Blogia
vgomez

ZONA VERDE

AS CINCO NOVAS AVES DO ESTEIRO DO MIÑO

AS CINCO NOVAS AVES DO ESTEIRO DO MIÑO

Imaxe das cinco "novas" aves do Esteiro do Miño / Imaxe: anabam.org

Logo de 30 anos recollendo datos da presenza de aves no Esteiro do Miño, ANABAM sinala que a ornitoloxía da zona mudou en certas especies e, sobre todo, no número delas. Nun recente artigo pubicado na súa páxina web, trataron sobre estas aves "novas" deste espazo natural e que son as que aparecen fotografadas arriba. Así o reseñaban:

Ata finais do século XX, esas cinco aves deixábanse ver esporadicamente polo Esteiro do Miño, o cal constituía, para os que nos dedicabamos a observar aves acuáticas, un motivo de ledicia por ver estas rarezas pola zona. Pero, finalizando a década, algunhas xa se fixeron asiduas visitantes, de tal xeito que tódolos anos aparecían, aparecen, nos nosos censos. Neste caso están o mergullón orelleiroa tartaraña arpella e o cullereiro. No caso do cullereiro, adoita estar no Esteiro do Miño dende un par de semanas ata máis dun mes. O mergullón orelleiro vese toda a tempada, isto é, dende outubro ata febreiro/marzo. A tartaraña arpella é un caso excepcional, pois xa permanece con nós todo o ano e non so iso, senón que aniña nas inmediacións o que constitúe un dato moi valioso xa que esta ave ten escasas áreas de nidificación na Península Ibérica.

A partir do ano 2008 dúas novas especies, que como dixemos visitaban esporadicamente o Esteiro, se convirten en novas inquilinnas deste humedal internacional. Son a aguia peixeira e a graza branca. A garza branca vese durante toda a tempada ornitolóxica, isto é dende setembro ata marzo, mentres que a aguia peixeira case que todo o ano, polo que non nos extranaría que esta última acabase tamén por aniñar neste enclave.

Das cinco especies citadas, a que chega a ser máis numerosa é o mergullón orelleiro, ave de tamaño pequeno. O número de individuos pode chegar a rebasar os 30 exemplares, aínda que a media está nos 7 individuos. Aguia peixeira, tartaraña arpella e garza branca andan polos 2-3 exemplares de media e o cullereiro é moi variable, dende un a dez individuos, segundo os anos, aínda que habitualmente non exceden dos cinco exemplares.

 Aguia peixeira e tartaraña arpella son as que máis superficie percorren, practicamente toda a zona de censo, ou sexa, dente a ponte internacional da Amizade (Goián-Vilanova de Cerveira) ata a desembocadura, aínda que mesmo suben río arriba e a aguia peixeira chega a saír cara ao mar. O mergullón orelleiro móvese fundamentalmente nas augas da parte baixa do Esteiro. A garza branca pode verse principalmente nas marxes da parte media baixa do Esteiro, zonas de xunqueira e os cullereiros teñen certa preferencia polo sapal do Coura, na marxe portuguesa, aínda que tamén achéganse á ribeira galega.

FONTE:anabam.org

O PODER DO AMOR / THE POWER OF LOVE

 

O Departamento de Inglés do noso IES, ten no seu blog a seguinte información que me piden que faga público:

Lil’ Drac is a little orphaned short-tailed bat (murciélago de rabo corto). This little baby bat was very lucky as it got rescued by Weatherford, Texas Bat World Sanctuary. It is a no-profit organization dedicated towards the preservation of hundreds of bats.

Bat World Sanctuary offers rehabilitation and release programs and even lifelong sanctuary programs to non releasable bats. Bat population is in a rapid decline. More than half of the native bats of USA areendangered. Watch this man giving a loving care to this baby bat.


Lil ’ Drac é un morcego de cola curta orfo (morcego de rabo curto). Este pequeno bebé tivo moita sorte, xa que foi rescatado por Weatherford, Texas Bat Mundial Santuario, unha organización sen fins de lucro dedicada á preservación de centos de morcegos.

