Blogia
vgomez

ZONA VERDE

FELICIDADES NOÉ

FELICIDADES NOÉ

 

Hoxe temos que felicitar a un antigo alumno do noso centro e membro de ANABAM,  Noé Ferreira , que acaba de obter o 3º premio no VIII Concurso de Fotografía Biolóxica 2011 que organiza a Universidade de Vigo.

A foto, que vedes nesta información, leva por título "Creando Bosques" e foi obtida no ano 2008 cando se levou a cabo unha plantación colectiva para crear o que se chamou "Un bosque para unha bolboreta", unha actividade organizada por ANABAM para facer un pequeno bosque dedicado á bolboreta Charaxes jasius,  na que aparecen un neno e unha nena no momento no que estaban a plantar o seu érbedo.

Felicidades!

FONTE: Galiciasuroeste.info


CATÁLOGO ESPAÑOL DE ESPECIES INVASORAS

CATÁLOGO ESPAÑOL DE ESPECIES INVASORAS
A Acacia dealbata ou acacia, abundante en Galicia, figura no listado de especies invasoras.

 

A ambrosía, o xacinto de auga, o mexillón cebra, o mosquito tigre, o picudo vermello, a perca, o lucio, o rutilo, o siluro, a cotorra arxentina, o galápago de Florida, o visón americano, o mapache ou o esquío gris son algunhas das especies incluídas no apéndice I do Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras que, no desenvolvemento da Lei de Patrimonio Natural e a Biodiversidade haberá que comenzar a combatir xa, trala súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).

O Catálogo, aprobado o 11 de novembro polo Consello de Ministros, establece e regula o listado e catálogo das especies invasoras que é unha das principais causas de perda da diversidade biolóxica e que xera "importantes" prexuízos sobre os aproveitamentos económicos que se desenvolven no medio rural.

Tamén, o Goberno considera que estas especies constitúen un risco para acadar o bo estado das masas de auga, polo que aparecen reflectidas nos Esquemas de Temas Importantes das Demarcacións.

Neste contexto, estudios científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), apuntan que a maioría das aves exóticas de orixe silvestre importadas cando se escapan ou liberan ao medio natural, adáptanse e sobreviven ben no novo medio e convírtense en especies exóticas invasoras, existindo un alto risco para o medio ambiente e o home ao ser moitas delas portadoras de axentes patógenos. Por esta razón, a Unión Europea prohibíu en marzo de 2007 para todo o territorio europeo a importación de aves exóticas de orixe silvestre.

Deste xeito, o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (en diante o Catálogo) e do Listado de Especies Exóticas con Potencial Invasor establece as características, contidos, criterios e procedementos para incluír ou excluír ás mesmas, así como as medidas necesarias para previr a introducción das especies invasoras e para o seu control ou posible erradicación.


 

O CACHUCHO: ÁREA MARINA PROTEXIDA (AMP) DE ESPAÑA

A montaña submarina de O Cachucho e a súa contorna, frente á costa asturiana, é a primeira Área Marina Protexida (AMP) de España. Un recente Real Decreto obrigará ás institucións a coidar esta especie de Parque Nacional do medio marino e á súa grande biodiversidade. A pesar da boa noticia, diversas organizacións ecoloxistas lembran que España e o resto de países do mundo están lonxe de cumprir os seus compromisos de protección marina: só o 0,6% dos océanos mundiais son AMP.

O Cachucho é unha gran montaña submarina duns 4.500 metros de altura baixo as augas do mar Cantábrico. Ubicada a uns 65 quilómetros de distancia de Ribadesella (Asturias), destaca por unha grande diversidad de especies, algunhas delas endémicas, únicas do lugar, grazas á combinación do hábitat propio dos fondos abisais co da plataforma continental. Alí pódense encontrar varios tipos de corais, peixes, crustáceos e ata calamares xigantes.

O Cachucho é tamén  Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona de Especial Conservación (ZEC) da Red Natura 2000.

RESULTADOS DE DURBAN

RESULTADOS DE DURBAN

Viñeta de Ramón no xornal El País de hoxe.

Queda todo por negociar, todo por fracasar. Ese sería un bo resumo do que deu de si, seis días despois, e con máis de 36 horas de retraso sobre o previsto, os más de 190 países reunidos no cumio do clima celebrado en Sudáfrica.

As potencias -todas- comprométense a abrir un proceso de negociación para ter un pacto sobre o clima (non se sabe se será un tratado ou un "resultado acordado con forza legal") en 2015, que entre en vigor a partir de 2020.

A folla de ruta, como a chaman, foi considerada pola maioría de observadores -non só ecoloxistas- como débil, xa que deixa moitas opcións abertas e queda pendiente de tratar o máis duro: como se reparte o recorte das emisións. Os optimistas, os multitudinarios cumios do clima están plagadas deles, destacan que ao menos EE UU, China, India e demais grandes emisores sentaranse na mesma mesa, e que esa mesa estará dentro das Naciónss Unidas.

A frase que se repetirá de Durban é a dun acordo sen pechar. O cumio "decide lanzar un proceso para desenvolver un protocolo, outro instrumento legal ou un resultado acordado con forza legal baixo a convención aplicable a tódalas partes" que entre en vigor "a partir de 2020". Ese acordo debe estar listo en 2015.

En resumo, prorrogar Kioto, que cadacuca o próximo 2012, pero os países grandes, os que máis contaminan, seguen a dar largas.

FONTE: Xornal El País

AS SOBREIRAS DO FARO

 

A parroquia de Viladesuso, no concello de Oia, ofrece un singular atractivo aos veciños e visitantes das comarcas do Val Miñor e Baixo Miño: As Sobreiras do Faro. Os comuneiros da zona teñen aberto ao público este espazo natural, cargado de riqueza ecolóxica e etnográfica, covertíndose dende 2008 no primeiro Espazo Privado de Interse Natural (EPIN) de Galicia. A súa ubicación e a súa poboación de "sobreiras", convírteno no bosque mediterráneo máis occidental de Europa.

No seguinte vídeo, de Infomiño, podedes coñecelo.

CUMBRE DO CLIMA EN DURBAN

CUMBRE DO CLIMA EN DURBAN

A cumbre do clima que comenzou onte en Durban (Sudáfrica) ten un obxectivo menor (ao menos se se ten en conta a tarefa de fondo desta negociación, que é reformar o sistema enerxético mundial): negociar como manter con vida o Protocolo de Kioto ata 2020.

Este primer tratado mundial contra o quentamento entrou en vigor en 2005, pero o seu primeiro periodo só cubría ata 2012. EE UU non o ratificou e o texto deixou sen compromisos aos grandes países emerxentes como China, Brasil e India. Aínda así, pensouse que era un bo paso que serviría para continuar máis adiante.

Con este esquema fluíron millóns dos países ricos aos países en deserolo para compensar as súas emisións (aínda que en moitos casos é dubidoso que realmente reduciran o impacto sobre o medio ambiente). Pese a que custou sangue aprobalo e poñelo en práctica, agora víuse que Kioto era o difícil. En 2007 en Bali, os países acordaron que en 2009 habería un novo instrumento. A cita foi en Copenhague, pero o fracaso dos máis de 150 xefes de Estado e de Goberno aínda colea. Dous anos despois, a ONU busca a saída.

Non é sinxelo porque as posturas seguen afastadas. EE UU non quere firmar nada. Aínda que quixera a Casa Branca, o Congreso ten demostrado a capacidade de bloqueo suficiente e a opinión pública cada vez é máis escéptica sobre a gravidade do cambio climático e de que o cause o home. Os países en desenrolo (e incúense aos que xa non o son tanto, como China ou Brasil) insisten en que a única fórmula válida é manter Kioto, que lles garantíu inversións sen comprometelos a reducir as súas emisións.

