Blogia
vgomez

ZONA VERDE

DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

Día Internacional da Biodiversidade / Imaxe:sead.itcm.edu.mx

Hoxe, día 22 de maio, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE, baixo o lema "Biodiversidade mariña". A Organización das Nacións Unidas pretende con este día aumentar a comprensión e a conciencia sobre os temas relacionados con esta problemática.

Quéroche contar algunhas CURIOSIDADES sobre a diversidade biolóxica, e como está presente no teu día a día, para que as coñezas, respectes e para que as conserves.

- O 60% da poboación vive nos 60 quilómetros próximos á costa.

- O placton oceánico produce o 75% do osíxeno que respiramos e absorbe o 25% do CO2 que emitimos.

- A presenza de baleas e outros cetáceos na Illas Canarias atrae cada ano a a un millón de visitantes e xera uns 20 millóns de euros.

- A boa saúde dos océanos ten un valor incalculable para o desenvolvemento humano, a nivel científico, industrial e médico.

- En Europa, un de cada seis empregos depende directa ou indirectamente do medio ambiente e da biodiversidade.

FONTE: Fundación Biodiversidad

IMAXE DA TERRA

IMAXE DA TERRA

"A imaxe definitiva da Terra" / Imaxe:elsilenciero.com

Esta imaxe foi tomada a uns 36.000 quilómetros da Terra e cos seus 121 megapíxeles cautivou a todos pola súa beleza e nitidez. A cámara do satélite ruso Elektro-L (lanzado dende o cosmódromo de Baikonur en xaneiro do pasado ano para facer pronósticos do tempo a nivel rexional e global, analizar o estado dos océanos, así como a ionosfera e o campo magnético da Terra) ten unha resolución dun quilómetro por píxel para o espectro visible e de catro quilómetros para o espectro infravermello.

Medios de todo o mundo bautizarona como "a imaxe definitiva da Terra". A panorámica amosa o contraste entre o solo e o mar, mesturada coa nubosidade da atmosfera que fai inconfundibles estas paisaxes. A fotografía combina catro tipos de onda de luz e nas fotos aparece a Terra cunhas tonalidades laranxas que representan a vexetación, que quedan definidas así polo efecto infravermello.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 5

RADIACIÓN ULTRAVIOLETA  5
Temos que protexernos das radiacións solares / Imaxe:larepublica.pe

Predición do índice ultravioleta
 Mediante o uso dun modelo de transferencia de radiación calcúlase a cantidade de radiación UV B que chega á superficie cunha longura de onda entre 280 e 315 nm. Para iso, tense en conta o día do ano, a hora á que se alcanza o mediodía solar e a latitude do punto, así como os niveis de ozono medidos. Posteriormente, esta cantidade promédiase de acordo ca resposta da pel a cada longura de onda; para iso, emprégase o chamado espectro McKinlay-Diffey Erythema, espectro que determina a influencia do índice UV nos seres humanos segundo cada longura de onda.

Unha vez temos o valor da irradiancia UV (UVIp) nun lugar dado, este verase afectado pola cuberta nubosa do punto (CN), así como pola altitude sobre o nivel do mar (ALT) á que se atopa o citado punto. Esta irradiancia en superficie aumenta un 8% por cada quilómetro sobre o mar. Por outra parte, a nubosidade reduce esta irradiancia, segundo se amosa na seguinte táboa

Estado do ceo imaxe sol nubes altas imaxe nubes e craros imaxe cuberto imaxe chuvia imaxe neboas
Factor de modificación 1.0 0.9 0.6 0.3 0.2 0.4

Así, a radiación UV (UVI) que finalmente chega á superficie virá determinada por:
UVI = UVIp * CN * (1 + 0.08 * ALT)
Na predición operativa diaria do índice UVI que efectua meteogalicia, realízase a partires dos niveis de ozono e da cuberta nubosa preditos polo modelo AVN.

Esta información, de moito interese para todos, publícase diariamente en catro apartados: Costa coruñesa, CosTa luguesa, Ría Baixas e Montaña interior, para tres momentos do día: 8, 15 e 18 horas, indicándonos o indice ultravioleta desas horas e neses lugares.

Se queres consultar o óndice previsto para hoxe, so tes que pinchar AQUÍ ou calquera outro día no enlace O TEMPO EN GALICIA / ULTRAVIOLETA, na sección de ENLACES deste blog.

Tomemos precaucións e coidemos a nosa pel e os nosos ollos!

FONTE: meteogalicia.es

DÍA DA TERRA

DÍA DA TERRA

22 de abril, Día da Terra / Imaxe:zmensagens.com

Hoxe, día 22 de abril, celebrase o DÍA DA TERRA. O seu promotor foi un senador estadounidense Gaylord Nelson (1916–2005), para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, da contaminación, da conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o noso planeta.

