Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

UN ESCUDO INVISBLE COMO O DE STAR TREK DESCUBERTO A MILES DE QUILÓMETROS SOBRE A TERRA

UN ESCUDO INVISBLE COMO O DE STAR TREK DESCUBERTO A MILES DE QUILÓMETROS SOBRE A TERRA


Os electróns chocan contra esta barreira invisible coma se existira un muro de cristal no espazo / ANDY KALE, UNIVERSITY OF ALBERTA

Un equipo da Universidade de Colorado (EUA) descubriu a uns 11.500 quilómetros sobre a Terra un escudo invisible que bloquea os chamados "electróns asasinos", unhas partículas que circulan arredor do planeta a unha velocidade próxima á luz e que supoñen unha grande ameaza para astronautas, satélites e sistemas espaciais durante as intensas tormentas solares.

Esta barreira para o movemento das partículas apareceu nos cintos de radiación de Van Allen, dous aneis que están cheos de electróns e protóns de alta enerxía. O autor principal do traballo, Daniel Baker, explicou na revista Nature que este cinto está retido no seu lugar polo campo magnético da Terra e se incha e contráese periodicamente en resposta ás perturbacións de enerxía entrantes dende o Sol.

Os cintos de Van Allen considéranse o primeiro descubrimento importante da era espacial -en 1958- e o seu achado determinou que estaban formados por un cinto interior e outro exterior que se estendían máis de 40.000 quilómetros por enriba de superficie da Terra. En 2013, Baker dirixiu un equipo que utilizou dúas sondas xemelgas da NASA para descubrir un terceiro anel transitorio, o "anel de almacenamento", situado entre os cintos e que parece ir e vir dependendo da intensidade do clima espacial.

O último misterio sobre este obxecto celeste xira en torno a un límite "extremadamente forte" existente no bordo interior do cinto exterior, a 11.500 km de altura, que parece bloquear os electróns ultrarrápidos impedindo que entren na atmosfera terrestre.

Os autores deste traballo, que foi publicado en "Nature", pensaron nun principio que os electróns altamente cargados, que se moven en bucle arredor da Terra -a máis de 160.000 quilómetros por segundo- vanse á deriva lentamente cara á atmosfera superior e son gradualmente aniquilados pola interacción coas moléculas de aire. Pero a barreira impenetrable, vista neste novo estudo, non deixa aos electróns chegar tan lonxe.

Para o autor, "a clave é manter a observación da rexión con exquisito detalle". "Se o Sol realmente logra arruinar a magnetosfera da Terra cunha exección de masa coronal (CME), sospeito que abrirá unha brecha no escudo por un período de tempo", engadiu.

FONTE: Xornal abc/ciencia

MOLÉCULAS ORGÁNICAS NO COMETA 67P DESCUBERTAS POLO ROBOT PHILAE

MOLÉCULAS ORGÁNICAS NO COMETA 67P DESCUBERTAS POLO ROBOT PHILAE

O robor Philae no cometa cometa 67P/Churyumov-Guerasimenko/Churyumov-Guerasimenko / Imaxe:cromo.com.uy

O robot Philae, antes de sufrir o seu apagamento ao quedar sen enerxía o pasado sábado, detectou moléculas orgánicas de carbono, os ladrillos fundamentais para a vida na Terra, no cometa 67P/Churyumov-Guerasimenko/Churyumov-Guerasimenko, segundo confirmaron científicos do Centro Aeroespacial Alemán (DLR).

O achado tivo lugar grazas aos experimentos iniciados antes de que o robot entrase nun estado de "stand-by" tras non poder recargar as súas baterías solares. Así, o instrumento COSAC logrou entregar estas mostras para a análise.

Tamén a ferramenta MUPUS estivo a traballar para medir a densidade e as propiedades térmicas e mecánicas da superficie do cometa, mostrando que non é tan branda como se cría, senón que hai unha capa de material «duro como o xeo».

Descubrir se os compostos a base de carbono (e, a través deles, a vida) foron traídos á Terra primitiva polos cometas, era un dos obxectivos principais da misión. Este achado apoia a Teoría da Panspermia, defendida polo sueco Svante Arrhenius e polo codescubridor do ADN, Francis Crick, segundo a cal as moléculas viaxan polo espazo a bordo de papaventos e po estelar, podendo «sementar» vida se encontran as condicións axeitadas, impulsadas pola radiación das estrelas.

