Blogia
vgomez

ZONA VERDE

O FONDO DO MAR NAS MARIANAS

 

National Geographic fixo públicas as primeiras imaxes captadas por James Cameron na súa apaixonante viaxe ao fondo da Fosa das Marianas, un abismo situado a 11 mil metros de profundidade coñecido como abismo Challenger.

Durante máis de tres horas, o cineasta-explorador puido moverse polo fondo a bordo deo "Deepsea Challenger", un sumerxible de sete metros de longo e 12 toneladas de peso, que ten forma de torpedo e que, a diferenza doutros batiscafos, ten unha grande movilidade. As palabras de Cameron foron claras: "É un mundo totalmente alieníxena".

 

SENTENZA QUE MARCA A CONTA ATRÁS

SENTENZA QUE MARCA A CONTA ATRÁS

Unha sentenza do Tribunal Supremo inicia a conta atrás para a demolición do hotel Azata del Sol, convertido nun dos máis célebres de España pola cruenta batalla legal entabrada entre ecoloxistas e políticos. O alto tribunal acaba de dar a razón aos primeiros ao asegurar que esta grande infraestructura hoteleira, situada na paraxe de El Algarrobico, en Carboneras (Almería), contravén a Lei de Costas porque invade parcialmente a zona de servidume de dominio marítimo-terrestre.

A viñetar de Ramón, do xornal El País,apunta, coma sempre neste tema.

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o 22 de decembro de 1993 a resolución A/RES/47/193 pola que o 22 de marzo de cada ano fose declarado Día Mundial da Auga, a celebrarse a partir de 1993, en conformidad coas recomendacións da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento contidas no Capítulo 18 (Recursos da Auga Doce) da Axenda 21. Invitouse entón aos diferentes Estados a consagrar este día, no marco do contexto nacional, á celebración de actividades concretas como o fomento da conciencia publica a través da producción e difusión de documentais e a organización de conferencias, mesas redondas, seminarios e exposicións relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos así como coa posta en práctica das recomendacións da Axenda 21.

Sempre, en especial neste ano tan seco, debemos seguir uns consellos para un aforro eficiente e resposble da auga:

* Repara as billas que goteen. Aforrarás unha media de 170 litros de auga ao mes.

* Cerra a billa mentes te enxaboas as mans, te lavas os dentes ou te afeites. Por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto.

* Dúchate en lugar de bañarte, e cerra a billa mentres te enxaboas. Aforrarás unha media de 150 litros cada vez.

* Non utilices o váter como caldeiro do lixo. Coloca unha papeleira no baño.

* Utiliza cisternas de dobre descarga para gastar só a auga que necesites. Se a cisterna do teu cuarto de baño non é de dobre descarga, podes meter dentro unha ou varias botellas de plástico cheas de auga: podes reducir o gasto de auga á metade.

* Compra electrodomésticos ecolóxicos e utilízaos sempre a carga completa (os programas de media carga gastan máis da metade). Unha lavadora pode gastar ata 90 litros cada vez que a utilizas (según as marcas e modelos). Un lavalouzas, ao redor de 30.

* Non deixes a billa aberta para que se arrefríe a auga, xa sabes que por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto. Acostuma a poñer unha xarra ou botella na neveira.

* Emprega cuncas, barreños para lavar a froita, a verdura, os pratos, os cacharros... Se tes un fregadeiro de dúas cubetas, usa unha para enxaboar e a outra para aclarar.

* Rega as plantas ao anoitecer e ao amencer e eveitarás pérdas de auga por evaporación. Aproveita para regar a auga sobrante das xerras de comida, de lavar as verduras... Recolle a auga da ducha fría antes de que saia a quente e poderás aproveitala para o rego.

* Emprega sistemas automáticos de rego por aspersión ou por goteo. Evita utilizar a mangueira. O uso de plantas autóctonas en xardinaría axuda ao aforro e mantemento dos nosos xardíns.

Aforra auga!

DÍA FORESTAL MUNDIAL

 

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o  DÍA FORESTAL MUNDIAL, data elexida pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en 1971.

Con esta celebración preténdese reclamar a atención sobre os nosos bosques e fragas que aportan bens e servizos fundamentais e contribúen a asegurar a alimentación, a auga e o aire limpo. Ademais, protexen o solo e son fundamentais para lograr un desenvolvemento sostible.

Nesta data, a nivel galego, preténdese incidir no principal inimigo dos nosos bosques: os incendios forestais. Todos estamos chamados a evitalos!

Conserva e disfruta dos bosques!


ESPAÑA, TAMÉN O ÚLTIMO PAÍS DE EUROPA EN CALIDADE DO AIRE

ESPAÑA, TAMÉN O ÚLTIMO PAÍS DE EUROPA EN CALIDADE DO AIRE

Contaminación atmosférica / Imaxe:equilibrio.mx

España está á cola dos países europeos na calidade do aire. Un recente traballo da Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA) sinalaba a España como o único país da Unión Europea que suspendía na emisión de tres dos catro principais gases contaminantes: dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno, compostos orgánicos volátiles e amoniaco.

Pero para afondar máis na ferida, un informe que fará público a EEA mañá, luns 19 de marzo, e que hoxe adiantan algúns medios de comunicación, volven quitar as cores ás cidades españolas. O documento, chamado "Contaminación por ozono no verán de 2011 e comparación con anos recentes", volve situar a España entre os países que superaron os límites legais para este contaminante. Segundo o informe nos meses estivais de 2011 o 24,3% do territorio español estivo exposto a niveis de ozono por riba dos niveis permitidos durante ao menos 25 días, o que afectou ao 8,8% da poboación española. Pero se atendemos aos datos do verán de 2010, a cifra dispárase e os niveis tóxicos do ozono afectaron ao 70,1% do territorio e ao 28,1% da población. O ozono é un irritante que pode producir rinitis e irritación nos  ollos e mucosas.

O ozono que se atopa na denominada capa de ozono na estratosfera protéxenos da radiación ultravioleta procedente do Sol, pero na zona baixa da atmósfera (troposfera) é un potente contaminante.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

SAÍDA ALUMNADO 1º ESO PROXECTOTERRA

SAÍDA ALUMNADO 1º ESO PROXECTOTERRA

Momento da visita ao centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lorizan onde o guía explica a curiosidade da grande mesa de pedra, que é moi baixiña, onde Eugenio Motero Rios, que foi Presidente do Goberno de España de xuño a decembro de 1905, mantivo importantes reunións, como a forma da entrega de Cuba.

O alumnado de 1º ESO, concretamente 49 alumnos e 3 profesores, fixeron, onte día 13, unha saída dentro do PROXECTOTERRA do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia á cidade de Pontevedra. Pola mañá visitamos o Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán e o casco vello da cidade. Xa pola tarde visitamos o Museo de Pontevedra.

Cun día marabilloso e bo ambiente, a actividade resultou moi satisfactoria. Os meus parabéns ao alumnado polo seu comportamento e atención.

VERRUCARIA MAURA

VERRUCARIA MAURA

 

Seguramente veriades algunha vez esta imaxe nas rochas da costa e moitos pensariades que se trataba dunha macha de alcatrán. Nunca máis lonxe da realidade! Trátase dun lique: Verrucaria maura, que aparece abondoso na costa do Baixo Miño, de cor negra, cubrindo en moitos casos amplas zonas, incrustado e que non se pode arrincar coa uña. Atópase na zona supralitoral baixa, ou sexa practicamente no límite da marea superior, en rochedos espidos, chegando ás veces a quedar totalmente mergullados polas augas do mar.

Un lique é un organismo formado pola simbiose dun fungo (ou micobionte) e unha alga ou cianobacteria (ou fotobionte).

FONTE: Anabam

AFORRO ENERXÉTICO NO FOGAR: FALSAS LENDAS

AFORRO ENERXÉTICO NO FOGAR: FALSAS LENDAS

Aforro de enerxía no fogar / Imaxe:yoahorroenergia.blogspot.com

Cando falamos de aforro enerxético no fogar, hai mitos que calaron entre a poboación, ata aceptarse polo imaxinario colectivo como verídicos. Porén, moitas desas premisas non se axustan á verdade. Estas son algunas desas falsas ideas que non axudan a aforrar.

