Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes al tema FRASES.

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

Publicado: 30/01/2017 07:55 por vgomez en FRASES
20170129103401-paz.jpg

Xornada da Paz / Imaxe: Diaraio La Nación

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Imos facer unha reflexión sobre iste tema partindo de frases célebres:

A primeira, como non podía ser doutra maneira, é de Gandhi (India, 1869-1948):

"Ollo por ollo, e o mundo rematará cego"

A segunda,é de Golda Meir (Israel, 1898-1978):

"Nós dicimos "paz", e o eco volve do outro lado dicíndonos "guerra".

A terceira, é do Papa Francisco (Arxentina, 1936):

"Para conseguir a paz precísase valor, moito máis que para facer a guerra"

E para rematar, unha de Teresa de Calcuta (Albania, 1910-1997):

"A paz comeza cun sorriso"

Pois empecemos así iste día, cun sorriso cos que temos máis preto!

A NOSA SOCIEDADE

Publicado: 02/06/2016 08:15 por vgomez en FRASES
20160529080653-sociedad-libertario.jpg

A nosa sociedade / Imaxe: libertario.es

Din os máis vellos que a nosa sociedade esta a mudar, que hai unha crise de valores, que actuamos dun xeito distinto. Eu penso que non temos un patrón escrito e que debemos enfrontarnos a novas situacións e con novas estratexias, aínda que hai cousas que non cambian no tempo.

Sobre iste tema imos reflexionar coas seguintes frases:

A primeira é do xornalista e escritor uruguaio Eduardo Galeano (1040-2015):

"Vivimos nun mundo onde o funeral importa mais que o morto, a voda máis que o amor  e o físico máis que o intelecto. Vivimos na cultura do envase, que despreza o contido".

A segunda é do psicólogo e psiquiatra austríacao Alfred Adler (1870-1937):

"Os altos queren quedar onde están; os medianos queren arrebatarlle o seu posto aos altos; os baixos queren abolir todas as distincións e crear unha sociedade na que todos sexan iguais".

Para rematar, a terceira, do xenial actor Charles Chaplin (1889-1977):

"A vida é unha obra de teatro que non permite ensaios. Por iso, canta, ri, baila, chora e vive intensamente cada momento da túa vida. antes que o pano baixe e a obra termine sen aplausos".

DÍA MUNDIAL DA PAZ

Publicado: 30/01/2015 08:19 por vgomez en FRASES
20150128194158-1000509261001-2033463483001-mahatma-gandhi-a-legacy-of-peace.jpg

Mohandas Karamchand Gandhi / Imaxe:biography.com 

Hoxe, venres, día  30 de  xaneiro, celebrase o  Día Mundial da Paz. Nesta data  conmemorase o asasinato de Gandhi (Mohandas Karamchand Gandhi),  personaxe  que destacou por  ser  un líder  da non violencia curiosamente nunha loita revolucionaria (caso único de tódolos tempos).

Aproveitaremos este motivo para reflexionar sobre a NON VIOLENCIA que practicou, por medio destas seis frases, das moitas que nos deixou:

"Ollo por ollo, e o mundo acabaría cego"

"O que se obtén con violencia, soamente se pode manter con violencia"

"A felicidade consiste en poñer de acordo os teus pensamentos, as túas palabras e os teus feitos"

"A máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa"

"Crer en algo e non vivir para iso é deshonesto"

"Máis vale ser vencido dicindo a verdade, que triunfar pola mentira"


Practiquemos a non violencia na nosa vida diaria!

UNHA REFLEXIÓN PARA OS PAIS

Publicado: 15/01/2015 08:05 por vgomez en FRASES

 

 

HAI UNHA EDUCACIÓN QUE É GRATUÍTA

A que vostede lle pode inculcar aos seus fillos


Ensínalles a respectar, a non esnaquizar, a non mentir, a non roubar, a ser responsables, esforzados, solidarios, a ter valores, a non ser violentos e a non se deixar manipular.

É moi bo loitar por unha educación de calidade, pero a educación comeza no fogar.


NON DELEGUE NOS MESTRES O QUE VOSTEDE DEBE FACER!

