Blogia
vgomez

ZONA VERDE

ANDAINA ORNITOLÓXICA DE ANABAM

ANDAINA ORNITOLÓXICA DE ANABAM

 

Maña, domingo día 20 de outubro, ANABAM organizada unha andaina ornitolóxica que marca a inauguración oficial da ruta ornitolóxica que o concello guardés está a rehabilitar para darlle un carácter oficial á mesma.

Se estades interesado o punto de encontro será a Estación Ornitolóxica de ANABAM, no Pasaxe, Camposancos, local situado a uns 100 metros do peirao do ferri,ás 10,30 horas.

Lembrade que o Esteiro do Miño é unha zona ZEPA (Zona de Especial Protección para Aves).

Anímate!

AVISO DE ÚLTIMA HORA: suspendida por condicións climatolóxicas adversas.

AMIGO FÉLIX

AMIGO FÉLIX

Félix S. Rodríguez de la Fuente / Imaxe:noticias.terra.es 

Moitos fomos os que seguimos boa parte da nosa vida a ese gran comunicador do mundo da natureza que foi Félix Samuel Rodríguez de la Fuente (1928-1980) e que perdeu a vida facendo que máis lle gustaba en Shaktoolik (Alaska). Pioneiro na defensa da natureza no noso país, influíu en moitos dos mozos daquela época na sensibilización pola protección dos ecosistemas.

Aqueles documentais de El Hombre y la Tierra, que emitía TVE, única televisión daquela, entre os anos 1974 e 1980, fixéronos pasar momentos inesquecibles.

Hoxe propóñovos unha viaxe a aqueles documentais. Para facelo só tedes que premer AQUÍ e facer a escolla. Como veredes son moitos, polo que podedes facer unha programación a realizar durante moito tempo.

Seguro que disfrutaredes!

AS TEMPERATURAS MÁXIMAS EN ESPAÑA AUMENTARÁN ENTRE 5 E 8 GRAOS ATA 2100

AS TEMPERATURAS MÁXIMAS EN ESPAÑA AUMENTARÁN  ENTRE 5 E 8 GRAOS ATA 2100

Quentamento do planeta / Imaxe: 777noticias.com

As temperaturas máximas subirán entre 5 e 8 graos centígrados e as chuvias diminuirán en España ata 2100 a causa do cambio climático, o que provocará diversos impactos na agricultura, a saúde e nos recursos hídricos. Estas son as conclusións máis importantes sobre o impacto do quentamento global no noso país presentadas no novo informe do Panel Intergobernamental de Cambio Climático (IPCC) da ONU.

No informe definitivo (AR5) do Grupo I de Traballo do IPCC, que se publicou a semana pasada en Estocolmo (Suecia), o panel de científicos prevé que na rexión Mediterránea e no norte de África, o incremento medio da temperatura será, sobre todo no norte de África e en Sahara occidental.

Non obstante, os expertos proxectan que as temperaturas máximas diúrnas se elevarán aínda máis, entre 5 e 8 graos centígrados en España, Portugal e o resto dos países do sur de Europa, como Francia, Italia, Eslovenia, Croacia, Hungría, Romanía, Bulgaria, Bosnia Herzebovina, Servia e Montenegro, Albania, Macedonia, Grecia e Turquia

De forma xeral, as precipitacións anuais descenderán nos países do sur de Europa, "especialmente" en Portugal e España, así como en Macedonia, Grecia, Turquía, Bulgaria, Albania e Serbia e Montenegro.

Igualmente, os científicos prevén unha diminución da nebulosidade e a humidade na zona Mediterránea así como unha caída do 40% no nivel anual de escorrentías en España, Portugal, Marrocos e outros países da rexión.

Segundo o documento do IPCC, o quentamento do clima provocará esta serie de efectos e impactará en cuestións básicas para a humanidade como os recursos acuáticos, a seguridade alimentaria, a saúde humana, a biodiversidade e os ecosistemas, así como no nivel do mar. Concretamente, advirte do incremento das secas e do estrés hídrico debido ao declive das precipitacións durante a tempada seca, así como do aumento da duración das secas.

Así mesmo, diminuirá a recarga dos acuíferos como resultado da menor cantidade de precipitación, ao tempo que aumentará a poboación da rexión e, polo tanto, a demanda de auga. Así, este descenso das precipitacións e o aumento das secas afectará á produción dos cultivos de secaño e á demanda de auga para consumo humano e para usos industriais.
 

