Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CANADÁ?

 

Canadá está situado en América do Norte. A súa vasta extensión sitúalle como o segundo país máis grande do mundo. A maior parte do seu territorio está sen habitar, nel atópase o seu máis prezado tesouro: grandes montañas rochosas, bosques, glaciares e infinidade de lagos onde se atopa unha das faunas máis ricas e variadas do continente americano. A súa natureza é unha das súas armas de sedución, aínda que non a única.

Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

Queres coñecer máis cousas sobre Candá? Si?

Pois comezamos!

1. Atendendo ao mapa superior, cales son os límites de Canadá?

- Ao norte limita co Océano Glaciar Ártico, ao sur con Estados Unidos,  ao leste co Océano Pacífico, e ao oeste co Océano Atlántico e Alaska (Estados Unidos).

- Ao norte limita co Océano Glaciar Ártico, ao sur con Estados Unidos,  ao leste co Océano Atlántico, e ao oeste co Océano Pacífico.

- Ao norte limita co Océano Glaciar Ártico, ao sur con Estados Unidos,  ao leste co Océano Atlántico, e ao oeste co Océano Pacífico e Alaska (Estados Unidos).

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedis.org               Imaxes: es.wikipedia.org e es.canadamap360.com

#DígochoEu: Non digas *noraboa

Alucina! Tantas veces que dixeches ’noraboa’ e estabas metendo a zoca. No vídeo explicámosche como debes dicilo ben.

#DígochoEu

CANTO SABES DE BRASIL? XVI (FIN)

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Lula da Silva. Luiz Inácio Lula da Silva (rexistrado ao nacer como Luiz Inácio da Silva; Caetés, 27 de outubro de 1945), más conocido como Lula da Silva ou simplemente Lula, é un obreiro metalúrxico,​ sindicalista e político progresista brasileño. É o actual presidente da República Federativa de Brasil, cargo que asumiu o 1 de xaneiro de 2023, tras vencer nas eleccións de 2022 na segunda volta contra o daquela presidente Jair Bolsonaro, convirtiéndose na primeira persona en ser electa tres veces para o cargo na historia do seu país.

Membro fundador e presidente honorario do Partido dos Traballadores, Lula obtivo a vitoria nas eleccións de 2002, e foi investido presidente o 1 de xaneiro de 2003. Nas eleccións de 2006 venceu outra vez e obtivo un segundo mandato como presidente, que finalizou o 1 de xaneiro de 2011.

E así remato esta serie esperando que axudase a saber un chisco máis deste gran país!

Ata a próxima serie!

FONTE e IMAXE: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE BRASIL? XV

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Samba. É unha forma de danza orixinaria do Brasil. Está ligada ao ritmo musical do mesmo nome, con movemento rápido e ritmo a dous tempos, moi practicada por passistas de escolas de samba e en pagodes. A samba é oriundo do Río de Xaneiro. Deriva dun folguedo que emerxeu na Bahia a mediados século XIX con notábel influencia africana, a samba de roda, que á súa vez garda semellanzas co coco, danza de roda máis antiga xurdida na Capitania de Pernambuco con influencias dos batuques africanos e dos bailados indíxenas.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

15. Cal é o Presidente da república Federativa de Brasil?

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org              Imaxes: dancemotion.es e eswikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *vecindario

Temos veciños pero non temos *vecindarios! Esther Estévez danos a solución galega correcta!

#DígochoEu

CANTO SABES DE BRASIL? XIV

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tordo colorado. O tordo colorado (Turdus rufiventris) é a ave nacional de Brasil. É unha especie de ave paseriforme da familia Turdidae que vive en Sudamérica. É moi fácil de recoñecer polo seu ventre vermello (o seu nome científico significa literalmente «tordo de ventre vermello») e as raias escuras que presenta sobre o pescozo esbrancuxado. Os tordais teñen patas relativamente longas e delgadas. 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é o baile brasileiro por excelencia?

- Axe

- Capoeira

- Lambada

- Samba

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e trt.net.tr

CANTO SABES DE BRASIL? XIII

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Real. O real ou real brasileiro (R$) é a moeda oficial do Brasil. Logo de numerosos trocos monetarios (réis, cruzeiro, novo cruzeiro, cruzado, novo cruzado, novamente cruzeiro e cruzeiro real), Brasil adoptou o real en 1994. As moedas e os billetes brasileiros son emitidos polo Banco Central do Brasil e realizados pola Casa da Moeda do Brasil. O seu valor con respecto a o euro é: 1 € = 5,1860 R$

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a ave nacional de Brasil?

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxe: elmundo.es, foronum.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE BRASIL? XII

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é 215 millóns. Exactamente 215.586.573 habitantes (población estimada IBGE a 12 de xaneiro de 2023). Estímase que en 2050 superará os 230 millóns.

E imos coa pregunta de hoxe

12. Cal é a moeda oficial de Brasil?

- Cruceiro

- Real

- Dólar

- Escudo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  e  exteriores.gob.es           Imaxes: populationpyramid.net   e es.wikipedia.org