Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

BILLETES DO MUNDO XXVI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Australia (Comunidade de Australia / Commonwealth of Australia), un país de Oceanía que ocupa a principal masa continental da plataforma chamada Sahul, ademais dalgunhas illas nos océanos Pacífico, Índico e Antártico. A súa moeda de curso legal é o dólar australiano (AUD), séndoo tamén no Territorio Antártico Australiano, a Illa de Nadal, as Illas Cocos, as Illas Heard e illas McDonald e a Illa de Norfolk, así como dos estados independentes do Pacífico de Kiribati (xunto co dólar de Kiribati), Nauru e Tuvalu (xunto co dólar tuvalés). Está dividida en 100 cents. Existen moedas de 5, 10, 20 e 50 cents e  1 e 2 dólares. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. 1 dólar australiano = 0,612981 €. O banco emisor é o Banco da Reserva de Australia / Reserve Bank of Australia)

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 5 dólares australianos.

Mañá outro billete e outr país!

FONTE: northernstar.com.au e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XXV

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Cuba (República de Cuba), un país insular asentado nun aquipiélago do mar Caribe. A súa moeda de curso legal é dobre, por un lado o peso cubano (CUP) e por outro o peso cubano convertible (CUC). En 2013 propúxose a unificación do peso cubano co peso cubano convertible, para así deixar un só circulante como moeda de curso legal, e evitar os traumatismos que orixina o ter un sistema monetario dobre, ​pero aínda a día de hoxe esta unificación non se concretou e nin sequera prevese para cando pode ser posible. Ámabalas dúas moedas están divididas en 100 centavos.

Do peso cubano existen moedas de 1, 2, 5 e 20 centavos e 1, 3 e 5 pesos. En canto a billetes hainos de 1, 3, 5, 10, 20. 50, 100, 200, 500 e 1.000 pesos.

Do peso cubano convertible existen moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 ecntavos e 1 e 5 pesos cubanos convertibles. En canto aoa billetes hainos de 1, 3, 5, 10, 20, 50 e 100 pesos.

1 peso cubano convertible = 26,5000 pesos cubanos

1 peso cubano convertible = 0,9082 €

O banco emisor é o Banco Central de Cuba.

A modo de exemplo, aquí tes o billete de e pesos cubanos convertibles (CUC).

Mañá outro billete e outro país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XXIV

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Marrocos (Reino de Marrocos / المملكة المغربية al-Mamlaka al-Maġribiyya), un país situado no Magreb, ao norte de África, con costas no océano Atlántico e o mar Mediterráneo. A súa moeda de curso legal é o dírham (MAD). Está dividida en 100 céntimos/santimat. Existen moedas de 1, 5, 10, 20 céntimos e ½, 1, 2, 5 e 10 dírham. En canto aos billetes hainos de 20, 50, 100 e 200 dírham. 1 dírham marroquí = 0,0942749 €. O banco emisor é o Banco Central do Reino de Marrocos (Bank Al-Maghrib / بنك المغرب).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 200 dírham.

Mañá outro billete e outro país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA XI (FIN)

Remato coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estivemos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

11. Enclaves fóra de España

Non hai consenso entre os expertos en xeografía sobre que territorios exactamente deberían ter a categoría de enclave. Por exemplo, algúns consideran a Ceuta e Melilla como enclaves de España en Marrocos ou a Xibraltar de Reino Unido en España. Con todo, o feito de que teñan saída ao mar dilúe un dos factores que caracteriza aos enclaves: estar rodeados completamente por administracións diferentes á que pertence.

Descartando a territorios como estes, España ten un enclave fóra do noso territorio: Llivia, un anaco de Xirona en Francia, localizado na parte nororiental da comarca da Baixa Cerdaña O único enclave español no estranxeiro está rodeado de territorio francés desde 1659.

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com e tierrasinsolitas.com

BILLETES DO MUNDO XXIII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Bruéi (Estado de Brunéi Darussalam / Negara Brunei Darussalam), un país ó noroeste da illa de Borneo no sueste de Asia. A súa moeda de curso legal é o dólar de Brunéi (BND). Está dividida en 100 sen. Existen moedas de 1, 5, 10, 20 e 50. En canto aos billetes hainos de 1, 5, 10, 50, 100, 500, 1.000 e 10.000 dólares. 1 dólar de Brunéi = 0,6724 €. O banco emisor é a Autoridad Monetaria de Brunéi Darussalam (Autoriti Monetari Brunei Darussalam).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1 dólar de Brunéi.

Mañá outro billete e outro país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

BILLETES DO MUNDO XXII

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a México (Estados Unidos Mexicanos), país de América ubicado na parte meridional de América do Norte. A súa moeda de curso legal é o peso mexicano (MXM). Está dividida en 100 centavos. Existen moedas de 5, 10, 20 e 50 centavos e 1, 2, 5, 10 e 20 pesos (esta última conmemorativa). En canto aos billetes hainos de 20, 50, 100, 200, 500 e 1.000 pesos. 1 peso mexicano = 0,0449 €. O banco emisor é o Banco de México (Banxico).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 20 pesos mexicanos.

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com e wikipedia

ENCLAVES DE ESPAÑA X

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

10. Enclaves de Navarra

Petilla de Aragón. Este enclave pertenceu a Aragón ata o século XIII. Entón, Pedro II de Aragón contraeu unha débeda de 20.000  maravedíes co rei de Navarra, Sancho VII. O monarca aragonés ofreceu Petilla e outras poboacións como aval da débeda. O préstamo non foi devolto e, en 1231, Petilla pasou a formar parte do reino de Navarra. Tres quilómetros ao sur de Petilla está Bastanes, un enclave navarro que tamén se atopa na provincia de Zaragoza e pertence a Petilla.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

BILLETES DO MUNDO XXI

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Rusia (Federación de Rusia), o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. A súa moeda de curso legal é o rublo (RUB). Tamén é o medio de pago nas repúblicas de Abjasia, Osetia del Sur, Crimea e a cidade especial de Sebastopol. Está dividida en 100 kopeks. Existen moedas de 1, 5, 10 e 50 kopeks e 1, 2, 5 e 10 rublos. En canto aos billetes hainos de 5, 10, 50, 100, 500, 1.000, 2.000 e 5.000 rublos. 1 rublo = 0,0135 €. O banco emisor é o Banco Central da Federación Rusa (Центральный банк Российской Федерации).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 1.000 rublos rusos.

FONTE: cambiator.es e wikipedia