Un fururo arrepiante, e coma sempre, culpa do home no 95% con certeza!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

PREMIOS FUNDACIÓN BBVA Á CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE

PREMIOS FUNDACIÓN BBVA Á CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE

Balea franca mergullándose / Imaxe:icb.org.ar

A Fundación BBVA  premiou a Global Nature, ao Instituto para a Conservación das Baleas, en Arxentina, e ao fotoxornalista español Daniel Beltrá polas súas excepcionais contribucións á conservación da Biodiversidade.

Os Premios Fundación BBVA á Conservación da Biodiversidade, vixentes dende 2004, recoñecen a organizacións e comunicadores que contribúen a protexer o patrimonio natural en España e en Latinoamérica.

A
Fundación Global Nature  foi premiada na categoría de Actuacións en Conservación da Biodiversidade en España polo seu labor na recuperación de 88 brañas en toda España, entre os que se encontran os do Guadiana ou as Lagoas de Villacañas.

Na categoría de Conservación da Biodiversidade en Latinoamérica, a Fundación BBVA premiou o Instituto para a Conservación das Baleas, en Arxentina, pola súa técnica para identificar baleas en fotos e visualizar a vida destes animais durante máis de corenta anos, o que lle permitiu descubrir, por exemplo, como lles afecta o cambio climático.

Finalmente, na categoría Difusión do Coñecemento e Sensibilización en Conservación da Biodiversidade, o premio foi para o fotógrafo español Daniel Beltrá , por "documentar e difundir a fraxilidade e a deterioración dalgúns dos ecosistemas máis ameazados do planeta".

Parabéns a todos!

A BOS ENTENDEDORES AS PALBRA SOBRAN

A BOS ENTENDEDORES AS PALBRA SOBRAN

Unha ilustración do irónico mundo no que vivimos / Imaxe: taringa.net

Pawel Kuczynski é un ilustrador de 36 anos nacido en Szczecin, Polonia. Graduouse da Academia de Belas Artes de Poznan, cunha especialización en gráfica. Gañou 92 premios nacionais e internacionais en caricatura e ilustración. A obra deste artista polaco cuestiona a sociedade, os gobernos, os medios de comunicación, a economía, entre outros, e todo sen unha palabra.

A bos entendedores, non se precisan palabras!

QUE É O FRACKING?

 

Por desgraza, e na procura de fontes de enerxía, estase a falar nos medios de comunicación dunha técnica coñecida como fracking. Pero que é, en que consiste e cales son os seus ricos?

O fracking é unha técnica para extraer gas natural de depósitos non convencionais. Trátase de explotar o gas acumulado nos poros e fisuras de certas rochas sedimentarias estratificadas de gran fino ou moi fino, xeralmente lousas ou margas, cuxa pouca permeabilidade impide o movemento do gas a zonas de máis doada extracción. Para iso é necesario realizar centos de pozos ocupando amplas áreas (a separación entre eles rolda entre 0,6 a 2 km) e inxectar neles millóns de litros de auga cargados cun cóctel químico e tóxico para extraelo. (Sábese que hai polo menos 260 substancias químicas presentes en ao redor de 197 produtos, e algúns deles sábese que son tóxicos, canceríxenos ou mutaxénicos).

Pero, cales son os riscos deste método?

. Riscos durante a perforación: Riscos de explosión, escapes de gas, escapes de ácido sulfhídrico (moi tóxico en baixas concentracións), e derrubas da formación sobre a canalización. Entre as substancias disoltas a partir da fracturación rochosa, onde está o gas e durante o proceso de fractura, se encontran metais pesados, hidrocarburos e elementos naturais radiactivos.

. Contaminación de acuíferos: Posibilidades de que unha das fracturas inducidas alcance un acuífero, contaminando a auga cos fluídos da fracturación e co propio gas da formación que se pretende extraer. Cada perforación, necesita uns 200.000 m3 de auga para a fracturación hidráulica. Tendo en conta que os aditivos químicos adoitan supoñer entorno a un 2% do total de auga introducida, isto supón que en cada pozo se inxectan 4.000 toneladas de produtos químicos altamente contaminantes, estes retornan á superficie (só un 15-80%-80 destes) tendo que ser depurados, se ben non se detallan técnicas reais de depuración e cantidade de fluído que puidesen ser retornados unha vez depurados.

. Contaminación do aire: Moitos destes aditivos son volátiles pasando á atmosfera directamente. Por outro lado para o acondicionamento e inxección na rede de subministración, unha cantidade deste gas, en maior ou menor grao dependendo da calidade da explotación, pasará á atmosfera por escapes e acondicionamento deste. O gas non convencional extraido está formado por metano na súa gran parte. Este é un gas de efecto invernadoiro moito máis potente na atmosfera, que o propio CO2, en concreto, 23 veces máis potente que os gases que se xeran na súa combustión.

