Blogia
vgomez

ZONA VERDE

BAIXO AS ONDAS DA ENSEADA DE SAN SIMÓN

 

Este vídeo é unha posta  en valor dun dos principais recursos biolóxicos do medio mariño da Enseada de San Simón (Redondela-Pontevedra): o choco.

O choco, xiba ou sepia común (Sepia officinalis) é un moluco cefalópodo mariño de grande interés comercial en Galicia.

No citado vídeo tamén se tratan outras especies interesantes desta zona situada ao fondo da Ría de Vigo, así como aspectos xeográficos da localidade de Redondela.

Espero que sexa útil!

CINCO RAZÓNS DE PESO PARA USAR LUCES LED

CINCO RAZÓNS DE PESO PARA USAR LUCES LED

Variedade de lámpadas LED / Imaxe:ginerymira.com

As clásicas lámpadas incandescentes estanse a retirar do mercado para reducir o seu elevado consumo enerxético e o seu impacto ambiental. As luces LED (Diodo Emisor de Luz) teñen unha serie de vantaxes para o medio e os petos dos consumidores que como consumidores debemos valorar. Aquí tes 5 razóns de peso para que poden animarte ao seu uso:

1.-Teñen un mellor comportamento ambiental. As lámpadas LED non levan os materiais contaminantes doutro tipo de luminarias, como mercurio, chumbo ou tungsteno. Ademais, como o seu consumo enerxético é moito menor que as lámpadas incandescentes, diminúen nun 80% as emisións de dióxido de carbono (CO2), un dos principais gases implicados no cambio climático. Non obstante, levan terras raras, "uns compoñentes sobre os que aínda hai que traballar para evitar o seu impacto ambiental".

2.-Consumen menos enerxía e aforran diñeiro. As lámpadas LED converten o 80% da enerxía que consumen en luz, xusto ao revés que as incandescentes, que perden o 80% da electricidade en xerar calor. Neste sentido, as LED posúen unha alta eficiencia enerxética: logran aforros de enerxía de máis do 85% con respecto a unha lámpada incandescente e, polo tanto, un menor gasto na factura da luz. Acendidas durante tres horas ao día, unha lámpada incandescente de 40 vatios (W) gasta uns 7,9 euros anuais en electricidade, mentres que unha LED de 5 W, que proporciona unha luz similar a dita incandescente, un euro. Cantas máis horas están acendidas, a diferenza é maior.

3.-O seu prezo é cada vez máis baixo. Aínda que son máis caras que outras luminarias, como fluorescentes ou halóxenas, supón un investimento que se rendibiliza co tempo, dada a súa gran duración. Non obstante, a medida que se xeneralizan, o seu custo é cada vez máis baixo.

4.-Hai modelos para todo tipo de aplicacións. O sector desenvolveu unha gran cantidade de modelos que se adaptan ás necesidades máis variadas dos consumidores: de tubo, de casco, de farol, de foco, de panel, de campá, en tiras, con diversas cores, con luz fría ou cálida, con máis ou menos luminosidade, etc.

5.-Pódense reciclar. As lámpadas LED poden e deben reciclarse unha vez remate a súa vida útil. Os consumidores poden depositar as súas luces usadas, ao igual que as lámpadas de baixo consumo, nos puntos limpos ou ben en colectores específicos situados na maioría de puntos de distribución de lámpadas, almacéns ou lugares de traballo.

FONTE: Revista Consumer

O MONTE E A GUARDA DENDE O AIRE

Video do Castro de Santa Trega e arredores desde o aire gravado cun dron.
Gravado por Julio Castro Fotografia.

DEZ ANOS DO PROTOCOLO DE KIOTO

Así é o mapa da contaminación de España

O Protocolo de Kioto contra o cambio climático, cumpríu onte 10 anos en vigor. Durante este período, os 37 países industrializados e a UE, asinantes do acordo, lograron reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 22,6%, segundo os datos proporcionados pola Secretaría da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).

O tratado adoptouse o 11 de decembro de 1997 na cidade xaponesa que leva o seu nome, co obxectivo de reducir polo menos un 5% as emisións contaminantes entre 2008 e 2012, tomando como referencia os niveis de 1990. Non obstante, a súa entrada oficial en vigor foi o 16 de febreiro de 2005, cando Rusia rubricou o texto, cumpríndose así o requisito de que fose asinado polos países responsables de polo menos o 55% das emisións de CO2.