 

 

MAFALDA I

Publicado: 10/11/2014 10:56 por vgomez en FRASES
20141109225732-img-9312.jpg

 

O pasado día 2 de novembro estiven en Salamanca, visitando a miña filla. Paseando por un parque denominado La Alamedilla, fixeime nunha parede, moi ben pintanda, que limitaba co citado parque e que pertencia a un centro educativo, concretamente ao Colexio Público "Rufino Banco". O texto podedes velo na fotografía que fixen.

Pareime a pensar da autoría desta frase e lembreime: Mafalda, a nena filósofa máis famosa do mundo, nacida da pluma do seu pai QUINO (Premio Príncipe de Asturias da Comunicación e Humanidades deste ano).

Sen comentarios. Merece a pena reflexionar sobre o seu contido!

PARO E DESEMPREGO

Publicado: 23/08/2014 09:24 por vgomez en FRASES
20140820182213-paro-vuelve-subir1.jpg

Cola na oficina de emprego / Imaxe:economiaplana.com

 

Hoxe, o tema de reflexión é sobre algo que por desgraza aféctanos a todos, directamente ou indirectamente (familia, amigos…). Falo do PARO E O DESEMPREGO.

A primeira das frase é da narradora e poeta uruguaia Cristina Peri Rossi (Montevideo, 1941): “Na sociedade actual estar no paro é como estar enfermo, síntoma dalgunha escura falta: impotencia, debilidade, mala sorte, ineficacia. Se non podo comprar, non existo".

A segunda corresponde ao que fora  presidente dos Estados Unidos entre 1981 e 1989, Ronald Wilson Reagan (1911-2004): “Recesión é cando o teu veciño queda sen emprego; depresión é cando o perdes ti”.

A terceira é do escritor e articulista Juan Cueto Alas (Oviedo, 1942): "Cando o fracaso se mide polo paro, é lóxico que o triunfo se anuncie pola dilapidación".

Para rematar, unha frase a aplicar, se se pode. É do historiador, crítico social e ensaista británico Thomas Carlyle (1795-1881): “Benaventurado aquel que atopu traballo; que non pida máis”.

FRASES: "NADAL"

Publicado: 22/12/2013 10:45 por vgomez en FRASES
20131221173223-nadal.jpg

 

Nadal!, un tempo que non é igual para todos. Os nenos amosan ledicia e fantasía. Os mozos, diversión e lembranza. Os maiores, nostalxia polo pasado.

Hoxe faremos a nosa reflexión sobre iste tempo a través dase seguintes frases:

A primeira, do expresidente dos Estados Unidos de Norteamérica Calvin Coolidge (1872-1933): "O Nadal non é un momento nin unha estación, senón un estado da mente. Valorar a paz e a xenerosidade e ter mercede é comprender o verdadeiro significado de Nadal"

A segunda é do escritor inglés Charles Dickens (1812-1870): "Honrarei o Nadal no meu corazón e procurarei conservala durante todo o ano

A terceira e última, do escritor e artista inglés Harlan Miller (1964-?): "Oxala pudiesemos meter o espiritud do Nadal en xerras e abrir unha cada mes do ano"


A DOR E O SUFRIMENTO

Publicado: 19/04/2013 22:50 por vgomez en FRASES
20130419225033-dolor.jpg

Dor e dufrimento / Imaxe:grupopadelmochileroreflexiones.blogspot.com

Quen non sufríu ou tivo dor nalgun momento da vida? Hai algunha medida da dor ou baremo do sufrimento? Realmente o aguante da dor e do sufrimento vai relacionado coa natureza de cada persoa?

Para ferlexionar sobre este tema propóñovos as seguintes frases:

A primeira é do escritor e teólogo francés Fénelon"O sufrimento depende non tanto do que se padece canto da nosa imaxinación, que aumenta os nosos males"

A segunda é do psiquiatra Francis JBraceland: "A dor que non se desafoga con bágoas pode facer que sexan outros órganos os que choren"

A terceira é do historiador italiano Cesar Cantù (1804-1895): "A dor ten un gran poder educativo; fainos mellores, máis misericordiosos, vólvenos cara a nós mesmos e persuádenos de que esta vida non é un xogo, senón un deber"

E a última do poeta rumano Valeriu Butulescu (1953):"Debes sufrir se queres coñecer o alivio

O TEMPO

Publicado: 09/04/2013 08:11 por vgomez en FRASES
20130408184637-reloj.de-.arena-.jpg

Reloxo de area / Imaxe:ecofin.es

Tempus fugit é unha expresión que aparece nun libro de poemas escrito polo poeta latino Virgilio co significado «O tempo escapa» ou «O tempo voa», invitando a non perdelo.

