Blogia
vgomez

A FRUSTACIÓN NAS REDES SOCIAIS

 

Marc Masip é psicólogo, director do Instituto Psicolóxico  Desconect@ e experto no tratamento do uso abusivo das novas tecnoloxías. No seu libro ‘Desconecta’ expón as bases dunha “dieta dixital” para superar a nosa elevada dependencia ao móbil e mellorar a nosa relación coas pantallas. “España é o país con máis adicción adolescente a Internet de toda Europa: un 21,3% dos adolescentes españois son adictos á rede, fronte ao 12,7% de media Europea. Ademais, 77% dos usuarios de móbiles intelixentes sofren “nomofobia”: o medo irracional a non estar permanentemente conectados. O problema disto é que conectamos con algo ou alguén virtual, pero desatendemos e desconectamos as nosas relacións reais e humanas”, reflexiona o psicólogo. E advirte que esta “adicción” ao móbil non só provoca problemas de soño, de rendemento académico e de socialización: os mozos tamén senten ignorados polos seus pais, cando as familias están máis pendentes do móbil que deles. A proposta de  Masip pasa pola educación no bo uso das pantallas e pautas como “ PIVE”: pensar, intuír, vivir e avaliar onde e que imaxes compartimos, como evitar que nos prexudiquen e de que forma podemos aproveitar o mellor da tecnoloxía na nova era dixital.

0 comentarios