Blogia
vgomez

ZONA VERDE

HUMOR OU REALIDADE: A MODA VERDE

HUMOR OU REALIDADE: A MODA VERDE

Bolsa de plástico de la compra / Imaxe:consumer.es

Na fila dun supermercado, o caixeiro dille a unha señora maior: "Debería traer a súa propia bolsa, xa que as bolsas de plástico non son boas para o medio ambiente"

A señora pide desculpas e explica: “É que non había esta moda verde nos meus tempos”

O empregado contestoulle: “Ese é agora o noso problema. A súa xeración non puxo o suficiente coidado en conservar o medio ambiente”

A señora maior respondeu: “Ten razón. A nosa xeración non tiña esa moda verde neses tempos. Daquela, as botella de leite, as de gaseosa e as de cervexa devolvíanse á tenda, desta iban de novo á fábrica para ser lavadas e esterilizadas antes de enchelas de novo, de maneira que podíanse empregar as mesman botellas unha e outra vez. Así, realmente, reciclábanas.

Pero leva razón, non tiñamos moda verde nos nosos tempos. Subiamos as escaleiras, porque non había ascensores nas casas e oficinas, nin escaleiras mecánicas nos comercios. Ibamos andando ás tendas en lugar de ir en coches de ata 300 cabalos de potencia cada vez que precisabamos percorrer 200 metros.

Pero vostede ten razón, non tiñamos moda verde nos nosos tempos. Entón, lavábamos os cueiros dos bebés porque non había de usar e tirar. Secabamos  a roupa en tendedeiros, non en secadoras que funcionan a 220 voltios. A enerxía solar e a eólica secaban verdadeiramente a nosa roupa. Os nenos usaban a roupa dos irmáns maiores, non sempre “modelitos” novos e de marca.

Pero está vostede no certo, non tiñamos unha moda verde nos nosos tempos. Daquela, tiñamos unha televisión, ou radio, na casa, non un televisor en cada habitación. E a TV tiña unha pantaia do tamaño dun pano, non unha pantaia do tamaño dun estadio de fútbol. Na cociña, moiamos e batiamos a man, porque non había máquinas eléctricas que o fixesen por nós. Cando empaquetabamos algo fráxil para envíalo por correo, empregabamos xornais engurrados para protexelo, non cartóns preformados ou boliñas de plástico. Neses tempos non acendiamos un motor e queimabamos gasolina só para cortar o céspede; usabamos un fouciño ou gadaña que funcionaba a músculo. Faciamos exercicio traballando, así que non precisabamos ir ao ximnasio para correr sobre cintas mecánicas que funcionan con electricidade.

Pero claro que está vostede no certo: non había neses tempos moda verde. Bebiamos da billa cando tiñamos sede, no canto de empregar vasiños ou botellas de plástico cada vez que tiñamos que tomar auga. Recargabamos as estilográficas con tinta, en lugar de mercar unha nova e cambiabamos as coitelas de afeitar en vez de tirar ao lixo toda a máquina afeitadora só porque a coitela perdera o filo. Pero eso si, non tiñamos unha moda verde por entón.

Naqueles tempos, a xente tomaba o tranvía o autobús e os rapaces ían nas súas bicicletas á escola ou andando, en lugar de usar á súa nai como taxista as 24 horas do día. Tiñamos un enchufe en cada habitación, non unha regleta de enchufes para alimentar unha ducia de “artefactos”. E non precisabamos un aparato electrónico para recibir sinais dende satéites situados a miles de quilómetros de distancia no espazo para atopar a pizzaría máis próxima.

Así que paréceme lóxico que a actual xeración se queixe continuamente do irresponsables que eramos, os agora vellos, por non ter esta marabillosa moda verde nos nosos tempos.




O 22,9% DOS RESIDUOS QUE SE DEPOSITAN NOS CONTEDORES AMARELOS SON IMPROPIOS

O 22,9% DOS RESIDUOS  QUE SE DEPOSITAN NOS CONTEDORES AMARELOS SON IMPROPIOS

Contedor amarelo / Imaxe:cartagena.es

O 22,9% dos residuos que se depositaron no contedor amarelo en 2010 eran impropios. Aínda así, esta cifra mellora os datos de anos anteriores. En 2007, a taxa de impropios situábase nun 28%, mentras que en 2004 a porcentaxe chegaba ao 35%, destacou Ecoembes, a sociedade que xestiona a recuperación e reciclaxe dos envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks) no contedor amarelo e os envases de cartón e papel no contedor azul.

