SABIAS QUE... (XIRAFAS)
Sabias que as xirafas…
- Son os mamíferos máis altos do mundo. As adultas poden chegar a medir ata 6 metros de altura e pesan un máximo de 2.000 kg, unhas dimensións que combinadas coa súa pelame danlles un aspecto único e fermoso.
- Cada especie e subespecie que vive hoxe día ten un deseño de pelame diferente entre si, podendo dicir máis aínda: cada xirafa ten un patrón único que nunca se repite noutro individuo, do mesmo xeito que nosas impresións dixitais. Non existen dúas xirafas iguais.
- Están adaptadas de forma única para alcanzar unha vexetación inaccesible para outros herbívoros. Os seus vasos sanguíneos inusualmente elásticos e as válvulas especialmente adaptadas axudan a compensar a acumulación repentina de sangue (para evitar desmaios, claramente) cando as cabezas das xirafas levántanse, baixan ou balancéanse rapidamente.
- Os seus "cornos" son en realidade protuberancias cubertas de pel e pelo por encima dos ollos que protexen a cabeza de lesións. Chámanse osiconos.
- Os seus pescozos conteñen a mesma cantidade de vértebras que nós (sete), agás que os seus ósos son extremadamente alongados, o que fai que o seu pescozo teña unha lonxitude duns 2,4 metros.
- O seu nome científico é Giraffa camelopardalis, sendo o nome da especie camelopardalis, en latín. Camelopard é a palabra arcaica inglesa para xirafa derivada á súa vez do grego antigo que designaba a camelo e leopardo, animais aos que se pensaba que se parecía á xirafa, de aí o seu nome.
- As primeiras xirafas poderían evolucionar en Europa. Aínda que as xirafas viven actualmente só no África subsahariana, diversos estudos suxiren que os antepasados das xirafas modernas probablemente evolucionaron no centro sur de Europa hai uns 8 millóns de anos. Entraron en África a través de Etiopía hai uns 7 millóns de anos, segundo expón un traballo publicado en Transactions of the Royal Society of South Africa, e prosperaron mellor que os parentes que se mudaron a Asia e morreron uns millóns de anos despois.
- Hai catro especies de xirafas, un descubrimento que non dista moito no tempo. Foi en 2016, cando os científicos atoparon que os mamíferos terrestres máis altos do mundo estaban divididos en catro especies distintas. Anteriormente, os científicos pensaban que todas as xirafas pertencían á mesma especie, con moitas subespecies, pero esta suposición xa quedou fóra de toda dúbida. As catro especies de xirafas son a xirafa do sur (con dúas subespecies: as xirafas angoleñas e surafricanas), a xirafa do norte (con tres subespecies: xirafas Kordofan, Nubia e África Occidental) a xirafa masai e a xirafa reticulada.
- O seu período de xestación é de máis dun ano (400-460 días). Nada máis nacer xa son máis altas que a maioría dos humanos adultos, con ao redor de 1,8 metros de altura. As nais poden dar a luz mentres están de pé, o que significa que estas criaturas de cando en cando teñen unha escusa para deitarse. Á hora de nacer, a cría pode poñerse soa de pé e camiñar. Ás 10 horas pode correr tranquilamente coas súas familias sen ningún problema e tras unha semana, comezar a alimentarse de vexetación por si mesma.
- Aínda que son moi altas, non dormen moito. A maioría dormen entre 10 minutos e dúas horas ao día. Pero mesmo cando dormen non se deitan.
- Aliméntanse de 16 a 20 horas ao día, pero só poden consumir ao redor de 30 quilogramos de follaxe durante ese tempo. Estes mamíferos de dúas toneladas poden sobrevivir con tan só sete quilogramos de follaxe ao día. Con todo, aínda que podemos atopar na súa dieta ata 93 especies de plantas diferentes, as acacias son a súa fonte de alimento favorita.
- Poden vivir con éxito na natureza durante uns 20 a 25 anos coas condicións adecuadas. De entre os animais que poden supoñer un perigo para a súa supervivencia atópanse os leopardos, as hienas e os crocodilos, pero isto sobre todo ocorre coas xirafas máis novas e as enfermas. Iso si: non son unha presa fácil.
- O seu mecanismo de defensa é bastante interesante. Observa o grosor e a forza das súas patas e terás a resposta. A patada dunha xirafa é poderosa e letal, e así é como se defenden dos seus depredadores. Incluso os temibles leóns evitan tales impactos porque poderían morrer se lles alcanza de cheo unha patada directa. As nais, evidentemente, fan todo o posible para protexer aos seus indefensos descendentes, que son máis vulnerables aos ataques dos depredadores.
- O seu único momento de debilidade é cando beben, pois non poden vixiar que se lles achega e son máis vulnerables aos ataques.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxe: lavanguardia.com/GettyImages/iStockphoto
0 comentarios