Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO VII

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Pelotiña.

 

O Pelotiña é relmente o Seat 600. Fabricado entre 1957 e 1973, foi o modelo mítico por excelencia da automoción española. O coche que puxo sobre rodas a todo un país tivo temén outros alcumes, todos cariñosos: Seiscentos, Seíña, Seíta...

Foi o segundo modelo comercializado pola marca española SEAT copiando o deseño do FIAT 600. O Seat 600 pertence ó segmento de vehículos con motor traseiro, tracción traseira e dúas portas.

O primeiro coche deste modelo saíu da fábrica de Barcelona o 27 de xuño de 1957, a un prezo de venda de 60.000 pesetas (o salario medio daquela rondaba as 50.000 pesetas anuais). O último foi fabricado o 3 de agosto de 1973.

O motor orixinal de gasolina tiña 4 cilindros en liña, 633 cc e producía 21’5 cabalos de potencia.

Mañá, un novo coche! 

FONTE: motor.elpais.com e wikipedia

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO VI

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Filete.

 

O Filete é en realidade un Simca 1000, que chegou a España a finais de 1965 e a marca introduciuno cun slogan que se lle volveu en contra: O cinco prazas con nervio. A xente tirou de maldade e rematou chamándoo "o  filete do pobre" porque era para cinco e con nervio. Logo quedou no Filete.

No noso país foi fabricado por Barreiros entre os anos 1965 e 1978 (nun primeiro momento fíxoo o fabricante francés Simca en 1961). Pertencía ao segmento de turismos familiares con 4 portas, motor traseiro e tracción traseira. O motor de 944 cc producía 52 cabalos de potencia.

Mañá, un novo coche! 

FONTE: motor.elpais.com e wikipedia

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO V

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Catro Latas.


 

O Catro Latas é realmente o Renaul 4. Pierre  Dreyfus, director xeral de Renault quixo ofrecer unha alternativa ao Citroën 2CV: un coche resistente, cómodo, barato e universal. O  R4 naceu en 1961, e catro anos despois chegou a versión 4 L, de onde naceu o popular mote Catro Latas.

Tratábase dun vehículo dotado dunha mecánica pioneira en Renault, con tracción dianteira ao estar montado o motor na fronte, suspensión a base de barras de  torsión e refrixeración por de circuíto pechado con vaso de expansión. Tiña un motor con catro cilindros e consumía pouco máis que o do 2CV.

Mañá, un novo coche! 

FONTE: motor.elpais.com e wikipedia

 

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO IV

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Zapatilla.

 

O Zapatilla era realmente un Biscúter, un icono da automoción celtibérica, un microcoche moi popular na España dos anos cincuenta e que hoxe é unha peza indiscutible de museo, con forma de zapatilla.

Ten as súas orixes en Francia, a finais dos anos 1940, onde Gabriel Voisin, deseñador de avións e titular da prestixiosa fábrica de automóbiles Voisin, deseñou un coche mínimo chamado Bi-scooter. O nome implicaba que era do tamaño de dúas motos scooter ou ben unha moto scooter con catro rodas. En Francia, a idea non atraeu o interese dos fabricantes nin do público, pero ocorreu todo o contrario na España de posguerra, e finalmente vendeu a licenza á firma española Autonacional S.A. de Barcelona.

Cando se introduciu no mercado en 1953, o coche non tiña nome formal e chamábase simplemente Serie 100, pero pronto pasou a ser coñecido como "Zapatilla".

O Zapatilla realmente estaba simplificado ao mínimo, sen portas, fiestras nin marcha atrás. O motor Hispano Villiers dun cilindro, 197 cc e dous tempos desenvolvía 9 CV, arrincábase cun tirador e tiña a transmisión soamente á roda dianteira dereita. O freado realizábase cun sistema pouco común de tres puntos, que incluía a transmisión e cables ás rodas traseiras. Unha característica realmente avanzada foi unha carrocería completamente de aluminio, aínda que máis tarde se usase aceiro.

Mañá, un novo coche! 

FONTE: motor.elpais.com e wikipedia

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO III

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos do Lola Flores.

 

O Lola Flores é en realidade o Mercedes Benz 170D. En 1949, Mercedes instalou un motor diésel ao seu modelo 170, e así naceu o 170D. Un coche fiable que se converteu no primeiro modelo de gasóleo de carácter popular. O ruidoso castañeteo que facía ao ralentí serviu para que lle puxesen de sobrenome Lola Flores.

O Mercedes 170 D ofrecía 38 cv e 100 km/ h grazas a uns 4 cilindros de 1697 cc. A versión de gasolina de idéntico cubicaxe e potencia alcanzaba o 108 km/ h.

Mañá, un novo coche!

FONTE: motor.elpais.com e 8000vueltas.com

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO II

Continuando coa serie aos coches do século pasado con un nome propio peculair, hoxe falaremos da Cirila.