Imos reflexionas sobre este termo con frases propostas por personaxes moi coñecidos da historia:

A primeira foi proposta polo profeta fundador do islam Mahoma  (570-632): "Non pasedes o tempo soñando co pasado e co porvir; estade listos para vivir o momento presente".

A segunda é do físico alemán de orixe xudeo, nacionalizado despois suizo e e estadounidense Albert Einstein  (1879-1955): "Non penso nunca no futuro porque chega moi pronto".

A última é do pensador e político indio Mahatma Gandhi (1869-1948): "Un minuto que pasa é irrecuperable. Coñecendo isto, como podemos malgastar tantas horas?".



ANIMAIS

Publicado: 21/05/2012 07:25 por vgomez en FRASES
20120521072508-o-can-e-o-ser-humano.jpg

O can e o ser humano / Imaxe:nuestrasmascotas.bligoo.com

Cinco frases propóñovos hoxe para reflexionar sobre a importancia dos ANIMAIS na vida do home:

A primeira é do filósofo alemán Immanuel Kant (1724-1804): "Podemos xulgar o corazón dunha persoa pola forma en que trata aos animais".

A segunda é do grande novelista ruso León Tolstoy (1828-1910): "Se un home aspira a unha vida correcta, o seu primeiro acto de abstinencia é a de non mancar aos animais".

A terceira é do escritor escocés Robert Louis Stevenson (1850-1894): "Pensas que os cans non irán ao ceo? Dígoche, que eles estarán alí moito antes que calquera de nós".

A cuarta é do político e pensador hindú Mahatma Gandhi: "Un país, unha civilización pódese xulgar pola forma na que trata aos seus animais".

E para rematar, unha frase desa mente privilexiada que foi Leonardo Da Vinci (1452-1519): "Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á deles".

TRISTEZA

Publicado: 03/05/2012 08:59 por vgomez en FRASES
20120501174145-tristeza.jpg

A tristeza dun neno / Imaxe:gaudium.org.mx

A tristeza é un sentimento, unha das moitas emocións humanas normais, ou estados de ánimo que temos todos. A tristeza é a emoción que sentimos cando perdemos algo importante, cando temos unha decepción ou cando ocorre algunha desgraza que nos afecta persoalmente ou a outra persoa. Cando nos sentimos sós, a miúdo estamos tristes. No caso dos galegos, e penso que tamén outros pobos do mundo, cando temos nostalxía da terra natal esa tristeza convírtese en morriña.

Hoxe imos reflexionar sobre este tema mediante as seguintes FRASES:

A primeira é de François Marie Arouet, máis coñecido como Voltaire (1694–1778) escritor, historiador, filósofo e avogado francés:

"A tristeza é unha enfermidade na que cada paciente debe tratarse a si mesmo"

A segunda é de Jean Jacques Rousseau (1712-1778) escritor, filósofo e músico franco-helvético:

"A alma resiste moito mellor as dores agudos que a tristeza prolongada"

A terceira é de Armando Palacio Valdés (1853-1938) escritor e crítico literario español:

"O máis triste é a tristeza dunha persoa alegre" 

A cuarta é de Albert Camus (1913-1960) novelista, dramaturgo e filósofo francés:

"Os tristes teñen dous motivos para estalo"

E para rematar un proverbio chino:

"Non podes evitar que o paxaro da tristeza voe sobre a túa cabeza, pero si podes evitar que aniñe na túa cabeleira"


POLÍTICA E POLÍTICOS

Publicado: 31/10/2011 08:13 por vgomez en FRASES
20111031081253-politico-mentiroso.jpg

O engano dos políticos / Imaxe:juliangl.com

Estamos a punto de entrar nunha época de moita actividade política, aínda que eu penso que estamos tódolos días en campaña. Teremos durante 15 días política ata na sopa, acompañada de música, caramelos, bolígrafos,...

