VI)

Semachrysa xade / Imaxe: Peter Vrsansky

O fotógrafo Hock Ping Guek obtivo a instantánea dunha fermosa crisopa (unha familia de insectos) verde con manchas escuras nas súas ás nun parque preto de Kuala Lumpur (Malaisia) e colgouna na web de imaxes Flickr. Shaun Winterton, entomólogo do Departamento de Alimentos e Agricultura de California, viuna por casualidade e pareceulle única. Guek mandou unha mostra a Stephen J. Brooks, do Museo de Historia Natural de Londres, quen confirmou que se trataba dunha nova especie: Semachrysa xade, en honor á filla de Winterton.

FONTE: Revista Consumer 

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (V)

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (V)

Paedophryne amauensis / Imaxe: nbcnews.com

Un corpo de 7,7 milímetros converte a Paedophryne amauensis no vertebrado coñecido máis pequeno do mundo. Esta nova especie de ra foi achada preto do pobo de Amau (Papua Nova Guinea). Os investigadores Christopher Austin e Eric Rittmeyer encontraron estes seres, primeiro, pola súa chamada nocturna e, ao final, tras recoller puñados de follas caídas en bolsas de plástico e velas saltando ao seu arredor.

FONTE: Revista Consumer

 

IMAXE DA TERRA DENDE SATURNO

IMAXE DA TERRA DENDE SATURNO

Imaxe da Terra vista dende Saturno / NASA

Un "pálido punto azul" dentro da inmensidade do Cosmos. Así é como a acaba de retratar a nave espacial Cassini da NASA, ao fotografar por primeira vez a Terra dende Saturno. A axencia espacial estadounidense fixo pública a imaxe, que se realizou o pasado 19 de xullo, obtida a uns mil millóns de quilómetros de distancia.

Na imaxe, a Terra ten o tamaño de "só un pixel" dende o punto de vista de Cassini (a 1.440 millóns quilómetros de distancia). O obxectivo foi capturar unha escena da Terra e os aneis de Saturno cos filtros da cámara espacial (vermello, verde e azul) de maneira que se poida ver a cor natural, ou o que poden ver os ollos humanos, de Saturno.

Cassini aproveitou a súa privilexiada posición nun acontecemento tamén moi especial: unha eclipse total de Sol que se puido ver dende o planeta dos aneis.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (IV)

O TOP 10 DAS NOVAS ESPECIES 2013 (IV)

 A nova serpe Sibon noalamina / Imaxe:Sebastian Lotzkat

A Sibon noalamina é unha nova especie de serpe que habita nas terras altas da selva do occidente de Panamá. Os seus descubridores, Sebastian Lotzkat, Andreas Hertz e G. Köhler, denominárona así porque foi localizada na serra de Tabasará. Nesta zona a minaría a ceo aberto, en especial para o cobre, está a ocasionar un grande impacto ambiental. O nome provén do slogan en español "Non á mina!" dos activistas que se opoñen á devandita actividade mineira. Este ofidio nútrese de caracois e sérvese das súas raias claras e escuras para imitar as velenosas serpes de coral.

FONTE: Revista Consumer


ALOPIAS PELAGICUS OU QUENLLA RAPOSO

 

O Alopias pelagicus ou quenlla raposo, é un animal de augas mornas que conta cunha aleta caudal na súa parte traseira que pode alcanzar os tres metros de lonxitude.

Aínda que ata agora non se puidera observar en detalle, os científicos asumían que a quenlla utilizaba esta aleta para cazar, baseándose no tamaño desmesurado da súa aleta con respecto ao resto do corpo (é o máis pequeno das tres especies de quenlla raposo coñecidas, e a súa aleta constitúe a metade da lonxitude do seu corpo). O feito de que algunhas baleas e delfíns empregan esta técnica tamén levara a aceptar esta teoría na quenlla raposo.

Agora, a raíz dunha serie de observacións en Filipinas, púidose comprobar como, en efecto, o animal usa a súa cola para atordar as súas presas. Os investigadores observaron como se achega a bancos de sardiñas e asesta fortes aletadas, de maneira que pode alcanzar a máis dunha sardiña á vez. O alimento desta peculiar quenlla son peixes pequenos, como arenques ou sardiñas, constituíndo estas últimas o principal compoñente da súa dieta.

Os detalles de como caza coa súa aleta caudal aínda son superficiais e serán necesarias moitas horas máis de observación para establecer unhas pautas definitivas. Non obstante, non é unha quenlla doado de encontrar e ademais, non é unha especie moi abundante, debido a que a súa elegante aleta é moi cobizada, e se emprega para facer sopa, o que decimou a especie, catalogada como “vulnerable” pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais (UICN).

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia