Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? IX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Sonora. Politicamente divídese entre os Estados Unidos de América e México, e cobre grandes partes de Arizona e California, así como do estado mexicano de Sonora, o cal lle dá nome. É un dos desertos máis calorosos e grandes do mundo, pois cobre unha área de 311.000 km². O deserto de Sonora, ao noroeste de México, chega ata o océano Pacífico.

E imos coa pregunta para hoxe!

9. Que significa desertificación?

- Un cambio das condicións do clima que converte un sitio húmido en seco

- Un cambio das condicións do chan que converte un sitio fértil en ermo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e gl.wikipedia.org       Imaxe: chintpowerlatinoamerica.com

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? VIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mojave. Segundo os rexistros oficiais da Organización Meteorolóxica Mundial a marca máis alta de temperatura certificada é de 56,7° e rexistrouse en Furnace Creek, no Death Valley ou Val da Morte, situado no deserto de Mojave de California (EEUU)) o 19 de xullo de 1913.

E imos coa pregunta para hoxe!

8. Cal destes desertos chega até o mar?

- Deserto de Siria

- Kalahari

- Karakum

- Mojave

- Sonora

- Gobi

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com        Imaxe: reddit.com

#DígochoEu: Non digas *colmillo

 

Os dentes caninos, os dos vampiros, non se chaman *colmillos en galego! Temos diversas formas de dicilo correctamente. Toma nota do que Esther Estévez di!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? VII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Menos de 250 litros por metro cadrado. Considérase que por baixo desta cantidade de precipitación anual unha rexión tería unha aridez propia de clima desértico. Neste clima desértico raíña o proceso de evapotranspiración. Trátase da perda de humidade que está localizada nunha superficie debido á evaporación directa causada pola radiación solar e o aumento das temperaturas. A isto sumábaselle a pouca transpiración que existe da auga das plantas.

E imos coa pregunta para hoxe!

7. En que deserto foi medida a máxima temperatura do planeta?

- Sáhara

- Mojave

- Taklamakan

- Australia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e meteorologiaenred.com        Imaxe: volandovoyviajes.es

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? VI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é A quinta parte. Considérase que a quinta parte ou o 20 % do territorio emerxido é de clima desértico.

E imos coa pregunta para hoxe!

6. Cal é o nivel de precipitacións anuais que debe ter un territorio para considerar que ten clima desértico?

- Menos de 500 litros por metro cadrado

- Menos de 250 litros por metro cadrado

- Menos de 100 litros por metro cadrado

- Menos de 50 litros por metro cadrado

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e es.wikipedia.org         Imaxe: meteorologiaenred.com

#DígochoEu: Un par de dúbidas: que significa 'larpeiro'? Como se di 'menaje'?

 

No TikTok do #DígochoEu todo son dúbidas, así que seguimos resolvéndoas! Que quere dicir ’larpeiro’? Como se di en galego ’menaje’?

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono Capítulo 16

 

O #ApuntamentoLusófono na nosa canle de Twitch sempre dá para moito! No último directo Esther e Rodrigo falaron sobre viaxar, sobre topónimos e incluso sobre ir ao baño!

 #DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tabernas. É un deserto localizado na provincia de Almería, en Andalucía, a uns 30 km ao norte da capital, nos termos municipais de Tabernas, Gádor, Santa Cruz, Alboloduy e Gérgal, e protexido como Paraxe Natural nunha extensión de 280 km².

E imos coa pregunta para hoxe!

5. Canta superficie do territorio terrestre está cuberta por desertos?

- A decima parte

- A cuarta parte

- A metade

- A quinta parte

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e es.wikipedia.org         Imaxe: es.wikipedia.org