Sería bo antes de que chegue ese día, a finais de semana, que fixésemos unha reflexión sobre o que é a política e os políticos, mediante as seguintes FRASES:

A primeira é do fenomenal actor e director de cine Woody Allen (1935-?):

"A vocación do político de carreira é facer de cada solución un problema"

A segunda é do escritor, filósofo e matemático inglés Bertrand Russell (1872-1970):

"Os científicos esfórzanse po facer posible o imposible. Os políticos por facer posible imposible"

A terceira é do escrior británico Robert Louis Stevenson (1850-1894):

"A política é posiblemente a única profesión para a que non se considera necesaria ningunha preparación"

A última é do arqueólo escocés William M. Ramsay (1851-1939):

"Vota ao home que menos prometa. Será o que menos te decepcionará"

GANDHI E O SER HUMANO

Publicado: 14/08/2011 11:11 por vgomez en FRASES
20110813173551-gandhi-1.jpg

Preguntáronlle a Mahatma Gandhi cales son os factores que destrúen ao ser humano. El respondeu así:

A Política sen principios,

O Pracer sen compromiso,

A Riqueza sen traballo,

A Sabiduría sen carácter,

Os Negocios sen moral,

A Ciencia sen humanidade e

A Oración sen caridade.

 

A vida ensinoume que a xente é amable, se eu son amable;

que as personas están tristes, se eu estou triste;

que todos me queren, se eu os quero;

que todos son malos, se eu téñolles odio;

que hai caras sorrintes, se eu lles sonrío;

que hai caras amargas, se eu estou amargado;

que o mundo está feliz, se eu son feliz;

que a xente anóxase, se eu estou anoxado;

que as persoas son agradecidas, se eu son agradecido.

  

A vida é como un espello:

Se sorrío, o espello devólveme o sorriso.

A actitude que tome fronte á vida, é a mesma que a vida tomará conmigo.


POLÍTICA II

Publicado: 21/04/2011 11:57 por vgomez en FRASES

Preto dunhas eleccións, é motivo para reflexionar cunhas FRASES:

A primeira é do gran actor, comediante e escritor estadounidense Groucho Marx  (1980-1977): "A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer unha diagnose falsa e aplicar despois os remedios equivocados".

A segunda é do empresario estadounidense ef undador da compañía Ford Motor Company: Henry Ford   (1863-1947): " A maioría das persoas gastan máis tempo e enerxía en falar dos problemas que en afrontalos".

A terceira é dun gran escritor español: Noel Clarasó i Serrat (1899-1965): "A política é a arte de obter cartos dos ricos e votos dos pobres, co fin de protexer a uns dos outros".

Para rematar, unha dun gran escritos irlandes: George Bernard Shaw (1856-1950): " A política é o paraíso dos charlatáns".

 

 

NATUREZA

Publicado: 14/01/2011 10:01 por vgomez en FRASES
20110113184822-ojo-naturaleza-web.jpg

Natureza/ Imaxe:tendenciavital.ning.com

Por NATUREZA entendemos como o conxunto da realidade tal como é, independentemente da intervención e da acción humanas. Sobre ela vai hoxe a nosa reflexión:

A primeira é de Friedrich Wilhelm Nietzsche, filósofo, poeta, músico e filólogo alemán (1844–1900).

"A razón de atoparnos tan a gusto en plena natureza provén de que ela non ten opión sobre nós"

A segunda é de Sir Rabindranath Tagore, poeta, artista, dramaturgo, músico e novelista bengalí. Premio Nobel de Literatura en 1913 (1861-1941).

"A terra é insultada, e ofrece as súas flores como resposta"

A terceira é de Aristóteles, filósofo grego (384 a. C.-322 a. C.)

"A natureza nunca fai nada sen motivo"

E para rematar, a cuarta de Jean-Jacques Rousseau, escritor, filósofo e músico (1712-1778).

"Hai un libro aberto sempre para todos os ollos: a natureza"

Vorolémola!

CONFUCIO II

Publicado: 06/05/2010 08:54 por vgomez en FRASES
20100506085428-confucio1.jpg

Incorporamos unhas novas frases deste filóso oriental: CONFUCIO.

"Non fagas a outro aquelo que non che gustaría que che fixesen a ti."

"Esíxete moito a ti mesmo e espera pouco dos demais. Así aforrarás disgustos."

"O que nada se perdoa a si mesmo, merece que llo perdoen todo."

"Se serves á Natureza, ela servirate a ti."

"Contáronmo e olvideino, vino e entendino, fíxeno e aprendino."

"O máis elevado tipo de home é o que obra antes de falar, e practica o que profesa."

 

Reflexionesmos sobre elas!