Todos temos responsabilidade na conservación do noso planeta. Seguramente preguntarédesvos como podemos axudar, pois con pequenos xestos: aforrando auga (cerrando a billa cando lavemos os dentes ou ducharse en vez de bañarse), reducindo a contaminación (non tirando o aceite polo wc, apagando as luces cando non son necesarias ou facendo unha correcta sepración do lixo para un posterior reciclado), manter os nosos montes (evitano incendios ou participando en repoboacións forestais), facendo unha pesca sostible (respectando as vedas e empregando redes selectivas)... Como vedes, e só son exemplos, todos podemos contribuír a que cando entreguemos o noso planeta ás xeracións vindeiras sexa un planeta limpo, máis xuto e en resumo máis sostible.

Feliz día da Terra!

RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 4

RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 4
Sol e radiacións UV / Imaxe:hestar.com

Tópicos sobre a radiación ultravioleta

          Verdadeiro ou falso Resposta Aclaración
Deberíase evitar tómar o sol entre as 12 e as 17 horas      imaxe si Debido a que estas son as horas ás que o sol está máis elevado e por tanto, a radiación UV é máis alta.
O sol en inverno e primavera non é perigoso.      imaxe no A intensidade da UV tamén depende da latitude, altitude e a reflexión do terreo.
A reflexión da radiación UV pola area e a auga é importante.      imaxe si A radiación directa é tan importante coma a reflectida polo terreo.
É necesario poñerse ó sol, xa que a radiación UV xera vitamina D.      imaxe no Só é necesario moi pouco tempo de exposición ó sol, para xerar a vitamina D necesaria.
Canto máis elevado esteas sobre o nivel do mar, máis se queimará a túa pel.      imaxe si A maior altitude sobre o nivel do mar, máis pequena é a atenuación da radiación UV pola atmosfera.
Non te podes queimar mentres esteas na auga.       imaxe no Aínda que a auga atenúa a radiación UV tamén a reflexa, e non se nota o quecemento da pel.
Canto máis pequena é a túa sombra, máis perigosa é a exposición ó sol.       imaxe si A túa sombra é máis pequena no mediodía solar, xusto cando a radiación UV é máis intensa.
Non te podes queimar nun día anubrado.       imaxe no Aínda que as nubes atenúan o paso da radiación UV, esta pode ser suficientemente intensa coma para chegar a queimarte.
Estar exposto moito tempo ao sol é perigoso independentemente da túa idade.      imaxe si A pel humana é sensible á radiación UV a través de todo o seu ciclo de vida.
Se a exposición ao sol é a intervalos é máis difícil que chegue a queimarme.       imaxe no A absorción de radiación UV é acumulativa durante todo o día.
A radiación solar non afecta só á pel, senón tamén ós ollos.       imaxe si O queimado da pel é o efecto máis coñecido da radiación UV, pero as cataratas son outro dos seus efectos.
A xente de pel branca e pelo rubio son particularmente sensibles á radiación UV.       imaxe si A xente de pel branca e pelo rubio son o grupo máis sensible á radiación UV.
Os efectos negativos das queimaduras cutáneas son acumulativos. imaxe si A capacidade do corpo humano para protexer e reparar os danos provocados pola radiación UV decrece durante o tempo de vida.
Curiosidades
  • Ó redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.
  • A exposición á radiación UV altera o sistema inmune, pode desencadear ou agravar certas enfermedades cutáneas e tamén causar reaccións de fotosensibilidade de causa tóxica ou alérxica.
  • Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ó sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ó longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

FONTE: meteogalicia.es

RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 3

RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 3

Protección ante o Sol / Imaxe:es.dreamstime.com

O correcto emprego de productos fotoprotectores é importante en nenos maiores de 6 meses e en adultos, pero tomar outras medidas para evitar a excesiva exposición á luz solar tamén é moi importante. De feito, non hai evidencias firmes de que os filtros solares se protexan do melanoma e só hai evidencias limitadas de que o fagan doutras formas de cancro cutáneo.

A seguinte táboa amosa as medidas recomendadas en adultos segundo o tipo de pel e o índice UV existente.

Medidas de protección recomendadas en adultos

Índice UV Medidas
1 Baixo FPS 9, gafas de sol
2
3
4 Moderado FPS 15 ou maior, sombreiro, gafas de sol
5
6
7 Alto FPS 30 ou maior, sombreiro, roupa protectora e gafas de sol
8
9
10 Extremo FPS 40 ou maior, sombreiro, roupa, gafas de sol e evitar exporse ó sol de 12 am a 4 pm
11
12

Medidas de protección recomendadas en nenos

Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ao sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ao longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Os nenos menores de 6 meses no se deben expoñer directamente ao sol. A protección debe ser roupa e sombra, sen lles aplicar ningún producto fotoprotector, pois a pel a esa idade non é o suficientemente madura para afrontar as substancias que se pudieran absorber. Se a exposición é inevitable pódese empregar unha substancia fotoprotectora en pequenas áreas corporais que non poidan ser cubertas por roupa, coma a cara e o dorso das mans.

