Blogia
vgomez

ZONA VERDE

EXPOSICIÓN: "O LOMBO DA BALEA"

EXPOSICIÓN: "O LOMBO DA BALEA"

 

Baixo o nome “O Lombo da Balea” podedes visitar durante as próximas semanas, no Museo do Mar de A Guarda, unha exposición sobre a caza destes cetáceos.

Ao longo de diferentes paneis coñeceredes algo máis sobre as baleas e o aproveitamento que delas fixo o home ata hai pouco tempo. De feito, esta actividade foi habitual nas costas do Cantábrico ata o século pasado. Na exposición trátanse diferentes aspectos  que van dende a natureza biolóxica da balea e doutros cetáceos, o seu comportamento no medio mariño; ata a  relación que o home mantivo con eles ao longo da historia, que finalmente provocou o delicado estado actual da especie.

Esta exposición, organizada pola CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), complétase coa mostra de restos óseos de mamíferos mariños como unha costela e vértebra de balea entre outros.

A exposición estará visitable durante o habitual horario de apertura do Museo:  sábados, domingos e festivos de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas, e a entrada é de balde.

FONTE: galiciasuroeste.info

FORMACIÓN DUN ICEBERG DO TAMAÑO DE LANZAROTE

FORMACIÓN DUN ICEBERG DO TAMAÑO DE LANZAROTE

 

Científicos da NASA manifestaron en Chile que vixían a formación dun gran iceberg, duns 880 quilómetros cadrados, equivalente ao tamaño da illa de Lanzarote, producto dunha fractura que se extede ao longo de 29 quilómetros no glaciar de Isla Pine, na Antártida.

O avistamento da enorme fractura fíxose durante os voos de investigación realizados durante outuro polo equipo IceBridge da axencia espacial estadounidense, un conxunto de científicos e técnicos que analizan os cambios nas capas de xeo que cubren a Antártida e Groenlandia dende o ano 2009.

Cos citados voos observaron unha fisura grande que indica que un gran pedazo de xeo está por partirse. Trátase dunha fractura duns 280 metros de ancho e duns 60 metros de profundidade, o que indica que é máis alta que a estatua da Liberdade.

Os científicos subraian que a fractura sobre o glaciar de Illa Pine forma parte do ciclo natural de conformación dos iceberg na zona occidental da Antártida, unha rexión sensible, polo que non acarrea risco ambiental a nivel global.

FONTE: ABC/Ciencia

MEDIO AMBIENTE NO "DEBATE"

MEDIO AMBIENTE NO "DEBATE"

 

Interesante viñeta de Ramón (Ramón Rodríguez, 43 anos, vallisoletano, debuxante e ecoloxista) no xornal El País de hoxe, sobre o día despois do "famoso debate".

Penso que a viñeta fala por si mesma!

ANDASOL

ANDASOL

Paque termosolar de Andasol / Imaxe:puertasautomaticasediciones.com

Nunha planicie preto de Serra Nevada, no Marquesado de Zenete, cercana a Guadix (Granada), xurdíu nos últimos anos un espectacular complexo de espellos parabólicos que seguen ao Sol, de leste a oeste, todolos días. Polo foco de cada grupo de espellos, ou colector, a través dun tubo de cristal especial, circula un aceite que aumenta de 300 a 400 graos a súa temperatura ao longo do circuito ao concentrarse nel os raios solares, para despois ceder a súa calor á auga que, en forma de vapor, move unha turbina. Así transfórmase a enerxía solar en electricidade, como nunha central térmica convencional, pero partindo do sol, fonte limpa e gratuíta e non do carbón ou do gas.

Parte desta enerxía recollida ao longo do día a través dos colectores almacénase en forma de calor en enormes depósitos de sales fundidas para poder seguir xerando electricidade oito horas máis tralo ocaso. Andasol, cuxos promotores son cinco empresas alemanas,  é xa, coa posta en funcionamiento este mes da terceira fase, o maior parque termosolar de Europa; pero é, sobre todo, unha notable obra de enxeniería sobre a que se basarán futuras instalacións deste tipo no sur de Europa e tamén no norte de África.