No caso de España, comprometeuse a limitar o aumento das súas emisións de CO2 nun máximo do 15% en relación ao ano base. Non obstante, no período 2008-2012, superamos o citado límite ata o 23,7%, aínda que cabe recordar que en 2004, o noso país emitía un 53% máis que en 1990.

Pero non só España ten tido que comprar emisións para poder cumprir coa súa cota en Kioto, tamén o fixeron países como Italia, Austria e Dinamarca.

O país que está na vangarda do cumprimento dos obxectivos de redución de Kioto é Suecia. Hai máis de vinte anos que este país introduciu unha fiscalidade específica sobre o CO2, e confía en alcanzar unha cota de renovables no consumo final de enerxía do 50% en 2020, fronte ao 20% da UE.

A segunda fase do Protocolo de Kioto, coñecida como a Emenda deDoha, quedou fixada en 2012 e entrará en vigor cando sexa ratificada por tres cuartas partes das partes asinantes do acordo.

Neste sentido, o Programa das Nacións Unidas para o Medio (PNUMA) urxe a estes países a acelerar a ratificación deste segundo compromiso, xa que en 2020 está previsto que se poña en marcha o acordo de París, que substituirá o de Kioto.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

DEBUXO GAÑADOR DO CONCURSO FOMENTA A RECICLAXE

DEBUXO GAÑADOR DO CONCURSO FOMENTA A RECICLAXE

Debuxo gañador / Imaxe: www.aguarda.es

Xa hai resultado no concurso de debuxo FOMENTA A RECICLAXE, unha iniciativa do Concello da Guarda para fomentar entre os máis pequenos a recollida do lixo nas casas, con especial atención aos residuos sólidos urbanos e os aceites domésticos.

A gañadora foi Martina Rodríguez Rodríguez de 1º ESO  do Colexio PP Somascos, que presentou este bebuxo co pseudónimo “Clorofila”.

Foron varios os alumnos e alumnas do noso IES (1º e 2º ESO) que participaron, incluso un dos debuxos chegou a ser finalista.

O cartel gañador formará parte da nova campaña do Concello da Guarda para sensibilizar aos veciños arredor dos valores da reciclaxe, iniciándose coa colocación do debuxo premiado ao carón dos contedores distribuídos pola localidade.

Parbéns á gañadora!

SAÍDA ORNITOLÓXICA DE ANABAM

SAÍDA ORNITOLÓXICA DE ANABAM

A organización ecoloxista ANAMAB, organiza mañá domingo, día 8, a primeira actividade do ano para conmemorar o seu 30 ANIVERSARIO. Será cunha saída ornitolóxica pola ruta que bordea a desembocadura do Miño, dende os Observatorios da marisma de Salcidos ata a praia do Puntal.

O punto de partida, ás 10:30 da mañá, terá lugar dende a Estación Ornitolóxica. A duración estimada, contando as paradas de observación de aves, estímase nas dúas horas e media a tres horas. O percorrido, doado, é duns cinco quilómetros.

A actividade, aberta ao público, é gratuita, pero agradecerían a inscripción previa (anabam.anabam@gmail.com) por se houbera que comunicar algún detalle de última hora, así como para saber con que participantes contamos.

Esta é unha magnífica oportunidade para achegarse ás aves do esteiro do Miño.

Anímate!

FONTE: infomiño.com

CURTOS MEDIOAMBIENTAIS V: "PACIENTE A TERRA"

 

"Paciente a Terra" é unha curtametraxe sobre o medio, do Concurso de curtametraxes “O teu punto devista pode cambiar o mundo”.

O seu autor é Toni Amengual Oliver, de Palma de Mallorca.

Un bo tema para relexionar!

FONTE:cortometrajescortos.com

CURTOS MEDIOAMBIENTAIS IV: "HISTORIA DUNHA MAN"

 

"Historia dunha man" é unha curtametraxe sobre o medio, do Concurso de curtametraxes “O teu punto devista pode cambiar o mundo”.

FONTE: Revista Consumer