CONFUCIO I

Publicado: 20/04/2010 12:27 por vgomez en FRASES
20100419172148-grabado-confucio.jpg

O apartado de FRASES imos adicalo hoxe ao filósofo oriental Confucio. Naceu na provincia de Lu, ao norte da China, nunha familia humilde, morrendo o seu paia cando era moi novo. Comenou a estudiar baixo as indicacións do tutor da aldea e aos quince anos dedidíu adicar a súa vida ao estudio. Aos vinte anos casouse, pero pronto se divorciou e mantivo unha relación distante co seu fillo e a súa filla. Antes dos trinta anos converteuse en maestro e reuníu un grupo de leales discípulos.

Confucio vivíu durante a dinastía Chou (1100 a.C. a 256 a.C.). Neste período o país estivo dividido entre señores feudais. A orde moral e social estaba nun estado de descomposición. Confucio buscou unha forma de restaurar a orde cultural e política. El pensaba que a reforma viría educando aos líderes nos clásicos e na súa filosofía. Polo tanto, buscou una posición de influencia política desde a que puidera implementar os seus principios.

Frases para reflexionar:

"Os vicios veñen como pasaxeiros, visítannos como hóspedes e quédanse como amos".

"Onde hai educación non hai distinción de clases".

"O home que cometeu un erro e non o corrixe comete outro erro maior".

"Elixe un traballo que che guste e non terás que traballar nin un só día da túa vida".

" Algúns cartos evitan as preocupacións; moitos, atráenas".

Continuara...

PROVERBIOS II

Publicado: 31/03/2010 16:24 por vgomez en FRASES
20100326180152-yingyang.jpg

Aporto uns novos proverbios para a reflexión e tamén para que non se perdan, formando parte das nosas sentencias ou conversacións:

"Estar satisfeito coa túa vida, ese é o teu maior tesouro" PROVERBIO LATINO.

 

"Existe unha única liberdade: a verdade. Existe unha única escravitude: a mentira" P. CHINO.

 

" Con forza de vontade, incluso un rato pode comer a un gato" P. ÁRABE.

 

"Quen te acaricia máis do acostumado ou te engana ou enganarte quere" P. TOSCANO.

 

"O tempo é un grande mestre, e pon no seu lugar moitas cousas" P. FRANCÉS.

 

PROVERBIOS I

Publicado: 25/03/2010 10:00 por vgomez en FRASES
20100325100004-sabiduria.gif

Un proverbio é unha sentencia breve que resume algún coñecemento dalgún pobo determinado. Os proverbios vanse transmitindo de xeración en xeración de forma oral. Aquí temos algúns:

"Quen viva só de esperanzas, morrerá de desesperación" PROVERBIO ITALIANO.

 

"Cando se segue a alguén bo, apréndese a ser bo; cando se segue a un tigre, apréndese a morder" PROVERBIO CHINO.

 

"Nunca debes lembrarte do que levas dado. Nunca debes olvidar o que recibiches" PROVERBIO HEBREO.

 

" Aprendemos pouco da victoria pero moito da derrota" PROVERBIO XAPONÉS.


"Podes caer só, pero para erguerte, necesitas a man dun amigo" PROVERBIO YIDDISH.

 

 

FRASES VARIADAS

Publicado: 01/02/2010 08:07 por vgomez en FRASES

Hoxe propóñovos uha serie de frases, de diferentes autores, sen temática concreta, para que poidades reflexionar:

A primeira de Nelson Mandela, político (1918, Sudáfrica).

"A educación é a arma máis poderosa que pode empregarse para cambiar o mundo"

A segunda é de Bobby McLeod, aborixe australiano, poeta e músico (1947-2009).

"Cando a Terra está enferma e contaminada, a saúde humana é imposible... para curarnos debemos curar ao noso planeta"

A terceira é de  Pablo Neruda, poeta chileno (1904-1973).

"A verdade é que non hai verdade"

Para rematar por hoxe, a última de Fiódor Dostoievski , escritor ruso (1821-1881).

