Blogia
vgomez

FOTOVERDE

COÑECES ESTA ÁRBORE X

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Chopo. Son especies arbóreas pertencentes ao xénero Populus. O xénero comporta unhas 40 especies de árbores e arboriñas das zonas temperadas e frías setentrionais. Pertencen á familia das salicáceas. En Galicia non son moi comúns as especies bravas, atopando, porén, moitos exemplares de chopos negros (Populus nigra) ou lamigueiros e chopos brancos (Populus alba) en parques e xardíns urbanos e reforestacións á beira dos regos para produción de madeira.

 10. Identifica:

- Cerdeira

- Albaricoqueiro

- Amendoeira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? IX

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Nogueira. (Juglans regia). A nogueira común é unha árbore caducifolia que chega a medir ata 25 ou 35 metros, con troncos grosos de ata 2 metros de diámetro e cilíndricos. A casca é suave de cor gris prateado, espallada con amplas gretas máis ásperas. As follas ordénanse en espirais de entre 25 e 40 cm son imparipinnadas, con de 5 a 9 follas por grupo. As follas máis longas son as tres de cada ápice. 10–18 cm ó longo e 6–8 cm ó ancho. O par de follas basais é moito máis pequeno: 5–8 cm de lonxitude. As flores masculinas son amentos colgantes de 5 a 10 cm de lonxitude, as femininas son terminais, agrúpanse en acios de dúas a cinco flores que, no outono, maduran en forma dun froito de casca verde e semiflexible que cobre unha carabuña engurrada de cor marrón: a noz. O froito enteiro, incluída a casca, cae no outono. A semente é grande, cuberta dunha pel fina e comestible.

 9. Identifica:

- Chopo

- Guindeira

- Lentisco

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? VIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Xenebreiro. (Juniperus communis). É unha árbore ou un arbusto dioico da familia das cupresáceas. Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, a miúdo sendo un arbusto, mais ás veces pode superar os 10 metros. Ten un tronco con moitas pólas, copa espesa, follas lineais, verdes, ríxidas, punzantes, con unha única banda de estomas branca na cara (polo inverso e pola marxe é verde) e insírense verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, en forma de escama, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de dispersar o pole entre marzo e abril. Por froitos ten gálbulos con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negras purpúreas cando están maduras e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se chama simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e recendente.

 8. Identifica:

- Maceira

- Moreira

- Nogueira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? VII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Aciñeira. (Quercus ilex). É unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos. Acada unha altura de 20–27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes. Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Foi considerado antiguamente unha árbore sagrada.

7. Identifica:

- Loureiro

- Abeleira

- Xenebreiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? VI

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Faia. (Fagus sylvatica). É unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcada os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. É planta monoica e médranlle as flores masculinas agrupadas en inflorescencias globosas ao final dun longo pedúnculo. As femininas saen en grupos dunha a tres, de cando en cando catro, sobre un pedúnculo curto e erecto, en principio de cor amarelada e despois pardo-agrisado. Carecen ambas de corola. O froito contén dunha a tres, xeralmente dúas sementes, con forma de tetraedro, alongados e lustrosos, comestibles (con sabor a pipa de xirasol) encerrados nunha cúpula cuberta de porcas bastante separadas. As súas follas empréganse no tratamento dos síntomas gripais, arrefriados, bronquites, farinxites, odontalgias, diarreas e para "rebaixar o sangue".

6. Identifica:

- Cerquiño

- Alaterno

- Aciñeira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? V

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Pradairo. (Acer pseudoplatanus) Árbore da familia das aceráceas, de copa ampla, casca lisa e agrisada, follas caducas lobuladas e dentadas, flores en acios colgantes e froitos miúdos en sámara. A madeira, branca e bastante dura, úsase en carpintería e en torneados, sendo salientable para a fabricación de instrumentos musicais.

5. Identifica:

- Freixo

- Faia

- Queiroga

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? IV

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Bidueiro. (Betula pubescens) Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado. Mediante a destilación da súa casca obtense unha brea que se emprega para a elaboración de pomadas para as doenzas da pel. Coas súas follas elabóranse infusións con propiedades diuréticas

4. Identifica:

- Acacia

- Pradairo

- Érbedo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? III

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Teixo.  (Taxus baccata). É unha árbore conífera do xénero Taxus, que correntemente acada entre 12 a 15 metros de altura, da familia das taxáceas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que preséntase ben para entalladura. Ten partes tóxicas. É unha especie moi escasa e ameazada no noso territorio.

3. Identifica:

- Bidueiro

- Faia

- Buxo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp