Blogia
vgomez

FOTOVERDE

COÑECES ESTA ÁRBORE? XIX (FIN)

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica).É unha especie de carballo monoico que habita en bosques caducifolios. Ten raíces profundas, cun eixo central e numerosas raíces horizontais estoloníferas. O tronco é dereito e de cor grisalla ou parda, grosa e con gretas; a copa é alta e ampla. As follas miden 8-16 x 4–12 cm, cun pecíolo de 5–20 mm; son simples, alternas, de forma elíptica e moi pinnatipartidas; teñen cor verde cincenta mate na face e abrancazada polo tomento no envés. As landras, de 1,5-4,5 cm, teñen unha cúpula que cobre máis da metade, e teñen un pedúnculo de non máis de 4 cm. Teñen flores unisexuais. Florecen entre maio e xuño.

Así remato esta serie, esperando que servise para coñecer, recordar ou ampliar coñecementos do mundo das árbores.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XVII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Figueira (Ficus carica). É unha arboriña ou un arbusto da familia das moráceas (Moraceae), unha das numerosísimas especies do xénero Ficus. Orixinaria de Asia suroccidental, medra hoxe brava polo Mediterráneo e noutras rexións do mundo. De porte baixo, máis semellante ao dun arbusto que ao dunha árbore (entre 3-10 m), sobre todo cando emite unha especie espeques que sosteñen as pólas. Pouco esixente e canto ao solo, o seu crecemento é amodo. A casca é lisa e de cor cinsenta. As follas son caedizas, de 12 a 25 cm de longo e 10 a 18 de largo, profundamente lobuladas, formadas por 3 ou 5 lóbulos. Produce froitos compostos dun tipo especial, o sicono, aos que se coñece coma figos. Produce un látex abrancazado irritante.

17. Identifica:

 

- Corneira ou sangomiño

- Lodoeiro ou lodón bravo

- Pinsapo ou abeto español

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XVI

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Plátano da sombra (Platanus acerifolia ou Platanus hispanica) é unha árbore do xénero Platanus. É a variedade máis común de plátano na Europa Occidental, especialmente na Península Ibérica. É unha árbore caducifolia hermafrodita de grande envergadura, cuxa altura pode acadar os 35 ou 40 metros, co tronco xeralmente dereito, alto, cun diámetro que pode chegar aos 3 metros. A casca é delgada, de cor pálida cinsenta esverdeada ou amarelada, despréndese en pequenas placas. Florea na primavera; os froitos son aquenios rodeados de pelos de cor pardenta, acastañada ou amarelada, cuxa maduración ocorre no final do verán. Os froitos permanecen na árbore até a primavera seguinte.

14. Identifica:

 

- Figueira

- Sanguiño

- Moreira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XV

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Tileiro. Son as árbores do xénero Tilia, pertencentes á familia das malváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas do hemisferio norte. Abrangue unha trintena de especies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas. Son árbores cun bo volume de crecemento e que acadan os 900 anos de idade, cunha altura entre 20 e 40 m, con fustes rectos de até un metro de diámetro, caducifolio coas follas cordiformes, co bordo serrado, de até 20 cm de largo, de cor verde escura na face superior e verde claro prateado na cara posterior, cun cheiro forte especial. As flores, chamadas tilas, teñen tamén un recendo característico, en forma de acios miúdos amarelos cunha bráctea alongada. Son coñecidas polas súas propiedades medicinais para combater catarreiras, arrefriados, ou outras afeccións. Tamén úsanse coma tranquilizantes ou somníferos preparándose a xeito de cocemento ou infusión chamada tila. Algúns estudos recentes descubriron nas súas flores efectos hepatoprotectores.

15. Identifica:

 

- Castiñeiro

- Plátano da sombra

- Terebinto ou escornacabras

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XIV

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Tamargueira (Tamarix gallica). Especie da familia das Tamaricáceas. Arbusto ou arboriña caducifolia de 6 a 8 metros de altura, pólas longas e flexíbeis, un chisco pénsiles, que non creban facilmente e coa casca é parda avermellada escura, sendo as pólas máis novas listrosas e lampiñas. As follas son moi miúdas, a xeito de escamas, com forma ovado agudas e com abrazadeiras no baseamento, miden de 1,5 a 4 mm de longo e posúen unha cor verde glauca. As flores son albas ou rosa pálido, agrupadas em espigas grosas e cilíndricas de 3 a 6 cm de longo, que nacen sobre as ramiñas do ano e que aparecen á vez cás follas. Posúen 5 pétalo e 5 estames; brácteas florais triangulares, cápsula ovada. Florece na primavera, entre abril e o verán. O froito é unha cápsula de apertura espontánea com 3 valvas e sementes cun penacho plumaoso.

14. Identifica:

 

- Tileiro

- Olmo

- Sabugueiro

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Salgueiro. Son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.

13. Identifica:

- Tetraclinis

- Salgueiro irto

- Tamargueira

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XII

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Sobreira (Quercus suber). Tamén coñecida como corticeira, é unha árbore da familia das cupulíferas, de folla perenne co bordo espiñento (entre 2,5 e 10 cm. de longo e entre 1,2 e 6,5 cm. de ancho), tronco curto e madeira dura, á que se lle tira a casca, chamada cortiza, que se emprega para diversos usos industriais.

12. Identifica:

- Salgueiro

- Sarga

- Bonetero

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE? XI

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Amendoeira (Prunus dulcis). É unha árbore da familia das rosáceas, de entre 6 e 12 metros de altura, de talo liso verde e castaño de novo, pasa a agrisado e lañado de adulto. As follas son simples, lanceoladas, estreitas e remate en punta, de cor verde luminosa e beiras dentadas. A flor, pentámera, preséntase solitaria ou en grupos de 2 a 4, é de cor branca ou rosada. Os froitos (améndoas) en forma de drupa oblonga. A árbore pode vivir de 50 a 80 anos. A súa madeira é de boa calidade, emprégase en ebastinaría, típica de climas cálidos, tolera mal o frío.

11. Identifica:

- Sobreira

- Aciñeira

- carballo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com, wikipedia e imaxes de Arbolapp