. Terremotos: Constatouse un aumento da sismicidade coincidindo cos períodos de fracturación hidráulica. De singular perigosidade nas proximidades de centrais hidroeléctricas, nucleares, centros loxísticos de almacenamento de combustibles, refinarías, oleodutos, etc.

. Ocupación do terreo: Adóitanse perforar de 1.5 a 3.5 plataformas por km2, cunha ocupación de 2 hectáreas por cada unha, o que supón un grande impacto paisaxístico. O período de ocupación de cada un destes pozos é dependendo da riqueza enerxética interna do subsolo variable entre 5 e 7 anos.

. Especulación económica: Déixase entrever unha gran forza dos lobbys enerxéticos estadounidenses para vender o produto da súa experiencia e investigación tras anos de ensaios e erros. Pode entrar en xogo a especulación de que cada país faga crer aos demais os ricos potenciais deste gas que no seu interior albergan os seus subsolos. 

FONTE: partidoequo.es

PARQUE XEOLÓXICO DE PENA FURADA

 

No concello de Tomiño, parroquia de Figueiró, no monte propiedade desa parroquia, atopamos unhas formacións rochosas, modeladas pola forza da auga e do vento, que forman un fermoso conxunto paisaxístico que non só merece a pena conservar senón admirar.  

 

Dende 2003 a asociación ecoloxista  ANABAM promoveu a creación nese lugar dun parque xeolóxico natural, que podería levar o nome de Pedra Furada”. Nel incluiríanse tamén as antigas minas cunha ruta que podería chegar ata o lugar coñecido como Caldeirón, un rochedo granítico duns tres metros de altura polo que discorre o regueiro Fábrica.  No ano 2005,  esta asociación ofreceu o seu asesoramento e mesmo colaboración para solicitar subvencións e a declaración deste espazo como Monumento Natural.

Este vídeo, realizado pola citada asociación, amosa o citado lugar. Visitádeo, merece a pena!

FONTE: La Voz de Galicia e Anabam

A DESAPARICIÓN DAS BOLBORETAS

A DESAPARICIÓN DAS BOLBORETAS

Nena de Serra Nevada ( Polyommatus golgus ) / Imaxe: www.anythingbutcommon.nl 

As poboacións mundiais de bolboretas descenderon nos últimos anos, segundo diversas investigacións. Nun recente informe da Axencia Europea do Medio (AEMA)  afirma unha diminución de case un 50% das bolboretas das pradarías entre 1990 e 2011. Os responsables do estudo aseguran que este dato debería facer "soar as alarmas", xa que estes hábitats europeos en xeral están a diminuír, e se poderían perder "moitas especies para sempre".

O estudo destaca que este acusado descenso é en especial preocupante, porque as bolboretas son un indicativo da evolución da maioría dos insectos terrestres, que constitúen dous terzos das especies do mundo. Ademais, os seus responsables consideran que esta diminución podería ser un sinal máis recente dunha tendencia moito máis acusada a longo prazo.

A Lista Vermella de Especies Ameazadas da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN ) tamén sinala o retroceso das bolboretas. Segundo este informe, un terzo das especies coñecidas diminuíu, algunhas delas endémicas, únicas no mundo. En España, especies endémicas como a bolboreta Apolo ( Parnassius apollo ) ou a Nena de Serra Nevada ( Polyommatus golgus ) sufriron un descenso da súa poboación nos últimos anos.

Varias ameazas explican a preocupante situación das bolboretas. O informe da AEMA apunta no caso das especies das pradarías europeas á intensificación da agricultura e as terras abandonadas nas rexións montañosas e húmidas, sobre todo no leste e sur de Europa. Segundo este informe a intensificación da agricultura conduce a pradarías uniformes "case estériles para a biodiversidade". Ademais, as bolboretas tamén son vulnerables aos pesticidas. Pola súa banda, as terras abandonadas, debido a que xa non producen beneficios aos agricultores, énchense de maleza. En definitiva, nalgunhas zonas de Europa as bolboretas das pradarías están case limitadas a marxes das estradas, vías mortas de ferrocarril, lugares rochosos ou húmidos, áreas urbanas e reservas naturais.

Os expertos da UICN tamén destacan entre os problemas das bolboretas a contaminación, os incendios, a expansión do turismo, a presión urbanística insostible, en especial nas zonas costeiras, ou o impacto de determinadas infraestruturas, como as estradas.

O cambio climático é outra das causas deste declive, segundo o Atlas de Risco Climático das Bolboretas Europeas. Os seus responsables aseguran que Europa perderá gran parte das súas especies se non se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Lembremos a importancia das bolboretas e outros insectos, como as abellas, xa que a polinización que realizan é esencial para os ecosistemas naturais e a agricultura.

FONTE: Revista Consumer