BILLETES DO MUNDO XXXI
Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Suráfrica (República de Suráfrica / Republic of South Africa ), é un país situado no extremo sur do continente africano, entre os océanos Atlántico e Índico. A súa moeda de curso legal é o rand (ZAR). Tamén circula nos países veciños de Namibia, Suazilandia e Lesoto, integrantes da Área Monetaria Común. Divídese en 100 centimos. Existen moedas de 5, 10, 25 e 50 centimos e 1, 2, 5 rand. En canto aos billetes hainos de 10, 20, 50, 100 e 200 rand. 1 rand = 0,0611 €. O banco emisor é o Banco da Reserva de Suráfrica / South African Reserve Bank ou SARB).
A modo de exemplo, aquí tes o billete de 100 rand.
mañá outro billete e un novo país!
FONTE: exactchange.es e wikipedia
0 comentarios