Resumo das medidas básicas de fotoprotección

  • Non expoña directamente ao sol a nenos menores de 6 meses nin aplique productos fotoprotectores sobre a súa pel.
  • Empregue un producto fotoprotector con FPS (nivel teórico de bloqueo da UV B) de a lo menos 15 e de amplo espectro (que tamén bloquee a UV A). Aplíqueo en todas as áreas que se van expoñer ó sol, incluíndo beizos, aínda en días nubosos, e reaplíqueo sempre cada 2 horas se non se baña, ou máis frecuentemente se suda moito, despois de bañarse se o producto non é resistente á auga e tamén se permaneceu na auga máis de 20 minutos.
  • Empregue gafas de sol que bloqueen o 99-100% da radiación UV B e da A, un sombreiro ou gorra de á ancha que dea sombra á súa cara e colo, roupa protectora, e permanezan á sombra sempre que poidan.
  • Evite a exposición directa ó sol entre 12 a.m. e 4 p.m., horas de máxima irradiación.
  • Non empreguen lampadas solares e demáis aparatos bronceadores.
  • Recorde que estas medidas son para evitar a sobreexposición cando por deporte, esparcimento ou traballo se expoña ó sol. Non son medidas para obter un "bronceado seguro" pois o broceado é xa, por definición, un sinal de dano solar. Non existe "bronceado seguro".

FONTE:meteogalicia.es

A RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 2

A RADIACIÓN ULTRAVIOLETA  2

Hai que ter precaución ao tomar o Sol, sobre todo no caso dos nenos / Imaxe:bebesmundo.com

O Índice Ultravioleta (UV) é un método para predecir a intensidade coa que a radiación UV solar acada a superficie terrestre, orientándonos así sobre as precaucións que deberíamos tomar para evitar unha sobreexposición.

A pel do ser humano divídese en seis tipos segundo a intensidade da súa pigmentación:

Tipos de pel Tipos de pel Tipos de pel
I Pel branca alabastro con moitas pecas, rubios Sempre se queima fácilmente, a queimadura pode ser intensa. Nunca se broncea
II Pel branca, ollos azuis Sempre se queima fácilmente, a quemadura pode ser intensa. Pode chegar a broncearse pero mínimamente
III Pel branca con mínima tonalidade marrón. Caucasianos Pode queimarse, a queimadura será moderada. Pode chegar a broncearse gradualmente
IV Pel de ton marrón máis ou menos intenso. Mediterráneos. Pode queimarse pero a quemadura será mínima. Sempre se broncea
V Pel de ton marrón intenso. Asiáticos, Negros de tonalidade pouco intensa, Oriente Medio, Sudamérica Raramente se queima. Broncéase con intensidade
VI Negros de tonalidade intensa Nunca se queima. Broncéase profundamente

Dependendo do valor do Índice UV e do noso tipo de pel, a luz solar tardará máis ou menos tempo en danar a pel de forma aguda provocando o seu arrubiamento (queimadura). A seguinte táboa mostra o tempo aproximado no que se queimaría a nosa pel sen aplicar fotoprotectores, o que dependerá do Índice UV existente e do tipo de pel. Tamén mostra o mínimo Factor de Protección Solar (FPS, mide a protección contra a UV B, principal causa das queimaduras) que deberían tene-los productos aplicados para evitar que nos queimemos.

Índice UV Pel I Pel II Pel III Pel IV
1
2
Baixo DEM: 40 min.
FSP: 15
DEM: 50 min.
FSP: 12
DEM: 80 min.
FSP: 9
DEM: 100 min.
FSP: 6
3
4
5
Moderado DEM: 20 min.
FSP: 30
DEM: 30 min.
FSP: 25
DEM: 40 min.
FSP: 15
DEM: 50 min.
FSP: 12
6
7
Alto DEM: 15 min.
FSP: 50
DEM: 20 min.
FSP: 40
DEM: 25 min.
FSP: 30
DEM: 35 min.
FSP: 20
8
9
10
Moi alto DEM: 15 min.
FSP: 50
DEM: 20 min.
FSP: 40
DEM: 25 min.
FSP: 30
DEM: 35 min.
FSP: 20
 ≥ 11
Extremo DEM: 10 min.
FSP: 60
DEM: 15 min.
FSP: 50
DEM: 20 min.
FSP: 40
DEM: 25 min.
FSP: 30

DEM: Dose Eritematóxena Mínima. É o tempo mínimo que tarda a pel en se queimar sen fotoprotección, depende do nivel de radiación e do tipo de pel.

