Blogia
vgomez

NON SON AGROGLIFOS

Dous círculos formados por árbores á vista de paxaro nun bosque de Miyazaki/FNN

A moitos encantaríalles pensar que os círculos formados no bosque xaponés da imaxe son agroglifos, é dicir, símbolos en forma de circunferencia que aparecen nos campos de cultivo de forma sospeitosa e que unha gran maioría atribúe á vida intelixente doutros planetas. Pero neste caso a explicación é máis sinxela e realista.

Estas figuras xeométricas foron recentemente avistadas nun bosque da prefectura de  Miyazaki, dentro de  Kysh, illa meridional de Xapón. E só se poden apreciar desde unha perspectiva cenital. Esta peculiar paisaxe está formado por árbores sugi, coñecidos no resto do planeta como cedros xaponeses.

A aparición destes círculos son o resultado dun experimento científico que naceu hai preto de medio século, en 1973. Encabezárono uns investigadores do Ministerio de Agricultura,  Silvicultura e Pesca de Xapón. Por entón, o Goberno cedera unha porción de terra para realizar silvicultura experimental: plantar as sementes con incrementos radiais de dez graos ata formar dez círculos  concéntricos.

O obxectivo era analizar se o espazo que se deixaba entre cada árbore afectaba o crecemento. Como se pode comprobar, o resultado do experimento foi un éxito e confirmouse a teoría. De feito, o plan era terminar con este proxecto nuns cinco anos, pero os xaponeses están a considerar preservalo debido ao seu alto interese. Estes círculos foron  virales na internet, tanto que agora podes velos a través de Google Maps.

FONTE: elmundo.es/naturaleza

0 comentarios