Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

A IDADE DA LÚA

A IDADE DA LÚA

A edición dixital da revista "Nature" acaba de publicar un estudo de universidades de Canadá, Alemaña e EEUU, sobre a idade da Lúa. O centro do estudo foi unha partícula  de circón (ZrSiO4), un mineral de cor variable e pertencente ao grupo dos silicatoe está composto por circonio e silício e que se forma polo arrefriado de rocas fundidas. Este gran de circón, atopado na Lúa, ten, segundo o estudo, 4.417 millóns de anos, qu e a converte na mostra deste mineral máis antiga procedente dun corpo planetario do Sistema Solar.

Ata agora, a teoría  máis estendida sobre a orixe da Lúa defende que este satélite naceu tras unha colisión ocorrida hai máis de 4.500 millóns de anos entre a Terra e un asteroide do tamaño de Marte, do que xurdíu unha lúa cuberta por unha balsa de magma que posteriormente se foi arrefriando e solidificando.

 

DARWIN: O PAI DA EVOLUCIÓN

DARWIN: O PAI DA EVOLUCIÓN

Neste asemana, concretamente o xoves día 12 de febreiro, cúmprense 200 anos do nacemento de Charles Robert Darwin (12-02-1809/19-04-1882) e 150 anos da publicación da súa principal obra: "A orixe das especies" (1859).

Son moitas as actividades adicadas durante todo o ano a este insigne científico. Pareceme especial a que adica o xornal dixital elmundo.es, cun traballo amplo e concienzudo. Nel podemos pasear pola súa biografía, a viaxe no Beagle, a Teoría da Evolución, curiosidades, etc. Todo pode contribuír a coñecer a este gran home.

Se tes interés en coñecelo mellor pincha en DARWIN: O pai da evolución

¡UNHA SERPE DE TAMAÑO!

¡UNHA SERPE DE TAMAÑO!

A revista "Nature" publica esta semana un estudo da Universidade de Toronto en Mississauga (Canadá) no que se indica o achádego dos restos fósiles da serpe máis grande coñecida ata agora.

Recreación de la serpiente ’Titanoboa Cerrejonensis’

Nesta receración de Jason Bourque (Nature) podemos ter unha idea do exemplar. O restos foron atopados en Carrejon (Colombia). Medía 13 m de longo e 1250 kg de peso. Foi bautizada co nome  científico de Titanoboa Cerrejonensis.

Segundo os científicos esta serpe necesitou unha temperatura moito maior que a actual para sobrevivir (pensemos que son seres poiquilotermos, é dicir que a temperatura do seu corpo depende da temperatura do medio), o que abre un  estudo para ver a evolución do clima da zona.

¡Como para atoparse con ela!

 

FUSIÓN NUCLEAR NA TERRA

FUSIÓN NUCLEAR NA TERRA

Deseño do futuro reactor de fusión nuclear ITER a instalar en Cadarache (Francia) / ITER

Ata agora, cando se fala de reaccións nucleares de fusión sempre facemos referencia á enerxía do Sol e das estrelas (que teñen como combustible o Hidróxeno: H + H He+ outros elementos + Enerxía). Pois ben parece que comenzou a carreira de reproducir na Terra ese proceso para obter unha fonte inagotable de enerxía e limpa: o proxecto ITER.

O proxecto ITER (International Thermonuclear Experimental Reactor) comenzou a súa vida en  outubro de 2007 e os sete socios principais que o forman son : China, Corea, Estados Unidos, India, Xapón, Rusia e a Unión Europea, tendo previsto a súa conclusión no 2018 coa montaxe final do reactor en Cadarache (Francia).

A noticia importante deste proxecto, a longo prazo, é que o pasado xoves concluíu a construcción do Divetor (Test Plataform Facility DTP2), peza clave do citado reactor.

O Divetor ten uns 20 m de lango e 650 toneladas de peso e foi construído en Tampere (Finlandia) por catro empresas europeas: unha de Luxemburgo, outra de Finlandia e dúas españolas: as catalanas Procon e Telstar. A súa misión é vital pois será a de retirar as cinsas de Helio que impedirían a reacción nuclear ao contaminarse o plasma ( estado no que a materia se atopa a altas temperaturas, irradia calor e adquire propiedades electricas) confinado. Como consecuencia ten que aguantar temperaturas de 100 millós de ºC (unha temperatura  10 veces a do interior do Sol)

Haberá que esperar ata o 2018 para ver se en realidade somos capaces de ter unha enerxía inagotable, pero tamén segura.

 

 

GLOBOS ATMOSFÉRICOS

GLOBOS ATMOSFÉRICOS

A NASA e a Fundación Nacional das Ciencias acaban de facer público que probaron con éxito un novo globo atmosférico para a exploración científica a gran altura.