A cirila realmente é un Citroën 2CV (dous cabalos, popularmente chamado), nesta imaxe unha furgoneta. A versión furgoneta do Citroën 2CV foi fabricada entre 1954 e 1978. Utilizouse para labores do campo e tamén, moi intensamente, para traballos de reparto na cidade.

El Citroën 2CV está de aniversario
2 CV /autocasion.com

 

O Citröen 2CV foi presentado á prensa no Salón do Automóbil de París en 1948 cun motor de 375 cc. Máis adiante tivo melloras, como un novo motor de 425 cc en 1955 e outro de 602 cc en 1966. O derradeiro 2CV fabricouse o 27 de xullo de 1990. Na factoría de Citroën en Vigo estivo en produción entre os anos 1959 e 1984.

Mañá, un novo coche!

FONTE: motor.elpais.com e autocasion.com

 

COCHES DO PASADO CON NOME PROPIO

De vez en cando, nalgunha exposición, rally de coches históricos... puidecehes ver algún destes coches dos que imos falar, pero se che digo Cirila, Lola Flores ou zapatilla seguro que non sabes do que estou a falar e sigo falando de coches do século pasado, o XX.

Comezo unha serie adicada a eles. Para empezar falaremos do ovo, aínda que o seu nome real sexa BMW Isetta.

Un auténtico ovo motorizado que popularizou  BMW nos anos cincuenta, aínda que en realidade naceu en Italia da man da factoría Iso Rivolta a partir dun deseño de  Ermenegildo Preti. Accedíase ao interior do coche, de 2,3 metros de lonxitude, abrindo o frontal dianteiro.

BMW Isetta

O seu reducido habitáculo permitía sentar a dous adultos e un neno pequeno / Imaxe: motorpasion.com

Mañá, un novo coche!

FONTE: motor.elpais.com

COMPROMISO MEDIOAMBIENTAL NO TRANSPORTE MARÍTIMO



Segundo datos publicados pola Organización Marítima Internacional (IMO), o 90% do comercio mundial depende do transporte de mercadorías a través de barcos. Coches, gando ou adornos de Nadal (un dato curioso: practicamente o 70% dos produtos decorativos do Nadal provén de China e chegan en contedores aos portos) viaxan a través do mar nos 50.000 buques de mercadorías que operan no planeta. Cada ano o transporte marítimo medra e a tendencia parece que continuará polo menos durante o próximo lustro. Pero esta actividade que garante un bo número de postos de traballo de forma directa e indirecta é tamén una das principais causas de contaminación ambiental do mundo, co agravante de que de cando en cando se pon o foco sobre ela. Tanto é así que nin o protocolo de Kioto nin o máis recente acordo sobre o clima  COP21 mencionan o transporte marítimo, aínda que segundo estimacións da ONG Transport and Enviroment, os 20 buques máis grandes do mundo verten máis xofre na atmosfera que todo o transporte por estrada do mundo; ademais, tamén son responsables segundo datos da propia  IMO da produción de 800 millóns de toneladas de CO2 anuais, o que representa o 2% do total mundial.

Para  Enrique  Arriola,  CEO do estaleiro tecnolóxico cántabro Metaltec Naval, o principal problema é que “non é fácil conxugar viabilidade e sustentabilidade. No ámbito terrestre sucede o mesmo”. Eles, con todo, si que se atopan plenamente comprometidos para conseguir que o transporte de mercadorías e pasaxeiros en barcos non sexa  dañiño para o medio ambiente. Boa proba diso é o Ecocat, o primeiro catamarán de pasaxeiros  electrosolar de Europa, que permite transportar ata 120 persoas sen usar ningún tipo de combustible fósil. Os 120 paneis solares que incorpora a embarcación permítenlle navegar ata oito horas sen necesidade de recargas, grazas a un sistema de ás despregables e  retráctiles que aumentan a súa capacidade de captación de enerxía solar mentres está en movemento. O catamarán está, ademais, fabricado en aluminio, un material lixeiro, resistente, non combustible e 100% reciclable, polo que o compromiso ambiental de  Metaltec parte desde a mesma concepción do proxecto.

Aínda que o transporte marítimo non ten fácil situarse na senda da responsabilidade total para favorecer modelos menos contaminantes (de feito, un recente estudo da universidade de Manchester sinalaba que os combustibles alternativos eran aínda unha quimera), os últimos acordos impulsados pola IMO sinalan o inicio dunha maior comprensión por parte das grandes navieras. Neste sentido,  Arriola é optimista: “no ámbito marítimo imos ser  elétricos dentro de dez anos nunha gran medida. Imos ver barcos autónomos e eléctricos para transportar persoas e mercadorías”. Oxalá estea no  ciertio e en pouco tempo, ademais de falar de “branco nadal” como na panxoliña, tamén podemos ver un “limpo nadal”…

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpais.es