" Vivir sen esperanza é deixar de vivir"

 

A IDADE

Publicado: 21/09/2008 11:31 por vgomez en FRASES

Todos os seres humanos pasamos por distintas etapas ao longo da nosa vida: nenez, adolescencia, madurez e vellez. Precisamente sobre  a IDADE imos reflexionar coas seguintes FRASES:

A primeira é do arquitecto americano Frank Lloyd Wright (1867-1959):

"A xuventude non é máis que un estado de ánimo"

A segunda é do boxeador americano Muhammad Alí, máis coñecido como Cassius Marcelus Clay (1942):

"O home que aos 50 anos ve o mundo igual que aos 20, desperdiciou 30 anos da súa vida"

A terceira é do científico estadounidense e inventor do pararraios, Benjamín Franklin (1706-1790):

" Aos 20 anos, reina a vontade; aos 30, o inxenio, e aos 40 o xuízo"

Para rematar, unha frase que é un proverbio sueco (frase curta e fixada, xeralmente en forma de imaxe, coa que se expresa un pensamento popular baseado na experiencia):  

" Os mozos van por grupos, os adultos por parellas e os vellos van sós"

AS VIAXES

Publicado: 15/07/2008 10:23 por vgomez en FRASES

Estamos no verán, época de vacacións e de viaxes. Sobre este tema tratan as frases que hoxe propoñemos a modo de reflexión:

A primeira é do comediógrafo frances Grancis De Croisset (1877-1937):

"A lectura é a viaxe dos que non poden tomar o tren"

A segunda é do pintor anglo-irlandés Francis Bacon (1909-1992):

"As viaxes son na xuventude unha parte da educación e, na vellez, unha parte da experiencia"

A terceira é do poeta e orientalista alemán Friedrich Rückert (1788-1866):

"Quen se atopa ben na casa non se marcha lonxe. As viaxes para descubrir outros mundos demostran a insatisfacción universal"

E para rematar, a última, do escritor, político e filósofo mexicano José Vasconcelos (1882-1959):

"Un libro, coma unha viaxe, coménzase con inquietude e remátase con melancolía"

 

POLÍTICA

Publicado: 14/02/2008 08:18 por vgomez en FRASES

Dado que estamos en época de eleccións, imos reflexionar sobre o tema da POLITICA, mediante cinco frases:

A primeira é  do escritor irlandés  George Bernad Shaw (1856-1950): "A política é o paraíso dos chalatáns".

A segunda é do político e periodista francés Georges Benjamin Clemenceau (1841-1929): "Cando un político morre, moita xente acude ao seu enterro.Pero fano para estar completamente seguros de que se atopa de verdade baixo terra".

Para rematar outras tres frases de dominio propular sobre este tema:

"Os pilíticos son eses grandes farsantes que falan moito e non din nada".

"O que non sabe de política, máis político se fai".

"A política é perfecta pero ten un gran defecto, ¡quen a practica!

ENSEÑANZA/EDUCACIÓN

Publicado: 24/01/2008 11:43 por vgomez en FRASES
Con catro FRASES imos hoxe reflexionar sobre os termos ENSEÑANZA/EDUCACIÓN:
A primeira é dun escritor inglés Alexander Pope (1688-1744):
"Algunhas persoas nunca aprenden nada, proque o comprenden todo demasiado pronto"
A segunda é do tenor español Plácido Domingo (1941-?)
Na maioría dos países non interesa educar ao pobo, porque cando aprenden a ler interésanse polos problemas e piden contas; os analfabetos non din nada"
A terceira é do estadista mexicano Benito Juarez (1806-1872)
"Libre, e para min sagrado, é o dereito a pensar... A educación é fundamental para a felicidade social; é o principio no que descansa a libertade e o engrandecemento dos pobos"
Finalmente a última é de orixe Anónimo:
O que nin estudia nin traballa, tamén progresa; pero só cara a ignorancia e a pobreza"

RACISMO

Publicado: 21/01/2008 19:18 por vgomez en FRASES
Con catro FRASES imos reflexionar sobre un tema problemático, controvertido e por desgracia moi actual: O RACISMO.
A primeira é de procedencia Anónima:
"O racismo é como xuzgar o valor dun libro pola cor das súas follas"
A segunda é do relixioso e activista estadounidense Matin Luher King (1929-1968):
"Ninguén se montará encima de nós se non dobramos as costas"
A terceira é d arcebispo sudaficano e Premio Nobel da Paz Desmond Tutú(1931-?):
"Sempre que o sistema económica vai mal xurde o racismo"
A última da diplomática e escritora estadounidense, defensora dos dereitos sociais e muller do presidente de EEUU Roosevel, Eleanor Roosevelt (1884-1962):
"Ninguén pode facerche sentir inferior sen o teu consentemento"