O interese da misión Rosetta no cometa recae en que estes corpos celestes se consideran reliquias da formación do noso Sistema Solar, hai 4.500 millóns de anos, e conservaron antigas moléculas coma se se tratase dunha cápsula do tempo. Non obstante, os científicos alemáns recoñeceron non estar seguro aínda de se hai compostos complexos que forman proteínas entre os achados de Philae.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

MATERIA ORGÁNICA ORIXINARIA DE MARTE

MATERIA ORGÁNICA ORIXINARIA DE MARTE

Retrato do Curiosity en Marte / Imaxe: NASA

A materia orgánica detectada polo rover Curiosity en Marte non é probablemente debida á contaminación traída dende a Teerra, como os investigadores pensaron nun principio.

Un equipo de científicos alemáns e británicos suxiren que un composto gasoso con cloro orgánico (clorometano) atopado no planeta vermello ven do chan de Marte, con carbono e hidróxeno probablemente derivado dos meteoritos que caeron sobre a superficie do planeta.

Esta hipótese fundaméntase nas medicións de isótopos realizadas polos científicos nas que se replicaron algúns dos experimentos do módulo de aterraxe en Marte. Nestas investigacións utilizáronse mostras dun meteorito de hai 4.600 millóns de anos que caeu en Australia en 1969. Os resultados diste estudo foron publicados na Scientific Reports.

A cuestión de se hai materia orgánica en Marte, un requisito esencial para a vida niste planeta, foi debatida pola comunidade científica durante moito tempo. Para abordar esta cuestión, o rover Curiosity da NASA, que aterrou  en Marte en agosto de 2012, ten levado a cabo investigacións sobre o chan marciano. Ao quentar mostras do chan foron detectadas e identificadas moléculas orgánicas simples polos sistemas de medición a bordo.

Curiosamente iste tipo de material orgánico tamén foi identificado en experimentos anteriores durante a misión Viking en 1976, pero o composto considerouse, daquela, un contaminante terrestre.

FONTE: Xornal abc/ciencia

CHEGOU O DÍA PARA PHILAE

CHEGOU O DÍA PARA PHILAE

Simulación separación de Philae de Rosetta / Imaxe: foros.abc.es

A sonda espacial Rosetta esta lista para realizar, mañá mércores, unha manobra que xamais se intentou antes: soltar con precisión un robot de cen quilos, o Philae, para que, tras sete horas de caída, aterre na superficie dun cometa. O obxectivo desta misión da Axencia Europea do Espazo (ESA) é o 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko, un cometa duns catro quilómetros de diámetro máximo que está agora a unha distancia da Terra de 510 millóns de quilómetros e que viaxa a 55.000 quilómetros por hora en dirección ao Sol.

Segundo o plan, o Philae separarase da Rosetta mañá, mércores, ás 9.35 (hora peninsular) e aterrará cara ás 16.30. Pero, como os sinais tardan (viaxando á velocidade da luz) 28 minutos e 20 segundos en chegar á Terra, de cada paso da operación e do triunfo ou o fracaso desta non se terá noticia ata media hora máis tarde. Entre os primeiros labores do robot está tomar unha foto panorámica, que tamén tardará un tempo en chegar.

A misión Rosetta, que está previsto que dure ata finais de 2015, é a primeira que se pon a dar voltas a un cometa (chegou o pasado 6 de agosto) e envía unha sonda para que aterre nel; a primeira que, acompañando ese corpo celeste na súa viaxe cara ao Sol, vai presenciar os cambios que sofre polo incremento da radiación da estrela; e a primeira en tomar fotos dende a súa superficie (o Philae) e en facer análise in situ da súa composición.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

IMAXE REVOLUCIONARIA REVELA A XÉNESE PLANETARIA

IMAXE REVOLUCIONARIA REVELA A XÉNESE PLANETARIA

A estrella HL Tauri e o seu disco protoplanetario captados polo telescopio internacional ALMA / ALMA (ESO/NAOJ/NRAO)

 

Unha nova imaxe do telescopio ALMA (Atacama Large Millimeter / submilimétrico) revela detalles extraordinariamente precisos se un disco de formación planetaria ao redor dunha estrela nova. Trátase das imaxes máis nítidas xamais feitas en lonxitudes de onda submilimétricas, o que supón un enorme paso adiante na observación de como os discos protoplanetarios se desenvolven e como se forman os planetas.

Para estas observacións de ALMA, os investigadores puxeron os seus ollos en HL Tauri, unha nova estrela situada a uns 450 anos luz de distancia da Terra e rodeada por un disco de po.

A imaxe resultante superou todas as expectativas e revela cun detalle inesperadamente preciso como é o disco de material sobrante do nacemento das estrelas. Concretamente, descubriuse que se mostra nunha serie de aneis concéntricos brillantes, separados por lagoas.

As estrelas novas como HL Tauri nacen en nubes de gas e po fino, nas rexións que se derrubaron baixo os efectos da gravitación, formando densos núcleos quentes que co tempo se acenden para converterse en estrelas novas. Estas novas estrelas están rodeadas dun ’botón’ formado polo gas e o po restante, que eventualmente se deposita nun disco, coñecido como protoplanetario.

A través de moitas colisións, as partículas de po péganse, formando en grumos do tamaño de grans de area e seixos. En última instancia, os asteroides, os cometas e mesmo os planetas poden chegar a formarse dese disco. Os planetas novos interromperán o trazo do disco para crear aneis, ocos e buratos, como os que se observan nas estruturas que agora se observan con ALMA.

A investigación destes discos protoplanetarios é "esencial", segundo destacaron os investigadores, de cara á comprensión de como a Terra se formou no Sistema Solar. A observación das primeiras etapas da formación de planetas arredor de HL Tauri pode mostrar como o sistema planetario ao que pertence a Terra puido aparecer hai máis de 4.000 millóns de anos.

FONTE: Xornal El Mundo/ciencia


HOUBO SEMPRE AUGA NA TERRA DENDE O PRINCIPIO?

HOUBO SEMPRE AUGA NA TERRA DENDE O PRINCIPIO?

Os investigadores cren que os océanos sempre estuvieron aquí / JACK COOK

 

Dende o espazo, a Terra parece unha bóla azul debido á presenza dos océanos, que cobren o 70% da súa superficie. Unha inmensidade que alberga a maior explosión de biodiversidade do mundo e que resulta esencial para a vida tal e como a coñecemos. Non obstante, a pesar da súa enorme importancia, os científicos seguen sen saber a orixe da auga do planeta: de onde provén e cando apareceu?

Ata agora, a hipótese máis aceptada sostiña que o líquido elemento chegou ata aquí dende o exterior, a bordo de asteroides e cometas “húmidos” migrados dos confíns do Sistema Solar, centos de millóns de anos despois de que a Terra se tivese formado. Pero investigadores da Institución Oceanográfica Woods Hole (WHOI) en Massachusetts (EUA) non están de acordo. Cren que a Terra xa tivo auga dende a súa mesma formación, segundo se publica na revista Science.

Os autores do estudo estudaron unha potencial fonte de auga da Terra: as condritas carbonáceas, os meteoritos máis primitivos coñecidos, formados da mesma nube de po, partículas, xeo e gases que deu lugar ao Sol hai uns 4.600 millóns de anos, moito antes dos cales se formasen os planetas.

Co fin de determinar a fonte de auga en corpos planetarios, os científicos mediron a relación entre os dous isótopos estables de hidróxeno: o deuterio e o hidróxeno. Diferentes rexións do Sistema Solar caracterízanse por proporcións moi variables destes isótopos. Os autores do estudo sabían a relación das condritas carbonáceas e razoaron que se puidesen comparar iso cun obxecto que cristalizou mentres a Terra se estaba a formar activamente, entón poderían medir cando apareceu a auga na Terra.

Para probar esta hipótese, o equipo de investigación analizou mostras de meteoritos proporcionadas pola NASA provenientes do asteroide Vesta. O asteroide, que se formou na mesma rexión do Sistema Solar que a Terra, ten unha superficie de rocha basáltica ou lava conxelada. Estes meteoritos coñécense como eucritos e levan unha firma única dun dos depósitos de hidróxeno máis antigos do Sistema Solar. A súa idade, aproximadamente 14 millóns de anos despois de que o noso sistema planetario se formase, fainos ideais para a determinación da fonte de auga nun momento en que a Terra estaba na súa fase principal de construción. Por primeira vez, os investigadores analizaron cinco mostras diferentes cunha técnica que utiliza espectrometría de masas de ións secundarios.

