Blogia
vgomez

ZONA VERDE

AS ESPECIES MARIÑAS DESPRÁZANSE CARA AOS POLOS POLO QUENTAMENTO DO OCÉANO

AS ESPECIES MARIÑAS DESPRÁZANSE  CARA AOS POLOS  POLO QUENTAMENTO DO OCÉANO

Banco de peixes / Imaxe: flickr.com 

Un equipo internacional con participación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) recompilou os estudos dispoñibles sobre os efectos do cambio climático no océano global. Os resultados revelan que os organismos mariños se desprazan cara aos polos a un ritmo de 72 quilómetros por década en resposta ao quentamento do océano. O estudo publícase no último número da revista Nature Climate Change .

Os gases de efecto invernadoiro quentan os ecosistemas terrestres tres veces máis á présa que no océano. Non obstante, as plantas e os animais mariños necesitan moverse para adaptarse a esta situación e buscar as condicións térmicas que máis os favorecen. De feito, as especies mariñas cambiaron a súa distribución nos últimos 50 anos a un ritmo maior que os terrestres.

Os organismos coa media máis rápida nos seus desprazamentos son os que viven na zona peláxica: fitoplancto, que se move a uns 470 quilómetros por década, peixes, a un ritmo duns 280 quilómetros por década, e os invertebrados do plancto, que se desprazan a uns 143 quilómetros cada década.

A investigación conclúe que a emisión de gases de efecto invernadoiro quentou significativamente a superficie dos océanos e que a resposta global dos organismos mariños demostra "unha forte pegada" do impacto deste fenómeno de orixe antropoxénica.

As diferenzas dos cambios observados entre especies e poboacións suxiren que as interaccións entre estes organismos e as funcións que desembazan no ecosistema mariño poderían estar a reorganizarse a escala rexional, desencadeando unha variedade de "efectos en fervenza".

O 24% das especies analizadas non mostraron ningún tipo de resposta ao quentamento, o que podería deberse a diversas circunstancias, como a falta de resolución nas observacións ou de entendemento dos distintos procesos que interveñen e a outras razóns como a adaptación evolutiva.

Este traballo non só recompila as evidencias dos efectos estendidos do cambio climático sobre os océanos, senón que ademais predí a futura reconfiguración dos ecosistemas mariños e dos recursos que subministran.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

«CARBON FARMING»

«CARBON FARMING»

Unha planta de desalinización da auga de mar serve para «alimentar» a plantación de Jatropha curcas que captura o CO2 atmosférico e que produce, ademais, bioenerxía para «alimentar» á súa vez, os sistemas de desalinización e irrigación / UNIVERSIDADE DE HOHENHEIM

Mentres o planeta empeza a sentir os efectos do aumento do dióxido de carbono na atmosfera e o consecuente aumento global da temperatura, os investigadores están a buscar un «plan b» para mitigar os efectos do cambio climático.

Un grupo de científicos alemáns desenvolveron un método para que a captura de dióxido de carbono, se faga de forma natural, é dicir, a través das árbores. A técnica, "Carbon farming", consiste en plantar árbores en rexións áridas a grande escala para capturar CO2. O estudo publicouse en Earth System Dynamics, da Unión Europea de Geociencias (EGU)  .

Cando se trata de capturar dióxido de carbono da atmosfera, o equipo de traballo mostrou que a planta « Jatropha curcas », é a máis idónea. É unha planta oleaxinosa de cuxas sementes se obtén aceite a partir do que pode producirse biódiesel. É orixinario de México e Centroamérica, pero que crece na maioría dos países tropicais. Cultívalla en América Central, Sudamérica, Asia, India e África.

É moi resistente á aridez polo que pode ser plantada en zonas calorosas e secas, en terras que non son apropiadas para obter alimentos. Esta planta, loxicamente tamén necesita auga, polo que as áreas costeiras onde se pode desalgar a auga de mar é ideal para esta plantación.

O estudo mostra que unha hectárea de Jatropha pode capturar ata 25 toneladas de dióxido de carbono atmosférico por ano, durante un período de 20 anos. Unha plantación que ocupase o 3% do do deserto árabe, podería, por exemplo, absorber nun par de décadas todo o CO2 producido polos vehículos en Alemaña durante o mesmo período de tempo. Con mil millóns de hectáreas cultivadas, poderíase absorber unha porción significativa do CO2 que está na atmosfera dende a revolución industrial.

