Blogia
vgomez

NOVA ESPECIE DE VERME ESPAGUETI



Os investigadores do MBARI (Monterey Bay Aquarium Research Institute) atopábanse rastrexando as profundidades do golfo de California cando se toparon cunha especie de pompón alaranxado. Que era esa masa misteriosa?

Tras realizarlle unha proba de ADN e unha análise detallada, os investigadores concluíron que se atopaban diante unha nova especie de verme espagueti Biremis, con corpo de cor laranxa brillante e unha gran cantidade de tentáculos pexego.

Biremis é un tipo raro de verme espagueti que só se coñecía nas Bahamas. O seu nome procede do latín bi remis (dous remos) e fai referencia a que empregan os tentáculos para varrer e recoller o seu alimento. Esta criatura non ten ollos, nin branquias. Os seus tentáculos están inflados, o que lle fai parecer un pompón.

O verme espagueti é un tipo de verme poliqueto pertencente á familia Terebellidae. Ata o momento describíronse unhas 400 especies diferentes de terebélidos, que se atopan por todo o mundo. É relativamente común e caracterízase por posuír unha boa cantidade de tentáculos acanalados que lle serve para alimentarse. Do mesmo xeito que sucede con outros terebélidos, Biremis vive no fondo oceánico, pero mentres a maioría permanece dentro dun tubo ou nun tobo, esta especie observouse descansando no fondo mariño ou nadando xusto por encima del. A natación permítelle ao verme desprazarse con facilidade e atopar novos sitios para alimentarse.

Os investigadores cren que nas misteriosas augas profundas do océano existen máis criaturas peculiares esperando ser descubertas.

FONTE: Mar Aguilar/muyinteresante.es/naturaleza

0 comentarios