  • 1. Lavar a man os pratos consome menos que o lavalouzas: falso

    Diversos estudos avalan o uso do lavalouzas fronte ao lavado de pratos tradicional. Un informe do Canal de Isabel II e BSH Electrodomésticos España reflicte que, fronte ao lavado tradicional a man, co uso do lavalouzas os pratos quedan máis limpos, aforrándose 30 litros ao día e consumindo un 10% menos de enerxía. Eso sí, os aparatos serán eficientes de baixo consumo que aforran, durante a súa vida útil, un 70% do consumo enerxético. Segundo un estudo da Universidade de Bonn, a cantidade de auga que consome un lavalouzas clase "A" é duns 15 litros por lavado, fronte aos 119 litros do lavado a man para a mesma cantidade de louza. Os expertos recomendan utilizalo cando se atope cheo, elexir o programa adecuado e cargalo pola noite, xa que o consumo da rede é menor.

  • 2. Apagar a calefacción consome máis que mantenela a unha temperatura constante: falso

    En moitos fogares é habitual conservar unha temperatura media durante as 24 horas, xa que considérase que apagar e acender a calefacción acarrea un maior consumo de enerxía e, polo tanto, de gasto. Aínda que é preciso un pico de calor para acadar de novo a temperatura desexada, o saldo final de enerxía consumida é ventaxoso. Segundo un estudo da Oficina Verde da Universidade de Zaragoza, se se limita a temperatura a 16ºC entre as diez da noite e as seis da mañá, pódese recortar en torno a un 13% o consumo anual de combustible, con respecto ao que ocurriría se se mantén unha temperatura constante de 20ºC. Co apagado o aforro é aínda maior. A nova regulamentación en España aconsella regular os termostatos a 20ºC en inverno e é que 1ºC máis de temperatura pode supoñer un 7% máis de consumo.

  • 3. O modo espera (standby) apenas consome enerxía: falso

    Deixar os aparatos eléctricos apagados en modo espera supón un gasto de 231 kWh ao ano, case o mesmo que o consumo medio anual do lavalouzas (246 kWh) e moito máis que o do ordenador (172 kWh), segundo datos do último estudo do IDAE en colaboración co Eurostat. Esto supón o 2,2% do gasto medio de enerxía das casas, o mesmo que o consumo medio do forno (231 kWh) e moito máis que o do ordenador (172 kWh) ou o resto de electrodomésticos (76 kWh). O standby representa preto do 5% do consumo dos fogares.

  • 4. Pola súa escasa superficie, a perda de calor polas fiestras é residual: falso

    Esgrímese que ao ser unha superficie moi reducida con respecto é superficie total da vivenda, esa perda non é moi importante. Os estudos de diversos expertos reflicten que entre o 25% e o 30% da calefacción gastada nos fogares destínase a cubrir as perdas da calor que se orixinan nas fiestras. Segundo un informe da Universidade de Zaragoza, os sistemas de dobre vidro ou de dobre fiestra poden reducir ata nun 50% a perda da calor con respecto aos vidros sinxelos.

  • 5. Manter os fluorescentes acendidos gasta menos que se se acenden e apagan cada vez: falso

    Outra falsa idea moi espallada entre os fogares é que o gasto de enerxía ao deixar os tubos fluorescentes acendidos é menor que se se apagan e acenden cada vez. De maneira errónea, susténtase nunha explicación similar á da calefacción. Pola contra, os estudos demostraron que pese a que ao acender un tubo fluorescente precísase un sobreconsumo de corrente eléctrica, este apenas dura unha fracción de segundo. En iluminación incandescente, o tempo máximo de ausencia que non compensaría o apagado e acendido posterior redúcese a tan só 0,3 segundos. De aí que o gasto sexa moito maior se se deixa sempre acendido. Agora ben, a vida do fluorescente pode acurtarse se se apaga e se acende en repetidas ocasións. Non así as lámpadas de Led, que permiten os acendidos e apagados sen avaría. As bombillas de baixo consumo supoñen un aforro enerxético. O seu prezo é superior ao das tradicionais, pero a súa vida útil supera os cinco anos e consomen un 80% menos.

  • 6. A cocina eléctrica gasta menos que a de gas: falso

    Os expertos aseguran que as cocinas eléctricas ou vitrocerámicas consomen catro veces máis que as de gas. O IDAE recomenda, en caso de dispor dunha cociña eléctrica, empregar baterías de cociña, tixolas e cazos con fondo groso difusor. Así lógrase unha temperatura máis homoxénea en todo o recipiente.

      Teñamos en conta estes consellos e rompamos con eses falsos mitos!

      FONTE: Revista Eroski Consumer/Economía