Blogia
vgomez

UN METEORITO DE 30 TONELADAS

 

O equipo de investigadores da Asociación de Astronomía do Chaco (norte de Arxentina) atopou un meteorito na área de Campo do Ceo, que hai 4.000 anos recibiu unha choiva de rochas metálicas. O fragmento pesa 30 toneladas, magnitude que o converte no segundo máis grande do mundo, só superado polo meteorito de Hoba, achado en 1920 en Namibia e cuxo peso supera as 60 toneladas. A rocha é coñecida como siderito (meteorito metálico) e posúe un 92% de ferro e entre un 6% e un 7% de níquel.

A extracción do meteorito Gancedo, como foi bautizado polo equipo de investigadores en referencia ao municipio onde foi atopado, non foi sinxela, xa que o pozo no que se atopaba tiña unha gran cantidade de auga.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios