Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

ESPERANZA

Onte escoite nun telexornal nacional este poema "Esperanza", atribuído a Alexis Valdés (comediante e actor cubano), aínda posteiormente comprobei que hai disparidade de opinións sobre a súa autoría. Fora como fose, calou en min e fixen a tadución do mesmo que paso a seguir:

Cando a tormenta pase

e amansen os camiños,

e sexamos sobreviventes

dun naufraxio colectivo.

 

Co corazón choroso

e o destino bendito

sentiremos ditosos

tan só por estar vivos.

 

E darémoslle un abrazo

ao primeiro descoñecido

e encomiaremos a sorte

de conservar un amigo.

 

E entón lembraremos

todo aquilo que perdemos

dunha vez aprenderemos

todo o que non aprendemos.

 

E non teremos envexa

pois todos sufrirían.

E non teremos desidia,

seremos máis compasivos.

 

Valerá máis o que é de todos,

que o xamais conseguido.

 

Seremos máis xenerosos,

e moito máis comprometidos.

 

Entenderemos o fráxil

que significa estar vivos.

 

Suaremos empatía

por quen está e quen se foi.

 

Estrañaremos ao vello

que pedía un peso no mercado,

que non soubemos o seu nome

e sempre estivo ao teu lado.

 

E quizais o vello pobre

era o teu Deus disfrazado.

 

Nunca preguntaches o nome

porque estabas apurado.

 

E todo será un milagre

e todo será un legado.

 

E respectarase a vida,

a vida que gañamos.

 

Cando a tormenta pase

pídoche Deus,  apenado,

que nos devolvas mellores,

como nós soñaramos.

CLASICOS DA LITERATURA PARA O CONFINAMENTO



Xa non hai escusas que vallan. É o momento de tachar da túa lista de pendentes a lectura, e para iso, aquí tes unha selección cos mellores clásicos da literatura que podes atopar na internet de forma legal e gratuíta, que sempre quixeches ler e para as que nunca tiveches tempo, pero agora telo debido ao confinamento.

Para facelo só tes que elexir o libro, premer AQUÍ e descargalo no formato que queiras. Todos os libros son en lingua castelá.

Estas son as propostas:

1. Estudio en Escarlata de Arthur Conan Doyle AQUÍ.

2. El Principito de Antoine de Saint Exupéry AQUÍ.

3. Una habitación propia de Viginia Woolf AQUÍ.

4. Drácula de Bram Stoker AQUÍ.

5. Viaje al centro de la Tierra de Julio Verne AQUÍ.

6. Orgullo y Prejuicio de Jane Austen AQUÍ.

7. Bodas de sangre de Federico García Lorca AQUÍ.

8. Diez negritos de Agatha Christie AQUÍ.

9. Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes AQUÍ.

10. Frankestein de Mary Shelley AQUÍ.

Gazas as editoriais colaboradoras!

FONTE: guiadelocio.com

OUTRO CÓMIC PARA O CONFINAMENTO

Calpurnio é o pseudónimo co que asina Eduardo Pelegrín Martínez de Pisón (Zaragoza, 1959), un dos ilustradores máis importantes do noso país.

Esta é a súa aoprtación ao confinamento co cómic "Mundo Plasma". Dez personaxes absurdos nunha pensión... que acabará sendo o seu cárcere. Aventuras, amores imposibles, marcianos, posesións diabólicas,  pareidolias e horrendos crimes nesta apaixonante melodrama cuántico.

Perfecto para botar unhas risas durante o confinamento! Interésache? Pois preme AQUÍ e despois na frecha (>), á dereita da imaxe.

Grazas!

PARA OS MÁIS PEQUENOS NO CONFINAMENTO

Da película CARS 3, planetadelibros.com ofrece gratuitamente unha proposta para os máis pequenos da casa para estes día de confinamento, lámina para colorear e outros entretemento.

Se che apetece a temática preme AQUÍ.

Grazas!

UN CÓMIC PARA O CONFINAMENTO (IV)

UN CÓMIC PARA O CONFINAMENTO (IV)

 

GP Edicións contribúe a este confinamento poñendo en Calaméo para lectura en liña o seu cómic Blanquito.

Para acceder preme AQUÍ.

Grazas! 

CANDO PASE TODO ISTO...

 

Cando pase todo isto.... Así dá comezo o último anuncio de Gadis que busca animar a todos os galegos e galegas nesta corentena. Como? Facéndolles ver todas e cada unha das cousas das que poderán gozar unha vez termine este período de confinamento pola pandemia do coronavirus.

Ánimo!

UNHA PELÍCULA PARA O CONFINAMENTO (II)

A distribuidora ADSOFILMS a través de adso.tv/yomequedoencasa fai a súa aportación ao confinamento coa película “Profesor en Groenlandia” (Une année polaire - 2018).

Argumento: Anders, un profesor recentemente licenciado, decide deixar a súa Dinamarca natal en busca dunha aventura laboral en  Groenlandia. Ao chegar alí séntese estraño e afastado dos seus habitantes, ao ser unha comunidade moi pechada. Grazas a unha serie de curiosas circunstancias, Anders cuestionará as súas conviccións  centroeuropeas e aceptará o seu novo estilo de vida polar.

Se che interesa preme AQUÍ.

Grazas!

UN POSTRE PARA COMBATIR O CONFINAMENTO

O pasado día, proponía que a cociña pode converterse nunha fórmula perfecta para combater a monotonía do confinamento a que estamos sometidos, sobre todo para os nen@s, iso si, baixo a supervisión dalgún adulto.

Hoxe propoñovos outra experiencia, un poste, que a eles tanto lles gusta:

Mug Cake’ de chocolate

Ingredientes

    - Catro culleradas rasas de fariña de repostería
    - Catro culleradas de azucre branco
    - Dúas culleradas de cacao en po
    - Media cullerada de fermento químico en po
    - Un ovo mediano
    - Tres culleradas de leite enteiro
    - Tres culleradas de aceite de oliva ou de xirasol
    - Azucre glass para adornar

Elaboración

Esta receita ten dous dos principais atractivos para que un neno colla o gusto pola cociña: obterá os resultados de maneira inmediata e ademais poderá gozar dunha deliciosa sobremesa ao finalizar. A elaboración é sinxela, xa que só hai que engadir os ingredientes a unha cunca grande na orde sinalada arriba e mesturalos ben cunha culler. Tres minutos no microndas á máxima potencia e o mug cake estará listo para ser adornado con azucre glass e comerlo na mesma cunca cunha culler.

A disfrutalo!