Bat Mundial Santuario ofrece programas de rehabilitación e de posta en liberdade de morcegos. Máis da metade dos morcegos nativos de EUA están en perigo de extinción. Mira este home dando unha atención amorosa a este bebé morcego.


CAMBIO DE HORA PARA ENTRAR NO HORARIO DE INVERNO

CAMBIO DE HORA PARA ENTRAR NO HORARIO DE INVERNO

Cambio de hora / Imaxe: rtve.es

 

A normativa da Unión Europea establece que cada ano, o último domingo de outubro, procederase ao cambio de hora para adaptarse ao horario de inverno. Ás 3 da madrugada (hora da Península) de mañá, domingo 26 de outubro, haberá que atrasar o reloxo ata as 2, e polo tanto, este día terá, oficialmente, unha hora máis.

Este horario permanecerá ata o 29 de marzo, último domingo dese mes, no que procederase ao cambio de hora para adaptarse ao horario de verán.

O cambio de hora encóntrase regulado en España polo Real Decreto 236/2002 da 1 de marzo, que incorpora ao noso ordenamento xurídico a Directiva 2000/84/CE de 19 de xaneiro de 2001 do Parlamento Europeo e do Consello da Unión.

Mirádeo polo lado positivo, mañá podemos durmir unha hora máis!

TEMPORADA DE COGOMELOS

TEMPORADA DE COGOMELOS

 

Un ano máis os amantes dos cogomelos saímos a percorrer os montes na procura deste fantástico tesouro agochado.

Dende a fin de semana pasada contamos cun tempo estupendo que facilita a saída. No meu caso hoxe pola tarde apañei estes níscalos ou robellóns (Lacatarius deliciosus), uns poucos cantarelos (Cantharellus cibarius) e unha pouca lingua de vaca (Hydnum repandum).

Non estivo mal! Gocei da natureza e aínda trouxen algo para a cea!

Iso si, se decidides ir na súa procura sempre ide acompañados dunha persoa que coñeza este mundo da micoloxía, unha cesta e unha navalla. Nunca vaides por libre, é cando acontecen accidentes, pois non todas as especies son comestibles.

Sede prudentes!

O ÚLTIMO CUMIO DO CLIMA: UN FRACASO

O ÚLTIMO CUMIO DO CLIMA: UN FRACASO

Viñeta de Ramón / Xornal El País 

 

Retroceso dos glaciares en todas as grandes cordilleiras do mundo e nos casquetes polares; fusión acelerada da banquisa do Ártico; aumento exponencial das emisións de gases de efecto invernadoiro "que triplican os niveis existentes nos inicios da Revolución Industrial a mediados do século XVIII" coa conseguinte elevación da temperatura media do planeta; ciclóns e tifóns cada vez máis destrutivos; arrepiantes secas que se superpoñen a frecuentes episodios de inundacións en zonas atípicas? Ninguén, agás os grandes grupos investidores interesados en que non diminúa a nosa dependencia dos combustibles fósiles, pode negar a evidencia de que nos achamos nun ciclo de cambio climático no que, xunto a causas naturais, a actividade humana ten moito que ver.

Os dirixentes do mundo, ante a presión da opinión pública, non tiveron máis remedio que abordar o tema. A ONU, aparentemente interesada en limitar o quentamento global a 2°C respecto á época preindustrial (pois moitos científicos sinalan que as temperaturas terán aumentado ao final do século XXI en máis de 4°C), acolleu o pasado día 23 de setembro, o Cumio do Clima, coa asistencia de representantes de máis de 120 países de todo o mundo, aínda que algunhas nacións estiveron representadas por políticos de segundo nivel, o que demostra o escaso interese real en abordar o asunto. E iso malia que o secretario xeral da ONU, o surcoreano Ban Ki-Moon, pediu expresamente as delegacións dos respectivos países que acudiran con propostas audaces destinadas a reducir as emisións, reforzar a resistencia ao cambio climático e mobilizar a vontade política para chegar a un acordo xurídico significativo en 2015.