Pero hai máis vantaxes: o prezo desta técnica vai dos 42 aos 63 euros por tonelada de CO2, facéndoa competitiva con outras técnicas de captura e almacenamento. Ademais, despois duns anos, as plantas poderían producir bioenerxía que pode servir para «alimentar» os sistemas de irrigación e desalinización.

Prometedora idea!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

A RECICLAXE DAS LATAS DE CONSERVA: UN COMPROMISO CÍVICO

A RECICLAXE DAS LATAS DE CONSERVA: UN COMPROMISO CÍVICO

 

As latas de conservas recíclanse todas cun sinxelo xesto: depositalas no colector amarelo. A partir de aí comeza un complexo sistema que aproveita os seus materiais, aceiro e aluminio, de forma indefinida e sen perder as súas propiedades. Os beneficios ambientais, económicos e sociais de reciclar as latas son moi diversos.

En 2012 a porcentaxe de reciclaxe das latas de aceiro superou o 89%, segundo datos de Ecoacero : practicamente nove de cada dez latas postas no mercado recuperáronse e reciclaron o pasado ano.

A reciclaxe dunha lata de conserva evita o uso de novas materias primas e enerxía. Segundo datos da  European Metal Packaging (Empac) , o aceiro elaborado ao 100% a partir de ferralla precisa dun 75% menos de enerxía que o producido con materia prima virxe. No caso do aluminio, esta porcentaxe medra ata o 95%.

As emisións de gases de efecto invernadoiro, implicadas no cambio climático, tamén se reducen coa reciclaxe. Segundo datos de Ecoacero, cada lata reciclada evita emisións de CO2 equivalentes a 1,5 veces o seu propio peso.

Cada lata que non se deposita no colector amarelo e que remata a súa vida tirada na contorna ou nun vertedoiro "evidencia unha carencia de compromiso cívico".

Recicla!

FONTE: Revista Consu mer.

O OZONO TROPOSFÉRICO

O OZONO TROPOSFÉRICO

O ozono malo ou ozono troposférico (non confundir co ozono estratosférico, que fai de filtro da radiación ultravioleta) é propio do verán. Trátase dun contaminante secundario, que se forma cando outros gases tóxicos (principalmente os óxidos de nitróxeno procedentes do tráfico) reaccionan coa radiación solar. España, como outros países mediterráneos nos que se dan altas temperaturas e moitas horas de insolación, sofre como poucos os seus efectos. O informe anual da Axencia Europea do Medio (EEA)  constata que o límite de protección á saúde é superado habitualmente en 17 dos 27 países da Unión. España, como nos dous anos anteriores, é o país que máis veces superou os niveis saudables deste gas irritante (120 microgramos por metro cúbico de media en oito horas), límite a partir do cal considérase que a saúde se pode ver afectada por este gas.

O ozono é un contaminante atípico. Nin se ule nin se ve. Nada que ver coa boina que se instala cada certo tempo sobre cidades como Madrid e que está formada por óxidos de nitróxeno e partículas en suspensión. O ozono troposférico compórtase ao revés que os outros contaminantes. Non adoita detectarse en lugares céntricos e atestados de vehículos de motor, senón en zonas tan pouco sospeitosas de respirar aire sucio como poidan ser a serra ou a Casa de Campo, en Madrid.

Os especialistas lembran que o ozono é un gas moi oxidante que irrita as vías respiratorias, agudizando os procesos de pacientes con procesos respiratorios crónicos, como a asma ou a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (Epoc).

PROXECTO RÍOS: RÍO CARBALLAS

 

Este é o vídeo-resumo da actividade PROXECTO RÍOS, levada a cabo polo alumnado de 2º ESO do noso IES, o paso día 3.

O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía, e en concreto o noso alumnado, na conservación dos ecosistemas fluviais, desenvolvendo os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente.

O alumnado que participou nesta actividade foi o de 2º de ESO (Ciencias da Natureza). O profesorado implicado foi o do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía. O río escollido para a actividade é o Carballas, da conca hidrográfica do Miño-Sil, no punto concreto coñecido como Ponte de Refoxos, parroquia de Loureza, no concello de Oia (Pontevedra). A actividade levouse a cabo o pasado día 3 de xuño de 2013. Os resultados do estudo amosan una calidade da auga BOA.

