OS BORBÓNS EN ESPAÑA VI
Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.
6. CARLOS IV
Carlos IV, chamado "o Cazador" (Portici, 11 de novembro de 1748-Nápoles, 19 de xaneiro de 1819), foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 ata o 19 de marzo de 1808. Fillo e sucesor de Carlos III e de María Amalia de Saxonia.
Casou con Mª Luisa de Parma (1751-1819), cando ela tiña 13 anos, sendo primos carnais por vía paterna e parentes próximos pola vía materna de María Luisa. Tiveron catorce fillos en trece embarazos (á parte destes, a raíña tivo 10 embarazos máis que acabaron todos en abortos espontáneos, o cal suma un total de 23 embarazos). Deles, sete chegaron á idade adulta. As malas linguas dicían que foi amante do primeiro ministro Godoy.
Carlos IV intentou continuar o labor reformista do seu pai por un brevísimo período de tempo. O estalido da Revolución Francesa fíxolle temer que as súas ideas de liberdade, igualdade e fraternidade estendésense a España e freou calquera tipo de medida progresista que houbese en marcha. Carlos IV resultou ser un rei vago e nefasto que confiou a responsabilidade de gobernar en Manuel Godoy, un home autoritario e con axenda propia que fixo de España o seu casarío. Tras a firma do tratado de Fontainebleau, polo que España e Francia (e Godoy) repartíanse Portugal, Fernando VII promoveu unha rebelión contra o seu pai e iste tivo que abdicar nel, marchándose a Francia. A cousa podería terminar aí pero Napoleón Bonaparte tiña os seus propios plans: reuniu a Carlos IV e Fernando VII en Baiona, convenceu ao fillo para que lle devolvese a coroa ao pai e ao pai para que lla dese a Xosé Bonaparte e deixounos alí encerrados con todos os luxos imaxinables mentres o preparaba a invasión de España.
Mañá o seguinte monarca Borbón!
FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Retratro de Carlos IV de Francisco de Goya/wikipedia.org
0 comentarios