Pero, polo que transcendido dos resultados do devandito Cumio, as medidas adoptadas quedaron, unha vez máis, en simples promesas, sen anuncios concretos. Xunto ás reticencias de países desenvolvidos, sobre todo EUA, a renunciar aos seus niveis de desenvolvemento e consumo, países emerxentes, como China e India, non están dispostos tampouco a limitar o seu propio crecemento. No caso de China, as súas emisións de CO2 e óxido de nitróxeno poden aumentar exponencialmente se, como se prevé, o seu parque automobilístico segue un crecemento imparable. Situación que é particularmente preocupante nun país cuxa poboación supera os 1.300 millóns de habitantes. Se, como todos os economistas prognostican, a curto prazo a economía chinesa supera as occidentais, o efecto que sobre a atmosfera do planeta poida supoñer un crecemento sen freo do xigante asiático é, hoxe por hoxe, impredicible.

A situación é particularmente grave. Pero no Cumio, moitos países pospuxeron a unha data tan tardía como a do ano 2050 a adopción de medidas concretas para reducir parcialmente as emisións de gases contaminantes para achegalas ás rexistradas en 1990. Unha vez máis, o Cumio do Clima non foi senón un escaparate que puxo en evidencia a escasa vontade política "e tamén a escasa marxe de manobra da maioría dos países" para facer fronte á avaricia do conglomerado de empresas transnacionais que operan no mercado do petróleo.

O Cumio do Clima 2014 constituíu un fracaso. A próxima, prevista para o 2015, pode atrasar de novo as solucións drásticas que o planeta nos está a demandar.

 

FONTE: Diego Jiménez Fonte/ laopiniondemurcia.es

ERUPCIÓN DO VOLCÁN ONTAKE

ERUPCIÓN DO VOLCÁN ONTAKE

O volcán Ontake en erupción nesta fin de semana / Imaxe:alertacatastrofes.com 

 

A natureza manten o seu ritmo vital e cada pouco maniféstase. Esta fin de semana produciuse a violenta erupción do volcán xaponés Ontake.

O Ontake é un volcán situado na illa de Honshu,  a 200 quilómetros de Tokyo. É o segundo volcán máis alto de Xapón, cunha altura máxima de 3.067 metros sobre o nivel do mar, só superada polos 3.776 metros do Fuji. Considerouse inactivo ata outubro de 1979, cando comezou unha serie de erupcións. Tamén houbo erupcións menores en 1991 e 2007.

Nesta última erupción causou polo momento unha trintena de mortos e decenas seguen desaparecidos. Os falecidos son todos escaladores que se viron sorprendidos pola erupción e quedaron inconscientes probablemente pola inhalación de fume tóxico e cinza ou tras ser golpeados polos entullos que o monte leva chuspindo dende onte. Outras 45 persoas seguen desaparecidas, mentres centos de persoas se encontraban nel, un destino moi popular entre excursionistas e máis durante os meses de outono.

FONTE: Xornal El Pais/Medio Ambiente

A CAPA DE OZONO MOSTRA SIGNOS DE RECUPERACIÓN

A CAPA DE OZONO MOSTRA SIGNOS DE RECUPERACIÓN

Viñeta de Ramón no xornal El País (15/09/2014)

 

A recuperación da capa de ozono, que protexe ao planeta dos daniños raios ultravioletas, avanza polo bo camiño, segundo un novo informe elaborado por un grupo de 300 científicos, aínda que tamén se recoñece que aínda existen numerosos desafíos producidos polo rápido incremento dos gases que causan o efecto invernadoiro.

De acordo co texto, presentado polo Programa de Nacións Unidas para o Medio (PNUMA) e a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a capa de ozono "encamíñase cara á súa restauración total nas próximas décadas, como resultado da acción internacional".