As medicións mostran que Vesta contén a mesma composición isotópica de hidróxeno que as condritas carbonáceas, que é tamén a da Terra. Iso, combinado con datos de isótopos de nitróxeno, apunta ás condritas carbonáceas como probablemente a fonte máis común de auga.

Se ben os resultados non se opoñen a unha adición tardía de auga na Terra, mostran que non era necesaria, xa que a cantidade e composición correctas da auga xa estiveron presentes nunha fase moi temperá. Unha consecuencia diso é que a vida no noso planeta podería ter comezado moi temperán, e suxire algo moi interesante: saber que a auga chegou cedo ao Sistema Solar interior tamén significa que os outros planetas internos poderían ter sido húmidos no principio e a vida podería ter evolucionado neles antes de que se convertesen nos ambientes hostís que son hoxe.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UNHA ESTRELA ESCAPA DUN BURATO NEGRO

UNHA ESTRELA ESCAPA DUN BURATO NEGRO

O burato negro empezara xa a “devorar” a estrela cando ela logrou liberarse / Ohio State University

 

Un equipo internacional de astrónomos foi testemuña directa dun acontecemento raro e excepcional: a "fuga" dunha estrela que fora capturada por un enorme burato negro. De feito, o burato negro empezara xa a "devorar" a estrela cando esta conseguiu liberarse.

Normalmente, pensamos nos buratos negros como en enormes "depredadores espaciais" capaces de engulir estrelas enteiras (ou calquera outra cousa que se poña a tiro da súa inmensa gravidade). Non obstante, nalgunhas ocasións unha estrela xa "mordida" por un burato negro logra escapar aínda que, iso si, tras perder unha substanciosa porción da súa masa. Neste caso, a "dentada" sufrida pola estrela tiña unha masa equivalente á do planeta Júpiter.

A estrela en cuestión encóntrase a uns 650 millóns de anos luz de distancia, na dirección da Osa Maior. Pero os astrónomos do Ohio State University que realizaron a observación non puideron ver directamente a estrela, senón a luz emitida cando o burato negro empezaba a devorar a presa que había caputado. A observación foi realizada coa rede de telescopios All-Sky Automated Survey for Supernovae (ASAS-SN).

Nun artigo que se publica en Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, os investigadores revelan que a estrela e o burato negro atópanse nunha galaxia que está fóra do recén bautizado supercúmulo de Laniakea, do que a nosa galaxia, a Vía Láctea, forma parte.

FONTE: Xornal abc/ciencia

UNHA DESCOMUNAL MANCHA SOLAR

UNHA DESCOMUNAL MANCHA SOLAR


A luz brillante, abaixo á dereita, mostra unha labarada solar de clase X o domingo, a terceira en 48 horas / Imaxe: NASA/SDO

 

A descomunal mancha solar AR 2192 é a máis grande rexistrada en 24 anos e segue medrando. A rexión activa sobre a superficie do Sol, unha zona fría que impide que o plasma solar flúa cara á superficie e actúa como un poderoso campo magnético, cobre unha área equivalente a 33 planetas Terra. É tan xigantesca que mesmo puido ser observada a simple vista cando o brillo do Sol é suavizado polas nubes ou a néboa. (Nunca miredes ao Sol sen protección, é altamente perigoso).

Como dá a entender o seu gran tamaño, esta mancha é moi poderosa. Só nos últimos tres días lanzou ao espazo tres labaradas de clase X, as máis intensas na escala de medición, e oito de clase M, algo máis suaves. Unha mesmo provocou apagamentos de raio HF e problemas nas comunicacións no lado da Terra que estaba de cara ao Sol.

As labaradas solares adoitan ir acompañases da emisión unhas execcións de masa coronal, unha nubes de plasma magnetizado coñecidas como CME. Non obstante, ningunha das erupcións de AR 2192 produciu un destes eventos de forma significativa. Polo tanto, tampouco se produciron tormentas xeomagnéticas nin rechamantes auroras.

FONTE: Xornal abc/ciencia