Blogia
vgomez

OS 10 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO II

Continúo coa serie 10 países que son os máis diminutos do globo, que todos eles teñen ás súas costas unha historia curiosa que lles fixo perdurar no tempo e algúns ocupan os primeiros postos na listaxe dos países máis turísticos, sendo o seu tamaño, precisamente, un dos seus encantos. Hoxé tócalle a...

2. Maldivas

País de Asia constituído por 1.196 illas, das cales están 203 habitadas, agrupadas en 26 atois.

Superficie: 298 km2                 Poboación: 515.696 (2018)

Capital e cidade máis poboada: Malé      

Idioma oficial: Maldivo

Forma de goberno: República

Moeda: Rf (Rupia maldiva)

Representa o paradigma do paraíso de luxo, con fermosas praias de area branca e un asombroso mundo submarino que a converteron nun destino de lúas de mel, viaxes de mergullo e, cada vez máis, de vacacións ao aire libre para todos os públicos. Desde a súa capital, Male, coas súas casas pintadas de vivas cores, os seus mercados e os seus salóns de té, adóitase partir ás illas onde as experiencias máis rechamantes están relacionadas cos seus fondos mariños. Por exemplo no famoso Hammerhead Point, no Atolón  Rasdhoo, onde é posible mergullarse coas singulares quenllas martelo, ou no Atolón Addu, ao sur de todos, cunhas enormes corais corno de cervo de incrible forza cromática. No afastado Atolón de Noonu pódese descubrir a auténtica vida e cultura local, probando os pratos locais.

FONTE: Lonel Planet/el pais.com e es.wikipedia.org

0 comentarios