A proba, levada a cabo a finais do ano pasado, realizouse na Antártida. O prototipo, dun grosor similar ao do plástico, é moi resistente e ten un volume de 200.000 m3(equivalentes a 80 piscinas olímpicas). No futuro o volume será maior (625.000 m3), levando no seu interior 1000 quilogramos de instrumental, podendo superar os 33.000 m de altura. O prototipo lanzado atópasa nestes momentos a 32.000 m de altura.

Estes globos, de gran duración e altamente resistentes á presión, son moito máis baratos que os satéiltes coa posibioliodade de recuperalos e reutilizalos.

 

 

A VÍA LÁCTEA

A VÍA LÁCTEA

Vía Láctea, ese é o nome da nosa galaxia , tamén coñecida como Camiño de Santiago. En realidade é unha agrupación de100.000 millóns de estrelas en forma de espiral ou xirándula. Componse duns brazos espirais que xiran ao redor dun gran núcleo central. O noso Sistema Solar atópase entre dous brazos, nunha zoa pouco poboada de estrelas e ás aforas da mesma, a unha distancia do centro duns 30.000 anos luz. O tamaño da nosa galaxia é duns 100.000 anos luz.

Ata aquí é todo máis ou menos coñecido. A noticia é que na reunión anual da Sociedade Americana de Astrofísica, celebrada hai uns días en Long Beach (California-EEUU) presentouse os resultados dunha investigación do Centro de Astrofísica de Harvard-Smithsonian no que se confirma que a velocidade con que xira a nosa galaxía é moito máis do que se pensaba. Esta xira á velocidade, nada despreciable, de 965.000 km/h. Para obter este dato os científicos empregaron o radiotelescopio Very Long Baseline Array (VLBA), un conxunto de 10 antenas, distribuídas por todo o país, que conforman unha das maiores instalacións de observación dende a Terra.

Pero a noticia non queda só neso. Ese aumento de velocidade (estimada en 160.00km/h) con respecto a anterior, implica que a súa masa é moito maior e fai moito máis probable que colisionemos con outra galaxia, a máis próxima, a galaxia de Andromeda.

¡Pero non preocuparse, ... nun futuro moi lonxano!

ENCELADO

ENCELADO

Imaxe captada pola sonda "Cassini"das fendas en Encelado que suxiren a presencia dun océano subterráneo de auga líquida. (Foto: NASA)

Saturno, o segundo planeta máis grande do Sistema Solar, ten oficialmente 33 satélites, sendo Titán o maior deles. O terceiro satélite en orde de distancia a Saturno e o sexto en tamaño é ENCELADO.

A súa órbita está a unha distancia media de 238.000 km do planeta e cun período de 32 horas e 53 minutos. O seu diámetro é de 500 km. Foi descuberto por Herschel no borde máis externo dos aneis de Saturso.

A sonda Cassini da NASA acaba de atopar indicios dun océano de auga líquida baixo a súa superficie. Esta conclusión foi presentada o pasado martes no Congreso da Unión Geofísica Americana que se está a celebrar en San Franciosco.

Para os investigadores da NASA este achádego suxire que baixo a superficie da lúa hai un mar de auga líquida que provoca rupturas na súa códea dunha forma similar ao sistema de placas tectónicas da Terra.

Non  obstante, esta investigación recalca que, de momento, só se trata dunha hipótese que só podería confirmarse na mesma lúa de Saturno.

NOVO DESCUBRIMENTO DO HUBBLE

NOVO DESCUBRIMENTO DO HUBBLE

O telescopio espacial Hubble (que foi lanzado hai 18 anos e que orbita a 575 quilómetros sobre a Terra e que revolucionou a astronomía grazas á súa habilidade de escudriñar o universo, devolvendo imaxes libres das distorsións que xera a atmosfera terrestre) acaba de descubrir dióxido de carbono (CO2) e monóxido de carbono (CO) na atmosfera dun planeta fóra do noso Sistema Solar coñecido como HD189733b a 63 anos luz da Terra.

HD189733b é un planeta do tamaño de Xúpiter e está preto da estrela que lle dá o seu nome HD 189733, que tarda só 2,2 días en xirar en torno a ela. Está formado por gases e líquidose é demasiado quente (máis de 900 ºC) para aloxar vida tal como a coñecemos. Sen embargo, os compostos orgánicos detectados poden ser consecuencia de procesos de vida e, se fosen detectados nunha planeta similar á Terra, poderían «prover a primeira evidencia de vida máis aló do noso planeta», indicou a NASA.