Por comunidades autónomas, os datos de Ecoembes revelan que País Vasco, A Rioxa, Navarra, Comunidade Valenciana e Aragón son as rexións de España que mellor separan no contedor amarelo, cunha porcentaxe de impropios do 15,3% en 2010, sete puntos por debaixo da media española. Este datos sitúaos na líña cos resultados de Bélxica, o país que mellores cifras presenta en materia de reciclaxe de Europa.

Ademais, varias administracións locais lograron mellorar os seus resultados nun 33% nos últimos anos. Esto conseguíuse garzas á labor dos cidadáns e a un proceso de innovación dos servizos de xestión de residuos, á mellora da conterización, á optimización das rutas ou á inclusión de melloras mo transporte, explica Ecoembes.

Sigamos nesta liña. Recicla!

FONTE:revista.consumer.es

HUMOR: CONTAMINACIÓN

HUMOR: CONTAMINACIÓN

 

Contundente viñeta de Ramón (Ramón Rodríguez, 43 anos, vallisoletano, debuxante e ecoloxista) no xornal El País do pasado domingo, sobre o desmesurado aumento na concentración de CO2 na atmosfera.

A bos entendedores, poucas palabras!

DOUS ALUMNOS DO NOSO IES NO CONFINT-ESPAÑA

DOUS ALUMNOS DO NOSO IES NO CONFINT-ESPAÑA

Alejo, co seu pai, José María e Ánxela e coa súa nai, Begoña, na primeira fase, o pasado día 14 en Santiago de Compostela.

 

Dous alumnos de 2º ESO deste IES: Ánxela Vicente González  e Alejo Conde Blasi, xunto con outros 15, doutros centros galegos, son os representantes de Galicia na Confint-España, que se celebrará os días 26 e 27 deste mes en Euskadi.

A Conferencia Internacional Infanto-Xuvenil para o Coidado do Planeta xunta voces e esforzos de mozas e mozos de todo o mundo para dar a coñecer as súas propostas para a sostibilidade.

A primeira fase, celebrada en Galicia, onde saíron como representantes, celebrouse o 14 de xaneiro, no Museo Pedagóxico, en Santiago de Compostela, á que asistiron alumnado, pais, nais e profesorado de diversos centros educativos adscritos á Axenda 21 Escolar Galega.

Máis adiante dous representantes do alumnado galego asistirán á Confint-Europa, que terá lugar en Bruxelas do 14 ao 16 de maio. O proceso culminará coa Confint 2012 en Río de Janeiro, no Brasil, do 4 ao 6 de xuño, que se fará coincidir co Cumio da Terra Río+20. 

Mañá pola mañá, día 25, comenza esta aventura, coa viaxe ata Vitoria-Gasteiz, onde van a convivir durante dúas xornadas con outros 110 mozo e mozas vidos de cinco comunidades autónomas (Canarias, Cataluña, Galicia, Madrid e País Vasco) para intercambiar as súas experiencias e proponer novas accións de cara a coidar o planeta e a involucrar a novos axentes coa Carta das Responsabilidades dos Mozos saída da Confint de Brasil, en xuño de 2010.

Boa viaxe e moita sorte!

FONTE: galiciasuroeste.info

BIOCOMBUSTIBLE A PARTIR DE ALGAS

BIOCOMBUSTIBLE A PARTIR DE ALGAS

As algas pardas conteñen azucres que poden ser convertidos en biocombustible / BIO ARCHITECTURE LAB

Sen necesidade de terreo cultivable, nin fertilizantes, nin auga doce para regar, sen suponer competencia coas colleitas de alimentos básicos, as algas pardas poderían ser unha materia prima moi atractiva para producir biocombustibles. Pero hai un problema: a ausencia de microrganismos idóneos que se encarguen da fermentación dos azucres das algas. A solución atopárona uns investigadores en EE UU coa inxeñería xenética: se non hai microrganismos naturais que fagan ben ese traballo xeranse á medida, no laboratorio. Explícano na revista Science, como estes científicos modificaron unhas bacterias (Escherichia coli) para que sexan capaces de metabolizar o laginato, azucre esencial das algas, e producir directamente bioetanol.

