Blogia
vgomez

FOTOVERDE

COÑECES ESTA ÁRBORE? II

A contestación correcta á pregunta do día anterior da serie: COÑECES ESTA ÁRBORE? é Piñeiro. Son árbores coníferas, perennes, pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae e da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio Norte.

2. Identifica:

- Abeto pinsapo

- Estripeiro

- Teixo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

COÑECES ESTA ÁRBORE?

En España hai uns 7.000 millóns de árbores, segundo o último Inventario Forestal Nacional. Seguro que coñeces moitos da túa contorna, pero serías diferencialos a través de fotografías?

No seguinte test podes poñer a proba a túa capacidade para recoñecelos. Empezamos a serie: COÑECES ESTA ÁRBORE?

1. Identifica:

- Amieiro

- Piñeiro

- Olmo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de Emilio Sánchez Hidalgo/verne/elpais.com e imaxes de Arbolapp

O LEÓN MARIÑO E A BALEA XIBARDO

 

O fotógragrafo e biólogo mariño Chase Dekker logrou captar a impresionante imaxe dun león mariño caendo nas fauces dunha balea xibardo (Megaptera novaeanglia), nunha viaxe en barco para avistar baleas no Océano Pacífico, na costa da Baía de Monterey, California, o pasado 22 de xullo.

Mentres os cetáceos comían anchoas, un desafortunado león mariño non logrou saír do camiño a tempo e terminou dentro das fauces da balea , que nunca pechou as súas mandíbulas, e o león mariño logrou afastarse. A balea xibardo, mesmo, asustouse, indicou o fotógrafo.

FONTE: chasedekker.com

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SUBMARINA OCEAN ART

Sorriso dun amigo. Fotografía galardoada co segundo premio na categoría: Novice-DSLR / Autor: Antonio Pastrana / Localización: Jucaro, Cuba / Crocodylus acutus-Crocodilo americano

Aquí tes unha selección de imaxes premiadas na última edición do concurso de fotografía submarina Ocean Art, organizado pola Underwater Photography Guide. Para velas preme AQUÍ.

Espectaculares!

FONTE: elapissemanal/elpais.es

COMEDY WILDLIFE PHOTO AWARDS 2018

¡Oh no!

 

Desde a infancia, o reino animal sempre se mostrou maxestuoso e cheo de elegancia. Pero esa  idealización tan seria da natureza dista moito do que promoven os Comedy Wildlife Photo Awards. Este concurso pretende conseguir, a través dunha mirada máis lúdica e entretida, a conservación de todas as especies no planeta. Desta forma, a risa convértese na arma máis poderosa de concienciación ambiental.


O premio en xogo é un trofeo artesanal feito por persoas con discapacidade nun taller de Dar é Salaam (Tanzania), ademais dunha semana de safari para dúas persoas en  Kenya.


Os  Comedy  Wildlife  Photo  Awards chegan cargados de imaxes salvaxes e incribles. Aquí tes os finalistas deste ano. Para velos preme AQUÍ.

 

FONTE: muyinteresante.es e comedywildlifephoto.com

PREMIOS DRONE AWARDS 2018

 

Foto gañadora do Drone Awards 2018 / Imaxe: droneawards.photo

A crecente popularidade da fotografía con drons está a facer que proliferen os concursos dedicados a esta disciplina. É o caso do  Drone Awards 2018, un certame que este ano celebrou a súa primeira edición e está organizado por Art Photo Travel, unha asociación cultural italiana.

"Co ceo como único límite" para este concurso, a organización afirma recibir máis de 4.400 participacións provenientes de fotógrafos de 101 países diferentes entre os que se elixiron os gañadores finais de seis categorías: Abstract,  Nature,  People,  Sports,  Urban e  Wildlife.

O francés  Florian  Ledoux levou o título de Fotógrafo do ano coa súa foto "Above  the polar  bear" que vedes na parte superior.

A imaxe foi tomada durante o verán nas xeadas augas do norte de Canadá e mostra en plano  cenital a un oso cruzando entre pedazos de xeo. Como xa podedes imaxinar, o fotógrafo busca denunciar os problemas que está a traer o cambio climático, un dos cales é a cada vez maior escaseza de xeo que afecta directamente os osos polares que dependen deste elemento para cazar.

Para ver o resto de fotos, das diferentes categorías, preme AQUÍ.

FONTE: Óscar Condés/xatakafoto.com

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE XII

 

Continuado co visionado da serie "O home e a Terra. Fauna ibérica", dentro dese legado marabilloso que deixou Félix Rodriguez de la Fuente, propónovos hoxe o capítulo adicado á perdiz vermella ou común (Alectoris rufa).

Mañá un novo capítulo.

Que o disfrutedes!

NATIONAL GEOGRAPHIC TRAVEL PHOTOGRAPHER OS THE YEAR 2018

Ballena jorobada en la isla Kumejima (Japón).  

 

Os resultados do certame  National  Geographic  Travel  Photographer  of  the  Year 2018 saíron á luz. As imaxes mostran o gran traballo dos viaxeiros fotógrafos ao redor do mundo e as impresionantes vistas que ten para ofrecer este planeta.

Este ano a gañadora principal do certame foi Reiko Takahashi, quen foi elixida entre máis de 13.000 fotografías participantes e obtivo o gran premio de 10.000 dólares.

Ao capturar "Mermaid" (Sirena),  Takahashi atopouse con esta asombrosa balea xibardo xunto á súa cría durante unha sesión de mergullo na illa  Kumejima. A cría  xoguetona capturou a atención da fotógrafa, quen, atraída pola cola e o nado do mamífero, converteuse na imaxe gañadora de 2018.

Se queres coñecer o resto de fotografías gañadoras nas diferentes categorías preme AQUÍ.

FONTE:xatakafoto.com e travel.nationalgeographic.com