Os expertos destacan que eses avances débense principalmente ás medidas de concertación internacional para protexer o medio, especialmente o Protocolo de Montreal de 1989, sen o cal se calcula que a concentración de gases que destrúen esa delicada capa se tivese multiplicado por dez de cara ao ano 2050.

Segundo o PNUMA, ese Protocolo evitou que uns dous millóns de persoas teñan cancro de pel anualmente no mundo, a redución das lesións oculares e diversos danos no sistema immunológico humano. Así mesmo, a flora e fauna silvestres beneficiaranse tamén destas medidas.

O director executivo do Programa da ONU para o Medio (PNUMA), o informe pretende "presentar un escenario de logros, desafíos e esperanza. Logros, os conseguidos co Protocolo; desafíos, en canto á necesidade de manter a atención mundial e o compromiso sobre substancias que esgotan a capa de ozono; e unha mensaxe de esperanza, de que se nos convencemos de que actuar sobre esas substancias é en beneficio de nacións e individuos, hai un tremendo potencial para seguir avanzando.

O estudo, realizado por 300 expertos internacionais, é unha avaliación científica sobre a redución da capa de ozono, en 2014, destinada aos políticos encargados dos temas de medio. Este documento é a primeira avaliación exhaustiva que se fixo nos últimos catro anos sobre este tema. Os organismos da ONU instaron aos Estados que participarán no próximo Cumio do Clima, o próximo 23 de setembro en Nova York (EUA), a tomar como exemplo a cooperación global para protexer os intereses comúns, tal e como reclama o Protocolo de Montreal.

Fonte: Revista Muy Interesante/Ciencia

A CONCENTRACIÓN DE GASES EFECTO INVERNADOIRO NA ATMOSFERA EN MÁXIMOS SEN PRECEDENTES

A CONCENTRACIÓN DE GASES EFECTO INVERNADOIRO NA ATMOSFERA EN MÁXIMOS SEN PRECEDENTES

Viñeta de Ramón, onte no xornal El País

 

A concentración de gases de efecto invernadoiro (cuxo incremento provoca o cambio climático) presentes na atmosfera alcanzou un máximo sen precedentes en 2013, segundo o informe da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) no seu boletín anual. O dióxido de carbono (CO2), o gas que máis contribúe a este efecto, aumentou a súa concentración a un ritmo que non se rexistrara en case 30 anos.

O citado informe recolle como os niveis de CO2 aumentaron máis entre 2012 e 2013 que durante calquera outro ano dende 1984. Ese aumento explícase, segundo os datos preliminares que cita a OMM, polo incremento constante das emisións deste gas sumado á redución da cantidade de CO2 absorbida pola biosfera da Terra. Unha cuarta parte das emisións totais de CO2 absórbenas os océanos, e outra cuarta parte, a biosfera, recorda a axencia, que insiste no "alto tributo" que pagan os océanos por iso. Segundo unha análise que figura no informe, tampouco hai precedentes para o ritmo actual de acidificación dos océanos, polo menos nos últimos 300 millóns de anos, algo do que tamén alertaron os expertos do último informe do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC).

En 2013, a concentración de CO2 alcanzou o 142% do nivel da era preindustrial (antes de 1750); o de metano, o 253% e o de óxido nitroso, o 121%.

É a primeira vez que o boletín anual da OMM inclúe unha sección sobre a acidificación dos océanos (afectando aos organismos mariños), un proceso que seguirá acelerándose no futuro: "O dióxido de carbono permanece na atmosfera durante centos de anos e no océano aínda moito máis. As emisións de CO2 do pasado, presente e futuro terán un efecto acumulativo tanto no quentamento da Terra como na acidificación dos océanos".

A concentración de dióxido de carbono, o principal culpable do quentamento global, elevouse a 396 partes por millón o ano pasado. Este incremento supuxo unha alza de 2,9 partes por millón entre 2012 e 2013, o maior incremento anual en 30 anos, segundo o informe.

FONTE: Xornal El País/Ciencia