Estes investigadores puxeron o seu punto de mira nas algas. É certo que se utilizan xa no consumo humano, pero non como alimentación básica. Tamén se empregan como alimento de animais, como fertilizantes agrícolas e nalgunhas industrias químicas. No mundo recóllense para estes fins uns 25 millóns de toneladas métricas cada ano. Pero as algas pardas teñen propiedades tamén moi interesantes para producir biocombustibles porque, ao non conter lignina (como as plantas leñosas), os azucres pódense extraer mediante procesos sinxelos, esmagándoas. Un estudio do Departamento de Enerxía estadounidense afirma que a productividade das algas para facer etanol podería ser o dobre que á da caña de azucre e cinco veces superior á do milo.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

CAMPAÑA DE TURISMO ORNITOLÓXICO CON PREMIO

CAMPAÑA DE TURISMO ORNITOLÓXICO CON PREMIO

ANABAM sortea nos meses de xaneiro, febreiro e marzo 120 euros, cada un deses meses, entre os visitantes que se acheguen ao Esteiro do Miño a observar aves.

Parece interesante a iniciativa por doble partida: coñecer o patrimonio ornitolóxico do noso esteiro e por outra ter a posibilidade de conseguir un agasallo metálico para gastar en establecementos da localidade.

 Interésache! Pois preme AQUÍ e segue as bases e os pasos que se indican.

Bo avistamento e boa sorte!

FONTE: anabam.org

2012 ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE PARA TODOS

2012 ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA SOSTIBLE PARA TODOS

Logotipo do Ano Internacional da Enerxía sostible para Todos / Imaxe:ONU

1.400 millóns de persoas no mundo carecen de electricidade e preto de dous millóns morren de forma prematura por cociñar ou quetarse con sistemas obsoletos. Por datos como estes, a Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou 2012 como Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos. O obxectivo: xeneralizar o uso de fontes de enerxía non contaminantes e sistemas que reduzan a perda deste recurso básico. Os seus responsables organizaron diversas actividades que contribuirán a mellorar a calidade de vida dos seres humanos e o medio ambiente de todo o planeta.

ENERXÍA LIMPA E BARATA: STBSYSTEMS

ENERXÍA LIMPA E BARATA: STBSYSTEMS

Sistema Stbsystems / Imaxe:www.stbsystems.cat

Cando pensamos nunha fonte de enerxía limpa, polo xeral,  imaxinamos paneis solares ou modernos muíños de vento. Porén, existen outras maneiras de xerar enerxía eléctrica sen contaminar o medio ambiente que non dependen nin da enerxía solar nin da forza do vento. Unha delas, de seguro pouco coñecida por ser descuberta hai pouco tempo e por non dispoñer de moita publicidade, é o sistema STBSYSTEMS, un proxecto posto en marcha polo inventor catalán Santi Trias Bonet. Trias intentaba resolver un problema relacionado co buceo, cando casualmente deuse conta de que podía aproveitar a presión xerada en calquera columna de líquido para xerar enerxía 100% limpa. Esta forza, que equivale a un quilogramo por cada 10 metros de altura da columna, pode xerar unha forza de succión capaz de mover un xerador eléctrico.

Santi Trias, que grazas a este invento gañou a última edición do Innovation Festival Lab Barcelona, impulsado pola CE, explica que STBSYSTEMS «é unha máquina que sumerxida baixo a auga do mar ou dentro dun pozo é capaz, grazas á diferencia de presión, de xerar electricidade. Pero o máis importante é que, máis alá de inventar esta revolucionaria máquina, localicei unha nova fonte de enerxía alternativa, limpa e gratuíta».

Un inventor catalán halla por casualidad una forma de energía limpia y barata
           STBSYSTEMS, a máquina para xerar enerxía a partir da presión da auga.
FONTE: Xornal ABC/Ciencia.