FPS: Factor de Protección Solar. Indica numericamente as veces que, en teoría, se prolongará o tempo de DEM ó aplicar un fotoprotector. Un FPS 2 indica que a DEM se duplicou, FPS 10 que é lO veces superior, etc. Así, se vostede se queima en 20 minutos (DEM de 20), un producto con FPS 10 teoricamente aumentaría o tempo sen queimarse ata 200 minutos.

Os datos expostos indican como bloquear a suficiente cantidade de radiación UV B para non queimarse. Sen embargo, é IMPORTANTE coñecer e recorda-lo seguinte:

  • A queimadura é un dano agudo provocado pola radiación UV, pero evitar queimarse non significa evitar tódolos efectos perxudiciais que pode causar esta radiación. Un fotoprotector cun FPS inferior a 15 pode chegar a bloquea-la suficiente luz UV B como para evitar o arrubiamento da pel pero aínda así non impide cunha excesiva cantidade desta radiación siga alcadando e danando a pel, aínda sen causar queimadura visible.
  • Aínda que a queimadura se debe principalmente ós raios UV B, os raios UV A tamén poden causar un dano cutáneo importante e acumulativo sendo así insuficiente a protección só contra a UVB.
  • É recomendable, por tanto, que tódalas persoas, independentemente da súa raza e tipo de pel, empreguen un producto fotoprotector cun FPS de como mínimo 15 (bloquea o 93% da radiación UV B) e que ademáis sexa de amplo espectro (que bloquee ademáis a radiación UV A).

FONTE: meteogalicia.es

A RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 1

A RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 1

A exposición á luz solar é necesaria e beneficiosa para todo ser humano e tamén pode empregarse para tratar algunhas enfermidades cutáneas. Sen embargo, a información científica dispoñible mostra que a exposición excesiva causa numerosos efectos nocivos para a saúde. Entender estes efectos perxudiciais e tomar as precaucións adecuadas permitiranos desfrutar do sol evitando os efectos nocivos da excesiva exposición á súas radiacións. A radiación ultravioleta pode causar danos cutáneos visibles (queimadura) e invisibles (aceleración do envellecemento cutáneo, etc.) así coma danos oculares. A protección solar débese manter toda a vida, comezando na infancia e sendo especialmente estricta nos primeiros 18 anos de vida, época na que recibimos do 50%-80% de toda a exposición solar da nosa vida, sendo fundamental a fotoprotección neste periodo para diminuir drasticamente a probabilidade de cancro cutáneo nos anos posteriores.

Todo o mundo, independentemente da súa raza ou etnia, é susceptible ós efectos nocivos da excesiva exposición ó sol. As persoas con pel escura teñen unha meirande protección natural contra a queimadura solar cás de pel crara pero son igualmente sensibles ós efectos nocivos da sobreexposición solar, incluíndo o cancro de pel.

A luz solar está formada por radiación electromagnética con diferentes longuras de onda, denominándose radiación ultravioleta (RUV) á comprendida entre 200 e 400 nm (RUV C, 200-290 nm; RUV B, 290-320 nm; RUV A, 320-400 nm).

imaxe radiacion

A maioría da RUV é bloqueada pola atmósfera, acadando a superficie terrestre cunha intensidade que depende de diversos factores:

  • A atmósfera: Bloquea a RUV C e a meirande parte da B pero non á A, sendo ésta a maioría da radiación UV que chega á superficie terrestre. A depleción da capa de ozono pode ocasionar un incremento do nivel de UV B que nos alcanza. As nubes espesas poden reduci-lo nivel de UV B nun 90% ou máis pero as nubes finas ou dispersas ofrecen pouca protección.
  • Hora do día: A meirande parte do total diario de enerxía solar alcada a superficie terrestre entre as ultimas horas da mañá e as primeiras da tarde (12 a.m. e 4 p.m.).
  • Estación do ano: O nivel de UV pode ser 10 veces maior no verán ca no inverno.
  • Altitude: O nivel de UV B aumenta coa altitude, sobre un 4% por cada 300 metros por enriba do nivel do mar. A 2000 metros o nivel de exposición pode ser un 20% maior có da costa.
  • Latitude: Meirande exposición canto máis baixa sexa a latitude (máis preto do ecuador).
  • Reflexión: Cando no ambiente que nos rodea existen materiais que reflexan a RUV, o nivel de exposición increméntase:
imaxe herba        imaxe deserto          imaxe neve
Nun 2,5-3% se é herba.                 Nun 20-30% se é area.                  Nun 80-90% se é neve ou xeo.

 

Ao redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.

FONTE:www.meteogalicia.es