Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

BILLETES DO MUNDO XXXII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Costa Rica (República de Costa Rica ), é un país situado na América Central. A súa moeda de curso legal é o colón (CRC). Divídese en 100 centimos, aínda que están fóra da circulación. Existen moedas de 5, 10, 25, 50, 100 e 500 colóns costarricenses. En canto aos billetes hainos de 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000 e 50.000 colóns costarricenses. 1 colón = 0,0016 €. O banco emisor é o Banco central de Costa Rica / BCCR).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 2.000 colóns costarricenses.

Mañá un novo biellete e outro país!

FONTE: todocoleccion.net e wikipedia

O MONSTRO DO LAGO NESS: NESSIE PODERÍA SER UNHA ANGUÍA XIGANTESCA

Histórica montaxe do monstro do Lago Ness / Imaxe: thetimes.co.uk

As primeiras testemuñas sobre a existencia do monstro do Lago Ness (Nessie) remóntanse ao século VI e atribúense a Columba de Iona,  introductor do cristianismo en Escocia. Desde entón, producíronse preto de 4.000 supostos avistamentos: díxose del que podería ser unha especie de malvado «cabalo acuático», un sobrevivente do  Xurásico ou cousas moito máis cotiás, como un madeiro á deriva, un gran peixe, algún ave acuática ou, sinxelamente, unha onda.

O certo é que ningún científico atopou aínda probas da existencia de Nessie, pero as profundas e negras augas do lago, tinguidas pola turba do chan, e a montaña de libras que levou o turismo, mantiveron vivo o misterio do monstro. Así as cousas, un estudo que acaba de ser realizado por científicos da Universidade de Otago (Nova Zelandia) extraeu o ADN das criaturas viventes do lago. Despois de obter datos moi interesantes sobre a fauna do lugar, propuxeron que Nessie ben podería ser unha ou varias anguías xigantescas.

O que as fotografías, en ocasións  trucadas, permitiron albiscar, non pasou o exame da  secuenciación xenética: unha técnica que permiten radiografar varios puntos do lago para entender que seres vivos habitan nel.

"Síntoo, pero a hipótese do  plesiosaurio (un réptil  Jurásico que sobreviviría no fondo do lago) non se sostén en base aos datos que obtivemos", manifestou o director da investigación. "Tampouco hai ADN de quenllas, nin de bagres (unha orde de peixes entre os que hai especies que alcadan un gran porte), nin puidemos atopar ningunha evidencia de esturións (un primitivo xénero de peixes que pode superar os tres metros de lonxitude)".

Por tanto, as anguías serían, segundo el, unha explicación máis plausible para a  fantasmagórica presenza. E non só porque o lago estea ateigado delas, senón tamén porque en 2007 un vídeo filmou unha forma alongada, de preto de catro metros, cuxa forma lembraba á dun torpedo. Podería ser unha anguía?

Un pescador dixo unha vez: "Mira, teño que dicircho. Temos un barco de 16 pés (un pouco menos de cinco metros) e cando estabamos a pescar no Lago Ness unha anguía pasou preto e era máis longa que o barco". Será esta entón a resposta ao lonxevo misterio do monstro?

FONTE: abc.es/ciencia

BILLETES DO MUNDO XXXI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Suráfrica (República de Suráfrica / Republic of South Africa ), é un país situado no extremo sur do continente africano, entre os océanos Atlántico e Índico. A súa moeda de curso legal é o rand (ZAR). Tamén circula nos países veciños de Namibia, Suazilandia e Lesoto, integrantes da Área Monetaria Común. Divídese en 100 centimos. Existen moedas de 5, 10, 25 e 50 centimos e 1, 2, 5 rand. En canto aos billetes hainos de 10, 20, 50, 100 e 200 rand. 1 rand = 0,0611 €. O banco emisor é o Banco da Reserva de Suráfrica / South African Reserve Bank ou SARB).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 100 rand.

mañá outro billete e un novo país!

FONTE: exactchange.es e wikipedia

SORPRESA DENTRO DO METEORITO DE WEDDERBURN

O meteorito de Wedderburn / Rodney Start/Museums Victoria

Atopado en 1951 nunha remota cuneta, o meteorito Wedderburn (chamado así pola proximidade coa cidade do mesmo nome) intrigou aos científicos durante décadas. Trátase dunha rocha de cores negras e vermellos, que pesa 210 gramos (algo máis que un limón) que nalgún momento caeu do ceo e da que pouco máis se sabía. Ata a data.