Máis de 600.000 espellos, de entre 2 e 2,8 metros de lado. Ocupan moito espazo, equivalente a uns 210 campos de fútbol, para producir unha potencia total relativamente modesta -150 megavatios-, pero que é suficiente para servir a medio millón de habitantes e que -un dato moi importante- aforrará 450.000 toneladas de CO2 anuais.

Andasol 3, construída en só dous anos, representa unha inversión de máis de 350 millóns de euros e prevé ter uns 50 postos de traballo permanentes. O proxecto seguinte é Extremasol, moi parecido, en Villanueva de la Serena (Extremadura), que rematarase de construír dentro de dous anos.

FONTE: Xornal El País

RECICLAXE: OS SETE SÍMBOLOS DO PLÁSTICO

RECICLAXE: OS SETE SÍMBOLOS DO PLÁSTICO

 

A gran diversidade de materiais plásticos levou a crear unha variada tipoloxía para identificalos. Neste caso, as frechas do anel -sinal de que poden reciclarse dalgunha forma- son máis estreitas e conteñen un número e unhas letras que sinalan o tipo de material. Un consumidor pode atoparse no mercado os seguientes símbolos:

  1. PET ou PETE (Polietileno tereftalato). É o plástico típico de envases de alimentos e bebidas, grazas a que é lixeiro, non é caro e é reciclable. Unha vez reciclado, o PET  pódese utilizar en mobles, alfombras, fibras téxtiles, pezas de automóbil e, ocasionalmente, en novos envases de alimentos.
  2. HDPE (Polietileno de alta densidade). Grazas á súa versatilidade e resistencia química emprégase, sobre todo, en envases, en productos de limpeza do fogar ou químicos industriais, como botellas de champú, deterxente, cloro, etc. Tamén se emprega en envases de leite, zumes, iogur, auga e bolsas do lixo e de supermercado. Recíclase de moi diversas formas, como en tubos, botellas de deterxentes e limpadores, mobles de xardín, botes de aceite, etc.
  3. V ou PVC (Vinílicos ou Cloruro de Polivinilo). Tamén é moi resistente, polo que é moi utilizado en limpadores de fiestras, botellas de deterxente, champú, aceites e mangueiras, equipamentos médicos, fiestras, tubos de drenaxe, materiais para construcción, forro para cables, etc. Aínda que non se recicla a miúdo, en tal caso emprégase en paneis, tarimas, canalóns de estradas, tapetes, etc. O PVC pode soltar diversas toxinas (non hai que queimalo nin deixar que toque os alimentos), polo que é preferible utilizar outro tipo de substancias naturais.
  4. LDPE (Polietileno de baixa densidade). Este plástico forte, flexible e transparente pódese atopar nalgunhas botellas e bolsas moi diversas (da compra ou para comida conxelada, pan, etc.), algús mobles e alfombras, entre outros. Tralo seu reciclado, pódese utilizar de novo en contedores e papeleiras, sobres, paneis, tuberías ou baldosas.
  5. PP (Polipropileno). O seu alto punto de fusión permite envases capaces de conter líquidos e alimentos quentes. Emprégase na fabricación de envases médicos, iogures, palliñas, botes de ketchup, tapas, algúns contedores de cociña, etc. Ao reciclalo pódense obter sinais luminosas, cables de batería, vasoiras, cepillos, raspadores de xeo, bastidores de bicicleta, angazos, caldeiros, paletas, bandexas, etc.
  6. PS (Poliestireno). Empregado en platos e vasos de usar e tirar, recipientes para ovos, bandexas de carne, envases de aspirina, caixas de CD, etc. O seu baixo punto de fusión fai posible que poda derretirse en contacto coa calor. Algunhas organizacións ecoloxistas subraian que é un material difícil de reciclar (ainda que en tal caso pódense obter diversos productos) e que pode emitir toxinas.
  7. Outros. Neste caixón de sastre inclúense unha gran diversidade de plásticos moi difíciles de reciclar. Con estos materiais elabóranse algunhas clases de botellas de auga, materiais a proba de balas, DVD, gafas de sol, MP3 e PC, certos envases de alimentos, etc.