Así, Kioto só cubre a pequena porcentaxe das emisións mundiais e a negociación apenas avanza. Dese tren xa de baixaron Xapón -pese a ser o país anfitrión do acordo-, Rusia e Canadá. Só queda a UE, que mantén o seu obxectivo de reducir en 2020 as súas emisións un 20% respecto a 1990 e que anunciou que seguirá no tratado sempre que o resto de potencias acepten unirse ao redor de 2015. O compromiso é relevante, pero ten truco: Europa xa emite un 15,5% menos que en 1990, así que ao ritmo actual de reducción chegar ao 20% nunha década non supón gran esforzo.

Tal como anda o mundo en crise, o acordo e a solución vai ser moi difícil!

FONTE: Xornal El País.

A UE PROTEXERÁ AS ABELLAS

A UE PROTEXERÁ AS ABELLAS

 Abella polinizando / Imaxe:cookingideas.es

 

Cada inverno, dende hai algúns anos, miles de apicultores de todo o mundo atopan as súas colmeas baleiras da noite á mañá. Enxames enteiros desparecen sen deixar rastro. O responsable o chamado Trastorno do colapso das colonias (CCD polas súas siglas en inglés), tamén coñecido como desabellamento, unha enfermidade que ten desconcertada á comunidade científica e que podería facer perigar á supervivencia dunha especie básica para a biodiversidade.

Calcúlase que Estados Unidos está perdendo cada temporada un tercio da súa colonia apícola debido a este problema. Pero as causas deste fenómeno permanecen descoñecidas. O presidente da OIE (Organización Mundial da Sanidade Animal) deu a voz de alarma, e advierte que, de non tomar medidas, a situación podería desembocar nun «terrible desastre biolóxico».

Pero a importancia das abellas transcende o mundo natural e alcanza ao económico: calcúlase que un tercio da producción mundial de alimentos depende directamente das abellas, cuxa labor de polinización é indispensable para os cultivos. Esto significa que uns 30.000 millóns de euros da economía mundial están ligados ao sector apícola.

Un documental estreado en 2009 e chamado ’Vanishing the bees’ (A desaparición das abellas) xa mostraba a enorme relevancia de certos productos químicos agrícolas neste problema mundial.

Precisamente, o Parlamento Europeo (PE) acaba de reclamar a adopción de medidas urxentes para protexer a saúde das abellas, amenazadas polo aumento da mortalidade das súas colonias a escala mundial.

O pleno da Eurocámara aprobou un informe do eurodiputado socialista húngaro Csaba Sándor Tabajdi que insta a Bruselas a prohibir o uso de certos praguicidas e reclama a posta en marcha de campañas para concienciar sobre a gravidade do problema. En particular, reclama o establecemento dun calendario que prevea, a longo prazo, a retirada definitiva do mercado dos praguicidas neurotóxicos e dos productos de uso agrícola que conteñan estas substancias.

Entre os factores que contribúen á mortalidade das abellas, o informe menciona, ademais dos praguicidas, a presencia de certos parásitos, a falta de medicamentos específicos, a diminución da forraxe silvestre e a diversidade, os campos electromagnéticos e os organismos xenéticamente modificados (OGM).

Para responder ás ameazas, o Parlamento Europeo aboga tamén pola creación dunha estratexia global de medicamentos para as abellas, que identifique para cada enfermidade as condicións de actuación e os tratamentos adecuados.

Na UE existen uns 700.000 apicultores, entre os que hai profesionais, afeccionados e tamén productores agrícolas que teñen esta actividade como complemento dos seus ingresos.

Non olvidemos as palabras de Albert Einstein sobre este tema:"Se a abella desaparecera do planeta, ao home só lle quedarían 4 anos de vida".

