UN POSTRE PARA COMBATIR O CONFINAMENTO
O pasado día, proponía que a cociña pode converterse nunha fórmula perfecta para combater a monotonía do confinamento a que estamos sometidos, sobre todo para os nen@s, iso si, baixo a supervisión dalgún adulto.
Hoxe propoñovos outra experiencia, un poste, que a eles tanto lles gusta:
’Mug Cake’ de chocolate
Ingredientes
- Catro culleradas rasas de fariña de repostería
- Catro culleradas de azucre branco
- Dúas culleradas de cacao en po
- Media cullerada de fermento químico en po
- Un ovo mediano
- Tres culleradas de leite enteiro
- Tres culleradas de aceite de oliva ou de xirasol
- Azucre glass para adornar
Elaboración
Esta receita ten dous dos principais atractivos para que un neno colla o gusto pola cociña: obterá os resultados de maneira inmediata e ademais poderá gozar dunha deliciosa sobremesa ao finalizar. A elaboración é sinxela, xa que só hai que engadir os ingredientes a unha cunca grande na orde sinalada arriba e mesturalos ben cunha culler. Tres minutos no microndas á máxima potencia e o mug cake estará listo para ser adornado con azucre glass e comerlo na mesma cunca cunha culler.
A disfrutalo!
0 comentarios