Como variantes destes símbolos de materiais plásticos pódense atopar só cos números, sen os acrónimos, ou co anel máis groso de Möbius e, no seu interior, o número que corresponda. Se o acrónimo leva un "R" diante, significa que o producto contén materiais plásticos reciclados. Pola súa parte, se o símbolo leva o acrónimo ABS, refírese ao acrilonitrilo butadieno estireno, un plástico moi duro utilizado en automoción e en usos tanto industriais como domésticos.

Por certo lembrade a campaña do neno Diogo Farinhoto. Podes seguir axudando depositando tapas ou envases dos números 2, 4 e 5: Alameda, Ferry e Consarxería do IES.

FONTE: Revista Eroski Consumer/Medio Ambiente.

SALVEMOS O MAR (THE END OF THE LINE)

SALVEMOS O MAR (THE END OF THE LINE)

 

Este ano o P.I. (Proxecto Interdisciplinar) do noso Centro para o alumnado de 1º de ESO será "A pesca na Guarda". Para centar o tema, proxectaremos a película "The End of the Line" / Salvemos o mar.

Imaxina un mundo sen peixes. Imaxina as túas comidas sen pescado. Imaxina as súas consecuencias globais. Este é o futuro que nos agarda a menos que paremos, pensemos neste asunto e pasemos á acción.

"The End of the Line", é a primeira gran película documental que revela o impacto da sobrepesca nos nosos océanos. Estreada no Festival de Cine de Sundance entre o 15 e o 25 de xaneiro de 2009 no World Cinema Documentary Competition en Park City, Utah.

Na película vemos de primeira man os efectos da nosa pasión mundial polo peixe, examinando a inminente extinción do atún vermello levada pola crecente demanda occidental de sushi, o impacto da enorme sobrepoboación de medusas na vida marina e as profundas consecuencias dun mundo futuro sen peixe que comportará unha certeira época de fame masiva.

Filmada por todo o mundo, dende o Estreito de Xibraltar ata as costas de Senegal e Alaska pasando polo mercado de pescado de Tokio e destacando aos máis eminentes científicos, pescadores indíxenas e autoridades polo cumprimiento da lei, ’The End of the Line’ é unha chamada de reacción ao mundo.

Aquí tedes un adianto da película co seu trailer.

FONTE:www.oceansentry.org

A "FOLLA" ARTIFICIAL

A "FOLLA" ARTIFICIAL

A "folla" artificial creada no MIT /  Sun Catalytix

A tecnoloxía logrou imitar fielmente o proceso máis prodixioso da natureza, ou eso parece... Seis meses despois do anuncio que deu a volta ao mundo, o químico Daniel Nocera, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), presentou á comunidade científica a "folla artificial" que consegue reproducir a fotosíntese.

A "folla", do tamaño dun naipe, está fabricada de silicio, níquel, cobalto e outros catalizadores. Depositada nun cubo de auga, a "folla" reacciona químicamente ante a luz solar e produce burbullas separadas de osíxeno e de hidróxeno. As dúas correntes poden ser recolectadas e almacenadas en pilas de combustible, listas para proporcionar electricidade.

O último número da revista Science publica o estudo no que se detallan tódalas características do invento que aspira a revolucionar a tecnoloxía solar.

A idea de dispoñer dunha fonte barata de enerxía renovable está xa quí!

RECICLADO DOS ARTIGOS DO FOGAR

Na práctica diaria de eliminar lixo, máis o menos todo o mundo ten claro o proceso da reciclaxe: plásticos, vido, papel,... Pero e o resto de artigos de fogar? Estou pensando nunha lavadora, dunha tixola...

Nesta infografía tes a contestación. Practica a reciclaxe!