A MÚSICA

Publicado: 23/11/2007 19:42 por vgomez en FRASES
Sobre a MÚSICA imos reflexionar hoxe contando con tres frases:
A primeira é dun filóso grego que vivíu entre o 427 A.C e o 347 A.C.
" A música é para a alma o que a ximnasia para o corpo"
A segunda é doutro filósofo, neste caso alemán, que vivíu entre o 1844 e o 1900.
" Sen música a vida sería un error".
Finalmente, a terceira é dunha falutista española que naceu no ano 1963.
"A música é o arte máis directo, entra polo oído e vai ao corazón"

O FUTURO

Publicado: 05/11/2007 16:51 por vgomez en FRASES
Nesta sección de FRASES imos reflexionar sobre O FUTURO, a través de tres frases de insignes autores:
A primeira é dun filósofo chino: Confucio (51 A.C.-478 A.C.)
"Estudia o pasado se queres pronosticar o futuro"
A segunda é dun gran novelista francés : Victor Hugo (1802-1885)
"O futuro ten moitos nomes. Para os débiles é o inalcanzable. Para os temerosos o descoñecido. Para os valentes é a oportunidade".
A terceira, e última, é dun gran actor e director de cine: Woody Allen (1935-?)
"Interésame o futuro porque é onde vou pasar o resto da miña vida"

FRASES III

Publicado: 07/10/2007 14:10 por vgomez en FRASES
As frases que hoxe propoño para reflexión van en torno á XUVENTUDE OU MOCIDADE, época decisiva para todos.

A primeira frase é dun filóso grego SÓCRATES (470 a. de C.-399 a. de C.)
"Os mozos de hoxe en día son uns tiranos. Contradicen aos seus pais, devoran a súa comida, e fáltanlle ao respecto aos seus mestres".
 
A segunda é dun dramaturgo e novelista irlandés OSCAR WILDE (1854-1900):
"Faría calquera cousa por recuperar a xuventude... excepto facer exercicio, madrugar, ou ser un membro útil da comunidade".
 
A terceira, e última por hoxe, é doutro filósofo grego ARISTÓTELES (384 a. de C.-322 a. de C.):
"Adquirir desde mozos tales ou cales hábitos non ten pouca importancia: ten unha importancia absoluta"

FRASES II

Publicado: 21/09/2007 23:09 por vgomez en FRASES

As frases de hoxe, e que pretenden unha reflexión, van en torno ao tema da bondade.

 

 

A primeira é dun filósofo grego que vivíu entre o 427 A.C. e o 347 A.C.: PLATÓN.

"Buscando o ben dos nosos semellantes, atoparemos o noso".

 

 

 

A segunda é dun compositor alemán que vivíu entre 1770 e 1827: BEETHOVEN.

"O único símbolo de superioridade que coñezo é a bondade".

 

 

 

A terceira é dun médico austríaco que vivú entre 1856 e 1939: FREUD.

"A ciencia moderna non acadou aínda un medicamento tranquilizador tan eficaz como o son unhas poucas palabras bondadosas".

 

 

A última é dun escritor español que vivíu entre 1864 e 1936: UNAMUNO.

"Todo acto de bondade é unha demostración de poder".



¿E ti que pensas? Pódesme contesta...

FRASES

Publicado: 18/09/2007 11:47 por vgomez en FRASES
Unha FRASE, unha REFLEXIÓN, é que pretende este apartado.
Para empezar, hoxe primeiro día, fareime eco das frases enviadas por lectores a un coñecido xornal de ámbito nacional, EL PAIS, que dende hai algún tempo son propostas ante a pregunta: Propostas para salvar o mundo. Entresaco as que máis me chamaron a atención:
"Consume o que precises e prepara a herencia dos que che seguen".
"Non é preciso salvar ao mundo dun meteorito. Hai que salvalo de nós que o estamos destruíndo a pasos axigantados".
"Dende a educación, a solidaridade, a búsqueda da xustiza, o traballo persoal de transformarse en persoas, o respecto aos demais, a empatía, etc.
"A desaparición do ser humano".
"Penso que, ao paso que imos, o Mundo acabarase salvando de nós...El só".
Como vedes hainas para tódolos gustos. ¿E ti que pensas?