Unha experiencia inesquecible!

GALICIA TEN UNHA NOVA RESERVA DA BIOSFERA

 

Neste vídeo pódense ver as  principais características da nova Reserva da Biosfera galega: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A UNESCO  aprobou doce novas Reservas de Biosfera, entre elas tres españolas: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Terras do Ebro e Sitio real de San Ildefonso-El Espinar.

A rede mundial destes espazos naturais protexidos conta xa con 621 sitios en 117 países. España, con 45, convértese no segundo país do mundo en número destas reservas, por detrás de Estados Unidos.

A nova Reserva da Biosfera galega é Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (116.000 hectáreas, 190.000 habitantes): dous grandes ríos, o Mero e o Mandeo, sucan as súas terras, que albergan ecosistemas costeiros e de montaña cunha gran diversidade biolóxica. Os seus recursos naturais posibilitaron produtos naturais como aboamentos, mel, etc. e a conservación de razas autóctonas de gando.

A esta última hai que engadirlle: Área de Allariz, os Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá, o Río Eo, Oscos e Terra de Bouzón, Terras de Miño e Xurés-Xerês, o que fan en total o número de cinco.

As Reservas da Biosfera contribúen a protexer a biodiversidade e o desenvolvemento sostible da zona e os seus habitantes e promover a investigación científica.

FONTE: Revista Consumer

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2013

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2013

 

O Día Mundial do Medio foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, na súa Resolución (XXVII) do 15 de decembro de 1972 coa que se deu inicio á Conferencia de Estocolmo, Suecia, cuxo tema central foi o Ambiente. Celébrase o 5 de xuño de cada ano dende 1973.

Iste ano, o Día Mundial do Medio Ambiente, ten como lema “Pensa. Aliméntate, Aforra”, unha campaña para reducir os refugallos e as perdas de alimentos.

Segundo a FAO, cada ano son despediciados 1,3 miles de millóns de toneladas de comida, que é o mesmo que a produción alimentaria de todo o África Subsahariana.

Ademais, unha de cada sete persoas do planeta vaise á cama famenta, e máis de 20.000 nenos de menos de 5 anos morren de fame cada día.

Con esta campaña quérese animar a todo o mundo a actuar. Para que todos sexamos testemuñas de como moitas das nosas decisións reducen o volume de refugallos, aforran cartos e diminúen o impacto ambiental da produción de alimentos.

Se estamos a desperdiciar a comida, todos os recursos naturais empregados ou os gases emitidos á atmosfera no seu proceso de produción tamén se están a malgastar.

De feito, a produción global de alimentos ocupa un 25 % da superficie habitable e un 70 % do consumo de auga, que é a responsable do 80 % na destrución dos bosques e un 30 % da emisión de gases. É, polo tanto, unha das actividades que máis afectan á perda da biodiversidade e aos cambios no uso do solo.

Debemos, polo tanto, escoller aqueles alimentos cuxo impacto no medio ambiente sexa menor, como os provintes da agricultura ecolóxica na que apenas se usan produtos químicos. Tamén debemos comprar os nosos alimentos en mercados locais, nos que sabemos que apenas houbo gastos de transporte e non supoñen tantas emisións de gases á atmosfera.

Trátase, en definitiva, de pensar antes de alimentarse e así aforrar para protexer a riqueza da vida na terra.

Comprométete!

FONTE: www.unep.org

PROXECTO RÍOS

PROXECTO RÍOS

Paco Bañobre no salón de actos, nunha exposición previa á saída ao río / Imaxe:Olga Mijón

Na xornada de onte, o alumnado de 2º ESO, participou na actividade PROXECTO RÍOS.

O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía, e en concreto o noso alumnado, na conservación dos ecosistemas fluviais, desenvolvendo os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente.

Contamos coa axuda de Paco Bañobre, membro de ADEGA, quen levou o peso da 1ª parte da actividade: Inspección do Río, levada a cabo no río Carballás, á altura da Ponde de Loureza.

Unha segunda parte da actividade consistía nunha ruta de sendeirismo, superando as denominadas Pozas de Loreza, observando e analizando a flora e fauna da contorna.

Contando cun día marabilloso, os resultados foron satisfactorios.