Un novo estudo, publicado na revista American Mineralogist e dirixido por Chi Ma, experto en minerais da Universidade Tecnolóxica de California (Caltech), analizou a fondo o meteorito e atopou unha sorpresa no seu interior: un tipo de mineral de carburo de ferro descoñecido na Terra e ao que bautizaron como edscottita. A investigación revelou ademais que xunto con este mineral hai mesturados rastros de ouro e ferro xunto con outros minerais máis raros como kamacita, schreibersita, taenita e troilita.

O descubrimento de edscottita, chamado así en honra ao experto en meteoritos e cosmoquímico Edward Scott, da Universidade de Hawai, é significativo porque nunca antes confirmouse que esta formulación atómica distintiva de mineral de carburo de ferro ocorrese de forma natural (esta combinación xa se recreara previamente nun laboratorio.

Trátase pois do requisito previo para que os minerais sexan recoñecidos oficialmente pola Asociación Internacional de Mineraloxía (IMA). Descubríronse entre 500.000 e 600.000 minerais no laboratorio, pero menos de 6.000 que se produzan na natureza, polo que o achado é realmente singular.

Non se sabe como este mineral acabou nunha cuneta dentro dun meteorito, aínda que Geoffrey Bonning da Universidade Nacional de Australia e que non participou no estudo, apunta a que o material podería formarse no núcleo incandescente e presurizado dun antigo planeta. Segundo as súas declaracións, este mundo produtor de edscottita podería sufrir algún tipo de colisión cósmica colosal, involucrando a outro planeta, unha lúa ou un asteroide, e ser destruído. Os fragmentos deste terrible choque viaxarían no tempo e no espazo ata esa cuneta.

FONTE: abc.es/ciencia

BILLETES DO MUNDO XXX

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Tailandia (Reino de Tailandia / ราชอาณาจักรไทย), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. A súa moeda de curso legal é o baht (THB). Divídese en 100 satang (สตางค์). Existen moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 satang e 1, 2, 5, 10 baht. En canto aos billetes hainos de 20, 50, 100, 500 e 1.000 baht. 1 bath = 0,0296 €. O banco emisor é o Banco de Tailandia / ธนาคารแห่งประเทศไทย ).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 100 baht.

Mañá un novo biellte e outro país!

FONTE: lamaisonducollectionneur.fr e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XXIX

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Israel (Estado de Israel / מדינת ישראל), un país do Oriente Medio (oeste de Asia), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. A súa moeda de curso legal é o novo shekel (ILS). Divídese en 100 agorot (אגורות). Existen moedas de 10 agorot e ½, 1, 2, 5, 10 novo shekel. En canto aos billetes hainos de 20, 50, 100 e 200 novo shekel. 1 novo shekel = 0,2578 €. O banco emisor é o Banco de Israel / (בנק ישראל)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 20 novo shekel.

Mañá un novo billete e outro país!

FONTE: wikipedia e cambio-divisas.es

BILLETES DO MUNDO XXVIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Xapón (Estado de Xapón / 日本国), un país insular do leste de Asia, situado no océano Pacífico. A súa moeda de curso legal é o ien (JPY), sendo a terceira moeda máis valorada no mercado de divisas despois do dólar estadounidense e o euro. O ien tiña unhas subdivisións, o sen e o rin (1/1000 de ien), pero ambas deixaron de utilizarse dende 1954. Existen moedas de 1, 5, 10, 50, 100 e 500 ien. En canto aos billetes hainos de 1.000, 2.000, 5.000 e 10.000 ien. 1 ien = 0,0086 €. O banco emisor é o Banco de Xapón / (日本銀行 Nippon Ginko)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10.000 ien.

Mañá outro billete e outro país!

FONTE: conocedores.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XXVII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Dinamarca (Reino de Dinamarca / Kongeriget Danmar), un país membro da Unión Europea situado no norte de Europa, sendo o máis meridional dos países nórdicos e tamén o de menor extensión. Aínda que está na UE non utiliza o euro (€), sendo a súa moeda de curso legal é a coroa danesa (DKK), séndoo tamén nos territorios dependentes de Groenlandia e as Illas Feroe. Está dividida en 100 øre. Existen moedas de 50 øre e 1, 2, 5, 10 e 20 coroas. En canto aos billetes hainos de 50, 100, 200, 500 e 1.000 coroas. 1 coroa danesa = 0,1341 €. O banco emisor é o Banco Nacional de Dinamarca / Danmarks Nationalbank)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 200 coroas danesas.

Mañá outro billete e outro país!

FONTE: cambiator.es e wikipedia