Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? II

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lepidópteros. Esta orde de insectos comprende as bolboretas (diúrnas) e as avelaíñas (esencialmente nocturnas), da que se describiron preto de 180.000 especies, clasificadas en 126 familias e 46 superfamilias, que supoñen o 10% de todas as especies de seres vivos descritas.

E imos coa preguna de hoxe!

 

Bolboreta carteiro de México (Heliconius melpomene)

2. Ademais de lepidópteros, as bolboretas teñen un ciclo de vida complexo en que pasan por varias transformacións bruscas na forma do seu corpo. Sabes como se coñece aos insectos que pasan por este proceso?

- Hemimetábolos

- Holometábolos

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es      Imaxe: ISTOCK

#DígochoEu: Non digas *descuartizar

 

Tema de actualidade! En galego non podemos dicir *descuartizar!

 #DígochoEu

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XVIII

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Anglesey. Cunha superficie de 715 km² é, por extensión, a maior illa galesa. Situada non oeste de Gales, separada de terra firme polo estreito de Menai, dúas pontes conéctana co resto de Gales. Anglesey tamén é un condado que inclúe a illa Holy e outras.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

18. Londres é a capital de Inglaterra e por extensión do Reino Unido (Gran Bretaña, formada por Inglaterra, Escocia e Gales, e Irlanda no Norte). Cal é o Primeiro Ministro do Reino Unido?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: britainexpress.comes.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS?

Bolboreta Morpho azul (Mporpho peleides)

De aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores, as bolboretas son sen dúbida uns dos insectos máis rechamantes. Pero máis aló do apreciable a primeira ollada, estas estrañas criaturas albergan máis dun segredo.

Se che apetece, quero que coñezas máis en profundidade o mundo das bolboretas, polo que durante uns días propñereiche unha pregunta, tendo ao día seguinte a solución e unha nova proposta.

Anímaste? Pois comezamos!

1. Un bo punto de partida consiste saber que se trata dun insecto da orde...

- Dípteros

- Lepidópteros

- Coleópteros

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es       Imaxe: ISTOCK

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XVII

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Snowdon. É a montaña máis alta de Gales, cunha altura de 1.085 metros. Está situada no parque nacional de Snowdonia (Parc Cenedlaethol Eryri). As rochas que forman Snowdon foron producidas por volcáns no período ordovícico, e o macizo foi esculpido cumpridamente por glaciación, formando o pico piramidal de Snowdon e as arestas de Crib Goch e E Lliwedd.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Cal é a illa máis grande de Gales?

- Holy

- Bardsey

- Ramsey

- Anglesey

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non é o mesmo feito que *feíto

 

Ti es feito? Non o confundas con *feíto!

#DígochoEu

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XVI

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 20.000 km2. Exactamente 20.779 km2. Ten unha extensión de 270 km de norte a sur e uns 2.700 Km de costa.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. Cal é o punto máis elevado de Gales?

- Pen y Fan

- Snowdon

- Cadair Idris

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XV

Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é 9 condados, 3 cidades e 10 diez distritos condais. En 1996,o país foidividido en 22 autoridades unitarias: 9 condados, tres cidades (Newport, Cardiff e Swansea) e 10 distritos condais*: (1) Merthyr Tydfil*, (2) Caerphilly*, (3) Blaenau Gwent*, (4) Torfaen*, (5) Monmouthshire, (6) Newport, (7) Cardiff, (8) Vale of Glamorgan*, (9) Bridgend*, (10) Rhondda Cynon Taf*, (11) Neath Port Talbot*, (12) Swansea, (13) Carmarthenshire, (14) Ceredigion, (15) Powys, (16) Wrexham*, (17) Flintshire, (18) Denbighshire, (19) Conwy*, (20) Gwynedd, (21) Anglesey y (22) Pembrokeshire.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Cal é a superficie de Gales?

- Aproximadamente 10.000 km2

- Aproximadamente 20.000 km2

- Aproximadamente 30.000 km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org geografia.laguia2000.com