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

SEIS MOTIVOS PARA RECLICAR

SEIS MOTIVOS PARA RECLICAR

 

Partindo do concepto de desenvolvemento sostible como a utilización dos recursos de forma responsable (reducindo, reutilizando e reciclando) para garantir que as xeracións vindeiras poidan seguir dispoñendo deles, imos hoxe afondar na RECICLAXE, aportando seis motivos para levala a cabo:

1. Reduce a contaminación e o lixo en vertedoiros

Arroxados de forma incontrolada á natureza, os residuos, algúns deles perigosos, poden causar graves danos na flora e na fauna e contaminar ríos e acuíferos. Ademais de impedir que acaben deste seito, a reciclaxe evita que estes residuos acaben en vertedoiros, cada vez máis saturados. Os datos dalgúns dos tipos de reciclaxe máis habituais son elocuentes:

  • Reciclar 3.000 botellas de vidroo evita 1.000 quilos de lixo e reduce a contaminación do aire nun 20%.
  • Reciclar papel e cartón reduce nun 74% a contaminación do aire e nun 35% a da auga. Por cada 133 toneladas de papel recicladas afórrase en vertedoiro un espacio equivalente a unha piscina olímpica.

Os residuos orgánicos, separados de forma correcta, poden aproveitarse para compostaxe e evitar o uso de abonos industriais nitroxenados, cuxo uso intensivo resultou prexudicial para o medio ambiente.

2. Evita a extracción de novas materias primas

A necesidade de novas materias primas para crear productos disminúe ao reciclar os residuos:

  • Ao fundir vidro usado e darlle nova forma afórrase un 93% de materiais.
  • Por cada tonelada de papel reciclado sálvanse entre cinco e dezasete árbores e afórranse entre 21.000 e 50.000 litros de auga.
  • Dúas toneladas de plástico recicladas aforran unha tonelada de petróleo.
  • Unha tonelada de aluminio reciclado evita a extracción de catro toneladas de bauxita, o mineral do que se obtén este metal.

3. Aforra enerxía e loita contra o cambio climático

O proceso de extracción, elaboración e transporte de novas materias primas supón tamén o uso intensivo de enerxía, obtida na súa maior parte con combustibles fósiles. A reciclaxe emprega menos enerxía: cada botella de vidro reciclada evita consumir a electricidade que necesitaría unha bombilla de 100 vatios durante catro horas.

Ao reducir o consumo enerxético, a reciclaxe tamén contribúe a loitar contra o cambio climático. Un quilo de papel reciclado evita a emisión de 900 quilos de dióxido de carbono (CO2), un dos principais gases de efecto invernadoiro.

4. Posibilita a creación de novos productos

Os materiais provintes da reciclaxe pódense utilizar para novos productos. Os envases de plástico dan lugar a bolsas, fibras, mobiliario urbán ou materiais de construcción; o aluminio e o aceiro serven para novos envases e láminas; o papel e o cartón convítense en caixas, xornais, papel de embalaxe ou de escribir; e do vidro obtéñense novas botellas e obxectos.

Os materiais reciclados poden convertirse no mesmo envase do que provén, como o vidro, ou en productos moi distintos. As latas de refresco poden dar lugar a unha llanta de coche, os tetra bricks a unha caixa de zapatos e as botellas de plástico PET, a un forro polar.

5. Mantén postos de traballo "verdes"

O sistema da reciclaxe dá traballo a centos de persoas que se encargan do seu correcto tratamento. Ecovidrio e Ecoembes son as sociedades sen ánimo de lucro que en España xestionan o vidro e os envases lixerios (plástico, latas e bricks) usados, respectivamente.

6. Pode salvar vidas

Un 10% dos ingresos en urxencias hospitalarias débense a un mal uso dos medicamentos. Por esta situación, o sistema de reciclaxe dos mesmos tamén serve para concienciar aos cidadáns de que se deben cumplir ben os tratamentos e fuxir da automedicación.

Un xesto tan sinxelo como reciclar ten grandes ventaxas para o medio ambiente, a economía e a saúde.

FONTE: Revista Eroski Consumer