Blogia
vgomez

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XVII

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

17. O esqueleto máis completo de Tyrannosaurus rex


Chámase Sue e é o máis grande, o máis completo e mellor conservado Tiranosaurio Rex xamais descuberto. Bautizado en homenaxe á paleontóloga Susan Hendrickson, que descubriu os restos en Dakota do Sur en 1990,  Sue é a mostra dun dos maiores  carnívoros que camiñase sobre a Terra hai 67-65 millóns de anos.

O Field Museum de Chicago, que exhibe os fósiles (que comprou nunha poxa por 8,4 millóns de dólares) desmontou o tiranosaurio de 12,3 metros e volveu ensamblalo de acordo cos últimos coñecementos sobre o feroz depredador do período Cretácico. Volve estar exposto dende 2019.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios